O castro de Santa Trega<ref>Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.] DOG.</ref>: «Ni Tecla ni Tegra: Trega» La Voz de Galicia, 6/12/2011. é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931Polo Decreto de 3 de xuño de 1931. e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.
No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.
Situación Sitúase no monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, no extremo máis suroeste de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar privilexiado dende o que domina a desembocadura do Miño. O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico destacado desde moito antes do levantamento do castro.
Escavacións arqueolóxicas Aínda que é de supoñer que as xentes da Guarda debían ter coñecemento da existencia de restos de antigas edificacións no monte desde hai moito tempo, é de subliñar que, cando no ano 1745 o Pai Sarmiento visita A Guarda, non fai mención delas, mais, polo contrario, faino do monte, a súa ermida e a romaría.
Primeiras descubertas e referencias miniatura|300px|O océano Atlántico desde o monte de Santa Trega. A primeira descuberta da que se ten constancia foi, no ano 1862, a dunha escultura de Hércules feita en bronce que foi atopada por uns canteiros que traballaban preto da ermida. Esta escultura foi roubada do museo na década de 1970.
Na segunda metade do século XIX as ruínas comezaron a ser valoradas na súa xusta medida. Constátanse as primeiras referencias escritas das ruínas nos apuntamentos arqueolóxicos de Ramón López García no ano 1864Como relata o seu fillo Julián López García na súa obra "La Citania de Sta. Tecla o Una Ciudad prehistórica desenterrada" do ano 1927 (Imp. Casa Táboas)., e na testemuña de Manuel Murguía na súa obra "Historia de Galicia" no ano 1888, que deduce das ruínas un emparentamento dos seus habitantes coa raza celta da familia dos galos.
Xa no século XX créase na Guarda, no ano 1912, a Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla que un ano máis tarde promoveu a realización de obras de acondicionamento dos arredores da ermida e o trazado dunha estrada de acceso ao cumio. As obras desta estrada puxeron ao descuberto, no lugar coñecido como Campo Redondo, muros de edificacións e cimentos de lenzos da muralla exterior do castro.
Ante estas descubertas a sociedade solicitou unha autorización oficial para iniciar escavacións sistemáticas no lugar, autorización que foi concedida o 26 de febreiro de 1914Comunicada o 22 de marzo polo Marqués de Cerralbo no nome da Xunta Superior de Escavacións do Ministerio de Instrución Pública., e na que se nomeou arqueólogo xefe a Ignacio Calvo y Sánchez, do Museo Arqueolóxico Nacional.
A partir deste momento o sitio comezou a aparecer nos medios de comunicación. No mesmo 1914 o cóengo Domínguez Fontela, sen ningún tipo de argumentación, atribuíu os restos á "civilización ibérico-romana" e identificounos coa histórica "Abóbrica" mencionada por Plinio o Vello (teoría aínda seguida na actualidade por algúns autores).
Primeiras escavacións (1914-1923) Desde o ano 1914 ata o ano 1923 o director dos traballos arqueolóxicos foi Ignacio Calvo, que foi dando a coñecer o resultado dos traballos en varios artigos. A Sociedade Pro-Monte tamén participa nos traballos da zona coñecida como a Fonte Nova. Calvo atribuíu ao poboado unha ocupación desde os inicios da Idade de Bronce ata a época romana. Foi o primeiro autor en denominalo "citania" (seguindo o exemplo da arqueoloxía portuguesa) e en falar da posibilidade de identificalo co mítico Monte Medulio, onde os escritores clásicosFloro e Paulo Orosio. situaron a tamén mítica derradeira e heroica resistencia dos galaicos.
Campañas de Mergelina (1928-1933) miniatura|300px|Castro de Santa Trega. Entre os anos 1928 e 1933, o catedrático da Universidade de Valladolid, Cayetano de Mergelina Luna dirixiu, utilizando os máis avanzados métodos da época, unha serie de campañas arqueolóxicas centradas, principalmente, na ladeira oriental poñendo ao descuberto gran cantidade de vivendas e outros edificios.
No ano 1945 publicou o resultado dos seus traballos nun estudo titulado "La citania de Santa Tecla. La Guardia (Pontevedra)"Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, XXXVII-XXXIX. Universidade de Valladolid, 1944-1945, páxs.13-56.. Seguindo as maioritarias "teorías invasionistas" do momento datou o poboado cunha ocupación desde o século VI a. C. ata o século III d. C., cunha nova ocupación no século V, e atribuíulle aos seus habitantes unha natureza "post-hallstáttica" de orixe celta.
Período de abandono (1933-1979) Pese a ter sido declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931, o sitio sufriu neses anos a ampliación do trazado da estrada de subida e unha agresiva reforestación do monte o que deterioraron gravemente.
Desde o ano 1933, data da última campaña de Mergelina, os restos postos ao descuberto sufriron as consecuencias do seu abandono enchéndose de vexetación. Este período de abandono durou ata o ano 1979.
Durante estes anos houbo poucas e breves intervencións, como a de Manuel Fernández Rodríguez nos arredores do edificio coñecido como Casa Forestal ou as reconstrucións feitas nos anos 1965 e 1972 en dúas vivendas a ambos lados da estrada, reconstrucións que desde o punto de vista científico presentan serios problemas de fidelidade pero que se converteron en pouco tempo nunha icona da cultura castrexa.
Esta etapa de abandono rematou no ano 1979, cando Alfredo García Alén dirixiu traballos de limpeza e consolidación das estruturas máis próximas á estrada, traballos estes promovidos polo Ministerio de Cultura.
Campañas de 1983 a 1988 miniatura|300px|Cumio do monte, coñecido como Pico de San Francisco, coa ermida e o repetidor.
No ano 1983, coa colaboración económica da Xunta de Galicia e o concello da Guarda, o arqueólogo Antonio de la Peña Santos dirixiu un equipo do Museo de Pontevedra iniciando un novo período de escavacións sistemáticas. Esta etapa centrouse na esquina setentrional do poboado.
As estruturas descubertas nestas campañas e nas anteriores foron consolidadas neses mesmos anos por un equipo dirixido por Montserrat García Lastra Merino.
Desde o ano 1988 non se realizaron máis traballos arqueolóxicos.
Na actualidade Xa no ano 1996, a Consellería de Cultura e Deporte anunciara na prensa que emprenderían accións para o aproveitamento sociocultural deste sitio. En xullo de 2006 a Consellería anunciou un plan director para o sitio arqueolóxico de Santa Trega, que incluirá a protección de todo o monte, novos traballos arqueolóxicos etc.
A visita ao monte non é gratuíta. Porén as escavacións carecen de vixilancia e a cantidade de visitantes sen guía fai que as estruturas sufran importantes deterioraciónsNoticia do Faro de Vigo de 26/08/2007 sobre estragos no castro..
Poboadores do castro Seguindo aos autores clásicos como Plinio o Vello, Pomponio Mela, Appiano, Tolomeo, etc, o extremo suroeste da actual Galicia estaría poboado pola comunidade dos Grovii ou Grovios, cuxa cidade máis importante sería o Castellum Tyde o Tude, a actual Tui. Seguindo a teoría de Antonio de la Peña Santos:
Interpretando os achados arqueolóxicos trataríase dun pobo cunha estrutura igualitaria (construcións de tamaños semellantes), cun carácter pacífico pouco belicoso (sistemas defensivos máis simbólicos que efectivos) e cunha economía agraria (proximidade ás terras fértiles, aproximadamente a 1 ou 2 km de distancia) pero cunha certa capacidade adquisitiva e comercial (abondosos produtos foráneos).
Co tempo e produto das reformas dos emperadores da dinastía Flavia e a progresiva implantación do sistema romano de explotación, os habitantes do poboado comezaron un lento abandono para asentarse nas novas villae e vici, situadas nos vales e máis próximas ás terras de maior valor produtivo.
Economía da comunidade A importancia dos cereais na economía da comunidade queda patente nos numerosos muíños manuais de pedra atopados diseminados por toda a zona escavada, a maioría deles tardíos muíños circulares, que algúns autores poñen en relación coa influencia romana.
Outros instrumentos atopados como machados, aixolas, podóns e fouces de bronce e ferro falan do labor agrícola.
Destacan as grandes cantidades de cantos de talla monofacialFerramentas líticas talladas por unha soa das súas caras., nódulos discoidais Trátase do núcleo que queda ao tallar unha peza de sílex. moi regulares atopados sobre os pavimentos interiores das estruturas. O seu primitivo deseño (similar aos Choppers, utensilios líticos moi rudimentarios e antigos, do Paleolítico Inferior) e a súa posible utilidade causa estrañeza entre os estudosos.
A recollida de froitos silvestres sería outra fonte de recursos testemuñada principalmente nos restos de landras carbonizadas que se atoparon.
Para o estudo de restos orgánicos son fundamentais os cuncheiros, dos que constataron varios no sitio. Neles atestíguase, ademais da actividade de aproveitamento de recursos mariños, a explotación gandeira das especies de ovicápridos (Ovis aries e Capra hircus), bóvidos (Bos taurus) e galináceas (Gallus gallus). Resalta a ausencia de porco doméstico.
En relación coa pesca atopáronse tres anzois de bronce e dous de ferro, e restos óseos de exemplares das familias Sparidae, Gadidae, Labridae e Morenidae, especies seguramente capturadas desde o mesmo litoral. Dos restos procedentes do marisqueo máis da metade pertencen á lapa común (Patella vulgata), seguida en cantidade polo mexillón (Mytilus galloprovincialis), o caramuxo (Littorina littorea) e o bígaro (Monodonta lineata). Cabe destacar a ausencia de especies propias de zonas de areal.
Entre as actividades artesanais testemuñadas a máis estendida é a téxtil, a xulgar pola gran cantidade atopada de pesas de tear, fusaiolasPequenas fichas líticas ou de cerámica acotío reutilizada cunha perforación no centro e empregadas para o fiado co uso do fuso. e as agullas de bronce con ollo ovalado (todas rectas agás unha). Pola contra son escasos os achados relativos á actividade metalúrxica, só algúns anacos de crisol e algún molde de pedra.
A actividade comercial debeu de ser de grande importancia, tanta que a súa propia situación viría determinada polo seu valor loxístico para a navegación comercial marítima de cabotaxe así como a fluvial (remontando o curso baixo do Miño). Coa chegada dos romanos a comunidade incorporarase ao complexo sistema comercial marítimo e terrestre do Imperio.
O achado de gran cantidade de restos cerámicos de ánforas confirman este comercio. A maior parte destes corresponden a modelos usados para o trasporte de viños, pero outros modelos serían para o aceite (principalmente para servir de combustible das lucernas) e outras mercadorías.