Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz Seoane, Tito Asorey e Nate Borrajo. Historia da compañía Aínda que comezou a facer traballos como grupo un par de anos antes, en 1980 constitúese como asociación teatral de carácter independente, e a partir de 1990 como empresa profesional. É a compañía privada que acadou máis premios María Casares da historia, e os seus espectáculos representáronse ademais de en Galicia, en España e outros países.
Como grupo de creación colectiva, ten tamén publicados os textos correspondentes a Tics, Os soños de Caín, a adaptación do Romance de Micomicón e Adhelala e A gata con botas, ademais do libro Sarabela Teatro 25 anos. A compañía tamén realiza actividade docente, traballos de animación á lectura, e participa da organización da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), da MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).
Montaxes
AnoObraAutoríaDirecciónComentarios2023Made in GalizaSechu SendeFina CallejaEstreada en Ourense2021Morgana en Esmelle Begoña CaamañoÁnxeles CuñaEstreada en Ourense2020A lingua das bolboretas Manuel RivasVersión de Fernando Dacosta.Gonçalo GuerreiroEstreada en OurensePremio María Casares ó mellor espectáculo2020Proxecto Noé Fina CallejaFina CallejaEstreada en Ourense2019Crónicas do paraíso Fernando DacostaA partir da obra As crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro.Gonçalo GuerreiroEstreada en Ourense2018Celebración. A gran noite Fernando DacostaA partir da obra Noce de Jean-Luc Lagarce.Daniel SalgadoEstreada en Ourense2017O rei morre Eugène IonescoAna VallésEstreada en Ourense2016O secuestro da bibliotecaria Fina CallejaBaseada no conto de Margaret Mahy.Fina CallejaEstreada en Barbadás2016Normas para saber vivir na sociedade actualJean-Luc LagarceÁnxeles CuñaEstreada en Ourense2015Ensaio sobre a cegueiraJosé SaramagoÁnxeles CuñaEstreada en Ourense Premio María Casares á mellor maquillaxe2014Pequena certezasBárbara ColioÁnxeles CuñaEstreada en Ourense2014O último dragónFina CallejaFina CallejaEstreada e Celanova2013A idade da pavíaArístides Vargas (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada en Ourense2012A voarDavid Almond (adaptación)Fina CallejaEstreada no Carballiño2012Viaxe a ningunha parteFernando Fernán Gómez (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada en Ourense2011TangoSlawomir MrózekÁnxeles CuñaEstreada en Ourense2010O incerto señor Don HamletÁlvaro CunqueiroÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares á mellor iluminación.2010KonradCristine Nösterling (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada no Barco. 2009A esmorgaEduardo Blanco AmorÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ó mellor espectáculoPremio María Casares ó mellor actor secundarioPremio María Casares á mellor iluminaciónPremio María Casares á mellor escenografía María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido.2008CósimaCris BaldwinÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.2008Dáme veleno, eu tamén soñarÁnxeles CuñaÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.2007Margar no pazo do tempoÁnxeles CuñaÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.2007Cristovo e o libro das marabillasFina CallejaFina CallejaEstreada en Narón.2006MacbethWilliam ShakespeareHelena PimentaEstreada en Ourense.Premio María Casares á mellor maquillaxe2005O heroeManuel RivasÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ao mellor vestiarioPremio María Casares á mellor escenografía2004A gata con botasCharles Perrault (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada en San Sadurniño.2004CariciasSergi BelbelÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.2003Así que pasen cinco anosFederico García LorcaÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ó mellor espectáculo Premio María Casares á mellor direcciónPremio María Casares ó mellor actor secundarioPremio María Casares ó mellor vestiarioPremio María Casares á mellor escenografíaPremio María Casares á mellor maquillaxe2002A conxura dos neciosJohn Kennedy TooleÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ó mellor actor secundarioPremio María Casares á mellor maquillaxe2001SexismundaPedro Calderón de la Barca (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada en Ourense.Finalista dos Premios Max ao mellor espectáculo revelación.Premio María Casares á mellor actriz protagonista2001A illa amarelaPaloma PedreroÁnxeles CuñaEstreada no Barco. 2000O lapis do carpinteiroManuel RivasÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ó mellor espectáculo Premio María Casares á mellor direcciónPremio María Casares ó mellor actor protagonistaPremio María Casares ó mellor vestiarioPremio María Casares á mellor escenografíaPremio María Casares á mellor maquillaxePremio María Casares á mellor iluminaciónMaría Casares ó mellor texto adaptado ou traducido1999Os soños de CaínÁnxeles Cuña, Carlos Couceiro,Begoña Muñoz e Fernando DacostaÁnxeles CuñaEstreada en Ourense. 1999Romance de Micomicón e AdelhalaEduardo Blanco Amor (adaptación)Ánxeles CuñaEstreada en Culleredo.Premio Celestina de la Crítica (Madrid).1998TicsÁnxeles Cuña, Carlos Couceiro,Begoña Muñoz e Fernando DacostaÁnxeles CuñaEstreada no Barco.Premio María Casares ó mellor actor protagonistaPremio María Casares ó mellor vestiarioPremio María Casares á mellor maquillaxePremio María Casares á mellor iluminación1997AfecciónÁnxeles Cuña, Carlos Couceiro,Begoña Muñoz e Fernando DacostaÁnxeles CuñaEstreada en Ourense. 1996A esmorgaEduardo Blanco AmorÁnxeles CuñaEstreada en Ourense.Premio María Casares ó mellor actor secundario1994Cama (2 X 2 para 2)Sergi BelbelÁnxeles CuñaEstreada en Ourense. 3 premios Compostela.1993Xacobe e o seu amoMilan KunderaÁnxeles CuñaEstreada en Ribadavia. Un premio Compostela.1992As sillasEugène IonescoÁnxeles CuñaEstreada en Sargadelos. Un premio Compostela.1990Madame de SadeYukio MishimaÁnxeles CuñaEstreada en Santiago de Compostela.Un premio Compostela.1989SupertotJosep Maria Benet i JornetÁnxeles Cuña1988Xacobe, ou a submisiónEugène IonescoÁnxeles Cuña1987O sangue do tempoÁngel García PintadoÁnxeles Cuña1986A contrasicanálise ou malia todo quérote papáHelena CastroÁnxeles Cuña1985O tricicloFernando ArrabalÁnxeles Cuña1984Hoxe de hoxe, de mil novecentos hoxeAntonio RoblesÁnxeles Cuña1983A Tuta e a RamonaLlorenç VillalongaÁnxeles Cuña1983Os faladoresMiguel de CervantesÁnxeles Cuña1982Barriga verdeManuel MaríaÁnxeles Cuña1982Poema nuclearCelso Emilio Ferreiro (adaptación)Ánxeles Cuña1982O relevoGabriel CelayaÁnxeles Cuña1981Noite de hóspedesPeter WeissÁnxeles Cuña1980Fando e LisFernando Arrabal Ánxeles Cuña1979XaulasCreación colectivaÁnxeles Cuña1979Mimocreación colectivaÁnxeles Cuña
Premios e recoñecementos Premios María Casares Sarabela leva colleitado 36 premios María Casares. 4 premios María Casares ó mellor espectáculo: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, Así que pasen cinco anos e A esmorga (2010) 2 premios María Casares á mellor dirección: O lapis do carpinteiro e Así que pasen cinco anos 3 premios María Casares ó mellor actor protagonista: Tics, O lapis do carpinteiro e A conxura dos necios, 1 premio María Casares á mellor actriz protagonista: Sexismunda, 4 premios María Casares ó mellor actor secundario: A esmorga (1996), Sexismunda, Así que pasen cinco anos, A esmorga (2010) 4 premios María Casares á mellor iluminación: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A esmorga (2010), O incerto Señor Don Hamlet 5 premios María Casares á mellor escenografía: Tics, O lapis do carpinteiro, Así que pasen cinco anos, O heroe, A esmorga (2010) 8 premios María Casares á mellor maquillaxe: Tics, O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A conxura dos necios, Así que pasen cinco anos, Macbeth, Dáme veleno, eu tamén soñar, Ensaio sobre a cegueira 4 premios María Casares ó mellor vestiario: Tics, O lapis do carpinteiro, Así que pasen cinco anos, O heroe 3 premios María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido: O lapis do carpinteiro, Sexismunda, A esmorga (2010)
Ademais, foi nomeada a distintas categorías destes premios noutras 42 ocasións (ata 2010). As obras máis nomeadas foron A conxura dos necios (11, das que obtivo 2), a montaxe d'A esmorga de 2009 (11, das que obtivo 5), Así que pasen cinco anos (10, das que obtivo 6), O heroe (10, dos que obtivo 2) e O lapis do carpinteiro (10, dos que obtivo 8).
Premios Compostela Sarabela colleitou seis premios Compostela, galardóns máximos do teatro galego, e que cando desapareceron foron substituídos polos María Casares. Tradución e adaptación: As sillas e Xacobe e o seu amo Actor: Madame de Sade Actor secundario: Cama (2x2 para 2). Actriz secundaria: Cama (2x2 para 2). Vestiario: Cama (2x2 para 2). Foi ademais nomeada aos premios Compostela en seis ocasións máis, entre elas Cama (2x2 para 2) ao mellor espectáculo.
Outros galardóns Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia por toda a súa traxectoria. A obra Tics obtivo cinco premios FETEN: texto, vestiario, actor protagonista, dirección e espectáculo. O Romance de Micomicón e Adhelala, obtivo o Premio Celestina da Crítica ao mellor espectáculo infantil. O lapis do carpinteiro conseguiu o premio do espectador do Festival de Teatro de Carballo, en 2001. Finalista ao mellor espectáculo revelación por Sexismunda, nos Premios Max de 2002. Premio Cultura Galega das Artes Escénicas 2016
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web da compañía
Categoría:Compañías de teatro de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Premios da Cultura Galega