O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

Acontecementos 534: En Roma, o emperador Xustiniano promulga a revisión do Codex Justinianus. 1117 - Afonso VII é recibido como rei en Toledo a instancias do seu aio o conde Pedro Froilaz. 1384 - Jadwiga de Polonia é coroada Rei (sic) de Polonia. 1909 - John Ambrose Fleming inventa a válvula termoiónica (tamén chamada tubo de baleiro). 1913 - Inaugúrase a estación telegráfica de Cabo Fisterra, no monte Facho. 1919 - Concédese a Jose Alix Martínez (Zaragoza), a primeira patente polo invento dunha "ola para toda clase de guisos que se denominará ola exprés". 1938 - Fin da batalla do Ebro, na que morren 30 000 persoas e 20 000 son apresadas. O resultado, desfavorable para a República, marcará decisivamente o final da guerra civil española. 1945 - Fúndase en Londres a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO. 1963 - Presentación oficial do I Plan de Desarrollo na España franquista. 2002 - Prodúcese o primeiro gromo da Síndrome respiratoria aguda grave (SARS) en Guangdong, China.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Faustino Santalices. miniatura|100px|dereita|José Saramago. 1836 - Kalākaua, último rei do Reino das Hawai (m. 1891). 1845 - Leopoldo Meruéndano Arias, teólogo, avogado e político galego (m. 1920). 1876 - Manuel García Barros, Ken Keirades, mestre e escritor en lingua galega (m. 1972). 1877 - Faustino Santalices, en Bande (Ourense), zanfonista, gaiteiro e investigador musical. 1889 - Luís Porteiro Garea, avogado e político galego (m. 1918). 1895 - Paul Hindemith, compositor, violista e director de orquestra alemán (m. 1963). 1897 - Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira galega. 1901 - Ernest Nagel, filósofo checo (m. 1985). 1916 - Francisco Río Barja, xeógrafo galego. 1919 - Anatoli Dobrynin, político soviético (m. 2010) 1922 - José Saramago, autor portugués gañador do Premio Nobel de Literatura, en 1998. 1928 - Antón Santamarina Delgado, escritor e político galego. 1936 - Francisco Cacharro Pardo, exsenador e expresidente da Deputación de Lugo. 1952 - Shigeru Miyamoto, deseñador de videoxogos. 1954 - Thomas Schütte, escultor alemán. 1968 - Román Rodríguez González, xeógrafo e político galego.

Mortes miniatura|100px|dereita|Clark Gable. 1796 - Frederico Guillerme II, rei de Prusia (n. 1744). 1885 - Louis Riel, líder da tribo rebelde dos métis no Canadá, executado por alta traizón. 1925 - Carolina Michaëlis de Vasconcelos, lingüista alemá, especializada en filoloxía galaico - portuguesa (n. 1851). 1960 - Clark Gable, actor estadounidense (n. 1901). 1973 - Lorenzo Fernández, futbolista galego, campión olímpico co Uruguai (n.1900). 1989 - Ignacio Ellacuría, filósofo e teólogo vasco nacionalizado salvadoreño (n. 1930). 2005 - Henry Taube, químico canadense (n. 1915).

Festas e celebracións Día Internacional para a Tolerancia . Día Internacional do Patrimonio Mundial . Día Internacional do Flamenco

Outros Santoral: Santa Xertrude.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro