Unha materia prima ou primeira materia é unha materia utilizada pola industria para crear un produto que o ser humano desexa. Frecuentemente o termo é usado para denotar materiais que veñen da natureza e aínda están nun estado de transformación mínima.

Debido á división do traballo e á crecente especialización das diferentes industrias, frecuentemente os produtos dunhas serven de materia prima a outras, de modo que o habitual é que antes de construír ou fabricar definitivamente un ben de consumo, as materias primas transfórmanse nun primeiro paso en produtos semielaborados ou semiacabados.

Clasificación De orixe vexetal: madeira, celulosa, algodón, liño, gomas vexetais etc. De orixe animal: la, pel, seda, coiros, graxas. De orixe mineral: minerais de: ferro, aluminio, cobre, silicio, níquel, cobalto, vanadio etc. rochas: carbóns, calcarias, granitos, cuarcitas, lousas, arxilas etc. de orixe fósil: petróleo, rochas betuminosas, ámbar etc. Véxase tamén

Categoría:Industria Categoría:Economía