Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020, foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.

Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000). Connery retirouse da actuación no ano 2006. Entre os seus galardóns cóntanse un Óscar ó mellor actor secundario, dous premios BAFTA e tres Globos de Ouro (entre eles un premio Cecil B. DeMille e un premio Henrietta). Nos Estados Unidos, recibiu o premio á traxectoria Kennedy Center Honor en 1999. Connery foi nomeado cabaleiro no 2000 polos seus servizos ao cinema dramático.

Connery foi considerado por unha enquisa de 2004 de The Sunday Herald como "O máis grande escocés vivo", e en 2011, unha enquisa de Euromillóns considerouno o "O maior tesouro nacional vivo de Escocia". Foi escollido pola revista People como o "home vivo máis sexy" en 1989 e o "home máis sexy do século" en 1999.

Traxectoria Nacemento e mocidade miniatura|Placa de Sean Connery preto do sitio do seu nacemento de Fountainbridge, en Edimburgo. Thomas Sean Connery, chamado Thomas polo seu avó, naceu en Edimburgo, no barrio industrial de Fountainbridge, o 25 de agosto de 1930. A súa nai, Euphemia "Effie" McBain McLean, era unha limpadora. Era filla de Neil McLean e Helen Forbes Ross, e foi chamada así pola súa avoa, Euphemia McBain, muller de John McLean e filla de William McBain de Ceres en Fife.'Scottish Roots' Biography of Sean Connery Family Tree posted on GeneanetFamilyrelatives.com Case Study 1 Sean Connery James Bond O pai de Connery, Joseph Connery, era un traballador nunha fábrica e un camioneiro.

Os seus bisavós paternos emigraron a Escocia dende Irlanda a mediados do século XIX. O resto da súa familia era de ascendencia escocesa, e os seus bisavós maternos eran falantes de lingua escocesa orixinarios de Fife (infrecuente para os falantes desa lingua), e Uig, en Skye. O seu pai era católico e a súa nai era protestante. Tivo un irmán máis novo, Neil. Segundo el mesmo declarou, chámaselle polo seu segundo nome, Sean, desde moito antes de converterse en actor, debido a que tiña un amigo irlandés de nome Séamus e os que os coñecían a ambos decidiron chamalo así cando estaba con el, e quedoulle. Na súa mocidade era xeralmente chamado "Tommy".

O seu primeiro traballo foi como repartidor de leite na Sociedade Cooperativa de St. Cuthbert. Posteriormente, alistouse na Mariña pero por breve tempo, pois como consecuencia dunhas úlceras axiña regresou á vida civil. Retornou brevemente á Cooperativa e pasou despois por varios empregos diferentes, entre eles condutor de camión, peón de granxa, modelo artístico no "Edinburgh College of Art" e salvavidas.

Baixo o nome de Thom Connery, acadou o terceiro posto na categoría de homes altos da edición de 1953 do concursos de Mr. Universo. Outro competidor, Johnny Isaacs, suxeriulle que se presentase para a produción musical de Ó sur do pacífico, o que lle permitiría traballar na escena, televisión e, eventualmente, no cine. Como levantador de pesos, o seu alias era "Big Tam".

Desde a súa mocidade foi simpatizante do SNP, o Partido Nacional Escocés, manifestándose en reiteradas ocasións partidario da independencia política de Escocia.

Cinema A súa oportunidade chegaría en 1962, cando se buscaba a quen puidese interpretar a un axente do servizo secreto inglés baseado nas novelas de Ian Fleming, James Bond. Debido ás súas calidades, Connery foi o elixido como James Bond, axente 007 para a película o Dr. No onde actuou xunto a outra actriz emerxente, Ursula Andress.

Despois participou en varias películas da mesma saga entre 1962 e 1983, cando xa cansado do personaxe e decidido a non encasillarse para sempre no rol de James Bond, cedeu o seu lugar a George Lazenby, quen só durou no papel unha película, dando lugar a Connery para que protagonizase Diamantes para a eternidade.

Logo desta película cedeu o lugar ao actor emerxente, Roger Moore. Aínda que o estigma de Bond seguiu ao longo do tempo a Connery, traballou arduamente para desencasillarse e interpretou variados papeis completamente diferentes con grande éxito, podendo xa a mediados dos noventa ser recoñecido como un actor moi versátil e distinto ao personaxe que lle deu fama.

O goberno británico concedeu a Connery o título nobiliario de Sir e todos os seus privilexios debido á consideración de que o personaxe que o interpretou capturou a esencia inglesa e proxectouna cara ó mundo.

En 2005 prestou a súa voz para ser James Bond no videoxogo desenvolvido por Electronic Arts, Desde Rusia con amor, baseado na película Bond que o protagonizou hai máis de catro décadas. En 2006 anunciou formalmente que se retira da actuación.

Sir Sean Connery foi nomeado cabaleiro pola a Raíña Isabel II do Reino Unido en xullo de 2000.

Saúde En 1993 chegaban noticias de que Connery era sometido a tratamento por radiación para unha doenza de gorxa sen revelar. Reportaxes xornalísticas espertaban sospeitas que o actor sufría de cancro, e falsamente foi declarado morto por axencias de noticias xaponesas e surafricanas. Connery inmediatamente apareceu no Show de David Letterman negando estas versións. Nunha entrevista de febreiro de 1995 co Entertainment Weekly, el especificou que o tratamento por radiación fora para quitar "nódulos" das súas cordas vocais. En 2003 opérase de cataratas en ambos os dous ollos. O 12 de marzo de 2006, sofre unha extirpación dun tumor benigno de ril nese mes.

Morte Connery morreu mentres durmía o 31 de outubro de 2020, con 90 anos, no seu fogar en Nassau nas Bahamas. A súa morte foi anunciada pola súa familia e Eon Productions ese mesmo día. O seu fillo declarou que "levaba tempo sen sentirse ben".

Filmografía Cinema miniatura|upright|1964 miniatura|upright|1988 Ano Título Papel Notas 1954 Lilacs in the Spring Descoñecido Sen acreditar 1957 No Road Back Spike Hell Drivers Johnny Kates Action of the Tiger Mike Time Lock 2nd Welder 1958 Another Time, Another Place Mark Trevor 1959 Darby O'Gill and the Little People Michael McBride Tarzan's Greatest Adventure O'Bannion 1961 On the Fiddle Pedlar Pascoe The Frightened City Paddy Damion 1962 The Longest Day Pte. Flanagan 007 contra o doutor No James Bond 1963 Desde Rusia con amor 1964 James Bond contra Goldfinger Marnie Mark Rutland Woman of Straw Anthony Richmond 1965 The Hill Joe Roberts Thunderball James Bond 1966 Un monde nouveau El mesmo Cameo A Fine Madness Samson Shillitoe 1967 Só se vive dúas veces James Bond The Bowler and the Bunnet El mesmo Documental; tamén director 1968 Shalako Shalako 1969 The Red Tent Roald Amundsen 1970 The Molly Maguires Jack Kehoe 1971 The Anderson Tapes Duke Anderson Diamantes para a eternidade James Bond 1972 España campo de golf El mesmo Curtametraxe A ofensa Detective Sarxento Johnson 1974 Zardoz Zed Asasinato no Orient Express Coronel Arbuthnot Ransom Nils Tahlvik 1975 The Dream Factory El mesmo Documental The Wind and the Lion Mulai Ahmed er Raisuni O home que puido reinar Daniel Dravot 1976 Robin and Marian Robin Hood The Next Man Khalil Abdul-Muhsen 1977 A Bridge Too Far Xeneral Roy Urquhart 1979 The First Great Train Robbery Edward Pierce Meteor Dr Paul Bradley Cuba Robert Dapes 1981 Atmosfera cero Marshal William T. O'Niel Os heroes do tempo Agamenón 1982 G'olé! Narrador Documental Five Days One Summer Douglas Meredith Wrong Is Right Patrick Hale 1983 Sean Connery's Edinburgh El mesmo Curtametraxe documental 007: Nunca digas endexamais James Bond 1984 Sword of the Valiant Cabaleiro Verde 1986 Highlander Juan Sánchez Villa-Lobos Ramírez O nome da rosa William of Baskerville 1987 Os intocables de Eliot Ness Jim Malone 1988 The Presidio Tenente Coronel Alan Caldwell Memories of Me El mesmo Cameo sen acreditar 1989 Indiana Jones e a última cruzada Henry Jones, Sr. Family Business Jessie McMullen 1990 The Hunt for Red October Capitán Marko Ramius The Russia House Barley Blair 1991 Os inmortais II Juan Sánchez Villa-Lobos Ramírez Robin Hood, príncipe dos ladróns Ricardo I de Inglaterra Cameo sen acreditar 1992 Medicine Man Dr. Robert Campbell 1993 Rising Sun Capitán John Connor Tamén produtor executivo 1994 A Good Man in Africa Dr. Alex Murray 1995 Just Cause Paul Armstrong Tamén produtor executivo First Knight Rei Artur 1996 Dragonheart Draco Voz The Rock John Patrick Mason Tamén produtor executivo 1998 The Avengers Sir August de Wynter Playing by Heart Paul 1999 Entrapment Robert MacDougal Tamén produtor 2000 Finding Forrester William Forrester Tamén produtor 2003 The League of Extraordinary Gentlemen Allan Quatermain Tamén produtor executivo 2012 Sir Billi Sir Billi VozTamén produtor executivo Ever to ExcelNarradorDocumental Derradeiro filme

Televisión Ano Título Papel Notas1956 Dixon of Dock Green Joe Brasted Episodio: Ladies of the Manor The Condemned Performer TelefilmeSailor of Fortune Achmed Episodio: The Crescent and the Star 1957 The Jack Benny Program Porter Episodio: Jack Hires Opera Singer in RomeBlood Money Harlan McClintok TelefilmeBBC Sunday Night Theatre Mountain McClintok Episodio: Requiem for a HeavyweightITV Television Playhouse Mat Burke Episodio: Anna Christie 1958 Women in Love Johnnie TelefilmeArmchair Theatre Performer Episodio: The Boy with Meat Axe1959 The Magical World of Disney Michael MacBride Episodio: I Captured the King of the Leprechauns 1959-60 ITV Play of the Week Varios papeis 4 episodios1960 BBC Sunday Night Theatre Julien Episodio: Colembe An Age of Kings Harry Percy 5 episodiosWithout the Grail Innes Corrie TelefilmeMacbeth Macbeth Telefilme1961 Adventure Story Alexander TelefilmeAnna Karenina Alexis Vronsky Telefilme1969 Male of the Species MacNeil TelefilmeBBC Sunday Night Theatre MacNeil MacNeil 2003 Freedom: A History of US John Muir Episodio: Yearning to Breathe Free

Teatro Ano Título Papel Notas1998 Art Produtor Royale Theatre, Broadway

Videoxogos Ano Título Papel Notas 2005 James Bond 007: From Russia with Love James Bond Aparencia e voz de James Bond

Galardóns e nomeamentos Ano Premio Categoría Proxecto Resultado Referencia1987 Premios Óscar Óscar ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness Gañador 1987 Premios BAFTA BAFTA ó mellor actor O nome da rosa Gañador BAFTA ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness 1989 Indiana Jones e a última cruzada 1990 BAFTA ó mellor actor The Hunt for Red October 1998 BAFTA Fellowship Gañador 1965 Globos de Ouro World Film Favorite (masculino) - Premio Henrietta 1968 1971 Gañador 1987 Globo de Ouro ó mellor actor secundario Os intocables de Eliot Ness Gañador 1989 Indiana Jones e a última cruzada 1995 Premio Cecil B. DeMille Gañador

Honras 1987: "Commandeur" das Artes e das Letras. Francia. 1995: Globo de Ouro: premio Cecil B. DeMille, a toda a súa carreira. 1997: homenaxe do "Lincoln Center" (EUA). 1998: Academia Británica. Premio "Felowship" (compañeiro). 1999: premio "Centro Kennedy" á súa carreira pola súa contribución á arte e a cultura. Presentado polo Presidente Clinton. 2000: nomeado (Sir) pola raíña Isabel de Inglaterra. 2001: Festival de cine de Palm Springs (USA): premio a toda a súa carreira. 2005: Premio do Cinema Europeo a toda a súa carreira. 2006: Premio AFI a toda a súa carreira

Notas

Véxase tamén

Bibliografía