A Organización para a Liberación da Palestina (OLP) (en árabe: منظمة تحرير فلسطينية, Munazzamat al-Tahrir Filastiniyyah) é unha organización política e paramilitar de palestinos dedicada ao establecemento dun estado palestino independente. Yasser Arafat presidiu a organización desde 1969 até a súa morte no 2004, e sucedeuno Mahmoud Abbas (tamén coñecido como Abu Mazen.) En anos recentes, o obxectivo oficial da OLP foi redefinido para consistir apenas da Cisxordania e da Franxa de Gaza, malia que unha parte substancial da organización non obedecer a esta redefinición.

Categoría:Partidos políticos de Palestina Categoría:Palestina Categoría:Movementos de liberación nacional