Xosé Manuel Outeiriño Gallego, nado en Ourense o 10 de outubro de 1962, é un poeta e ensaísta galego.

Traxectoria Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Pertence ao consello de redacción da revista A Trabe de Ouro, onde ten publicado máis de corenta artigos e traducións.

Obra Poesía Depósito de espantos. Positivas, 1994. Letras vencidas. Noitarenga, 1999. É. Galaxia, 2005. Do amado amodo. Galaxia, 2018. Ensaio Edición póstuma de Las Tinieblas de Occidente: Ensayo de una valoración de la civilización europea de Vicente Risco, Sotelo Blanco, 1990.

Tradución Ao galego Unha viaxe sentimental por Francia e Italia, de Laurence Sterne, Sotelo Blanco , 1993. Os papeis de Aspern, de Henry James, Sotelo Blanco, 1995. Corazón da escuridade de Joseph Conrad, Positivas, 1997. A cura en Troia, de Seamus Heaney, Xerais, 1998. Signos e outros poemas, de Derek Walcott, A Trabe de Ouro, 1999. A galaxia Gutenberg. A creación do home tipográfico, de Marshall McLuhan, USC, 2011. Globalización e imperialismo cultural, Galaxia, 2011. Semiótica. Textos selectos, de Charles S. Peirce, Universidade de Santiago, 2015. As mulleres e os días, de Gabriel Ferrater, Chan da Pólvora, 2022.

Ao castelán Con pólvora y magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, Hiperión, 1994. Poesía fundamental: 1976-2005, de Xosé Luís Méndez Ferrín, Calambur, 2011. Con Eloísa Otero. Contra Maquilero, de Xosé Luís Méndez Ferrín, La Habana, Artes y Letras. Con Eloísa Otero.

Obras colectivas 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina autor Galaxia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1962 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes