A fala dos mariñeiros de Cromarty é un pequeno dialecto en vías de extinción do scots dórico.

Distribución En Cromarty, unha viliña de pouco máis de 700 habitantes, coexisten no mesmo espazo os tres dialectos dóricos (os outros dous son a fala dos labregos de Cromarty e a fala dos vilegos de Cromarty), o inglés e, ademais, ao ser Cromarty unha vila da área municipal da Terra Alta, co gaélico escocés a un nivel teórico e escolar.

A fala dos mariñeiros de Cromarty é coñecida unicamente por dous usuarios, os irmáns octoxenarios Robert Hogg e Gordon Hogghttp://www.guardian.co.uk/g2/story/0,,2021293,00.html Anyone here speak Cromarty fisher? The Guardian. Fálana entre si e tamén con xente que non domina esta fala, pero que poden chegar a entendela.

Historia A fala dos mariñeiros naceu como especialización, fundamentalmente léxica, do dialecto dórico dentro da comunidade da vila dedicada á pesca. A razón de por que nesta pequena vila situada ao norte de Inverness se ten acadado un elevado grao de especialización lingüística hai que buscala no illamento: Cromarty está completamente illada por terra de calquera outro falante de dórico, que chegaron aquí por mar.

A fala dos mariñeiros comezou a decaer co devecer da industria do peixe da vila.

Características Algunhas particularidades dos dialectos de CromartyBrothers put in a geed wyord to save an ancient Scottish dialect from extinction. The Scotsman. 21 de febreiro de 2007.: Cando unha consoante oclusiva velar precede un /u:/, a vogal central muda a /i:/. Exemplos: geed (esc. gud, g. bo), skeel (esc. school, g. escola) Cando unha vogal tónica /o:/ é seguida de /r/, ditonga. Exemplos: fyoord (esc. ford, g. achado), myoor (esc. moor, g. nevarada). O ditongo inicial /wi/ muda a /wu/. Exemplos: wusker (esc. whisker, g. brisa), wutch (esc. witch, g. meiga) O grupo consonántico inicial /kn/ muda a /kr/. Exemplos: kree (esc. knee, g. xeonllo), krife (esc. knife, g. coitelo) Variabilidade nas aspiracións iniciais. Exemplos: oos (esc. hoose, g. casa), hile-oos (esc. ail-hoose, gl. cervexaría).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cántiga popular na fala dos mariñeiros de Cromarty

Categoría:Lingua scots