Achero Mañas é un director e actor, nado en Madrid o 5 de setembro de 1966.
Biografía Achero Mañas creceu no barrio obreiro de Carabanchel, fillo do escritor Alfredo Mañas e a actriz Paloma Lorena. Pasou a súa infancia entre as obras dos seus pais e as cuadrillas do barrio.
Estudou no Actor's Studio de Nova York grazas a unha bolsa obtida pola súa nai. Durante varios anos fixo varios papeis secundarios no cine e televisión, e algún protagonista como en Belmonte, interpretando a Juan Belmonte de mozo, ou La ley de la frontera.
Tralo nacemento da súa filla Laura decide envorcarse nos guións e a dirección. Tras dirixir tres exitosas curtametraxes, coas que gañou un Goya (Cazadores), consegue que unha produtora financie e acepte as súas condicións para dirixir a súa primeira longametraxe, El Bola, que logra un grande éxito de público e crítica e gaña máis de 20 premios en diversos certames, entre eles 4 Premios Goya.
Achero seguiu dirixindo longametraxes e documentais desde aquela, como a película Noviembre (2003). Filmografía como Actor Televisión Tarde de Teatro (1986) Una hija más (1991) Un día volveré (1993) Colegio Mayor (1994) Carmen y familia (1996)
Cine Las aventuras de Enrique y Ana (1981) La guerra de los locos (1987) La puñalada (1990) 1492: Conquest of Paradise (1992) Disparando a Elizabeth (1992) ¡Dispara! (1993) La leyenda de la doncella (1994) Expo-X (1994) Historias de la puta mili (1994) Así en el cielo como en la tierra (1995) Noctámbulos (1995) El rey del río (1995) Belmonte (1995) La ley de la frontera (1995)
Filmografía como director Longametraxes El Bola (2000) Noviembre (2003)
Documentales Blackwhite (2004)
Curtametraxes Metro (1994) Cazadores (1997) Paraísos artificiales (1998)
Véxase tamén Ligazóns externas Filmografía y críticas en FilmAffinity. IMDb
Mannas Mannas Categoría:Nados en Madrid