O intestino delgado é a sección do tubo dixestivo que conecta o estómago co intestino groso. Divídese en tres porcións: duodeno, xexuno e íleo.Enfermería médico-quirúrgica: Necesidad de nutrición y eliminación pax 16 en Google libros

Función do intestino delgado O intestino delgado absorbe os nutrientes necesarios para o corpo. Localízase entre dous esfínteres: o píloro, e o ileocecal, que o comunica co intestino groso. Constitúe a maior superficie mucosa do organismo. A súa lonxitude oscila entre 3 e 7 metros, dependendo de numerosas variables como o talle do individuo.J.F. Patiño Retrepo: Metabolismo, nutrición y schok, 4ª edición. Consultado o 7 de maio de 2017 No cadáver, como consecuencia da hipotonía do músculo liso, a súa lonxitude aumenta. miniatura|Esquema do epitelio do intestino delgado. Obsérvanse os enterocitos cilíndricos, estreitamente unidos entre si, formando unha barreira entre o ambiente intestinal e o medio interno. miniatura|esquerda|Esquema da parede do intestino con permeabilidade intestinal aumentada. Os dous factores máis potentes que a provocan son certas bacterias intestinais e a gliadina (principal fracción tóxica do glute), independentemente da predisposición xenética, é dicir, tanto en celíacos como nos non celíacos. Isto permite o paso sen control de substancias ao torrente sanguíneo, co consecuente posible desenvolvemento de enfermidades autoinmunes, inflamatorias, infeccións, alerxias ou cancros, tanto intestinais como noutros órganos.

Posúe no seu interior unha capa de células que forman unha barreira. A súa misión é, ademais de dixerir substancias, actuar defendendo ao organismo do inimigo exterior do ambiente (substancias que inxerimos e microorganismos presentes no intestino). Isto lógrao mantendo pechadas as unións estreitas intercelulares, para impedir o acceso descontrolado de substancias químicas, toxinas, microorganismos e macromoléculas, que pola contra poderían pasar ao torrente sanguíneo. Actualmente, sábese que as unións estreitas, anteriormente consideradas como estruturas estáticas, son en realidade dinámicas e adáptanse facilmente a diversas circunstancias, tanto fisiolóxicas como patolóxicas. Existe un complexo sistema regulador que orquestra o estado de ensamblaxe da rede de proteínas das unións estreitas intercelulares. Cando non funcionan ben as entradas entre as células (as unións estreitas intercelulares) e no canto de estar pechadas ou practicamente pechadas, como deberían estar, están abertas sen control, prodúcese un aumento da permeabilidade intestinal. Esta apertura provoca que entren substancias no corpo e que, dependendo da predisposición xenética da persoa, poidan desenvolverse enfermidades autoinmunes, inflamatorias, infeccións, alerxias ou cancros, tanto intestinais como noutros órganos.

O quimo que se crea no estómago do bolo alimenticio mesturado co ácido clorhídrico a partir de movementos peristálticos mestúrase coas secrecións biliar e pancreática (ademais da propia duodenal) para non romper as capas do intestino delgado (xa que este ten un pH ácido) e é levado ó duodeno. O tránsito alimenticio continúa por este tubo duns 6 metros (no vivo) ó longo dos cales se completa o proceso da dixestión e efectúase a absorción das substancias útiles. Os fenómenos da dixestión e da absorción van depender grandemente do contacto do alimento coas paredes intestinais, polo que canto maior sexa este e nunha superficie máis ampla, tanto mellor será a dixestión e absorción dos alimentos. Isto dános unha das características morfolóxicas máis importantes do intestino delgado que son a presenza de numerosas pregaduras que amplifican a superficie de absorción como: Dobras circulares. Vilosidades intestinais (de 0,5 mm de altura e un núcleo de lámina propia). Microvilosidades nas células epiteliais. As microvilosidades son prolongacións da membrana plasmática nos enterocitos con forma cilíndrica, que serven para aumentar o contacto da membrana plasmática cunha superficie interna. Se o epitelio é de absorción, as microvilosidades teñen no eixo central filamentos de actina, se non fóra de absorción este eixo non aparecería. Recubrindo a superficie hai unha cuberta de glicocálix. A súa función é aumentar a superficie absortiva das células, e estímase que permite un aumento aproximado de 20 veces.

O intestino delgado absorbe cada día varios centos de gramos de hidratos de carbono, 100g de graxa, 50-100g de aminoácidos, 50-100g de ións e 7l de auga. A capacidade de absorción do intestino delgado normal, é moi superior a estas cifras e pode alcanzar 500-700g de proteínas e 20l de auga ao día.

Forma e relacións do intestino delgado miniatura|250px|Ilustración na Anatomía de Gray do contido visceral do abdome O duodeno caracterízase pola súa relación co estómago, fígado e páncreas, pero o xexuno e íleo son máis difíciles de distinguir, e non hai unha separación neta entre ambos.

En xeral, pódense distinguir porque:

O xexuno ten maior diámetro que o íleo (3 centímetros o xexuno, 2 cm o íleo). O xexuno ten máis pregos circulares, máis vilosidades intestinais e máis finas, mentres que o íleo ten menos. En cambio, no íleo os folículos linfoides (placas de Peyer) e a irrigación vascular en forma de arcadas é maior, que no xexuno. Ademais as súas paredes son máis delgadas e menos vascularizadas.

Topograficamente tanto o xexuno como o íleo ocupan o espazo infracólico, aínda que: O xexuno sitúase un pouco máis arriba e á esquerda (rexión umbilical) que o íleo(abaixo e á dereita). En xeral, as asas xexunais son de dirección máis horizontal, mentres que as ileais son de dirección vertical.

O final do intestino delgado é o íleo terminal que desemboca no cego por medio da válvula ileocecal.

Na constitución da parede intestinal, ademais das capas usuais de mucosa, submucosa, muscular e serosa, destaca a presenza de acumulacións de tecido linfoide que alcanzan ata a submucosa. Localízanse no bordo antimesentérico e o seu número é de 30 ó 40, e ata 2,5 cm de diámetro. Como se mencionou anteriormente, son máis numerosos no íleo.

Toda a lonxitude do intestino delgado queda unida á parede posterior a través da raíz do mesenterio. Esta unión do mesenterio á parede posterior comeza a nivel da vértebra L2, cruza o gancho do páncreas (por onde penetra a arteria mesentérica superior), cruza diante da cava inferior, segue externamente ós vasos ilíacos comúns e externos para terminar na fosa ilíaca dereita, a nivel do promontorio, lateral á articulación sacroilíaca dereita, a uns 6 cm, da liña media.

Irrigación arterial do intestino delgado miniatura|250px|Intestino delgado, onde se indican o duodeno, o íleo e o xexuno. A irrigación provén da arteria mesentérica superior, rama da aorta, que camiña dentro do mesenterio e da que nacen as arterias: Pancreáticoduodenais inferiores. Logo emite, Ramos xexunais e Ramos ileais: estes ramos xexunais e ileais teñen a particularidade de formar arcadas arteriais que se anastomosan unhas con outras. Fórmanse arcadas de primeira orde, novas arcadas a partir destas (de segunda orde) e ata de terceira orde no íleo. Para rematar, orixina a Arteria ileocólica, que termina dando catro ramas: a) cólica ascendente que sobe polo colon ascendente, b) cecal anterior, c) cecal posterior, e a d) arteria apendicular para o apéndice. Outras ramas da arteria mesentérica superior saen cara ó ángulo dereito de colon: Cólica dereita e finalmente para a parte proximal do colon transverso A arteria cólica media, que se anastomosa coa anterior. Polo tanto, a arteria mesentérica superior irriga todo o xexuno, o íleo e a metade dereita do intestino groso incluíndo o apéndice.

Drenaxe venosa A drenaxe venosa é bastante similar, correndo a cargo da vea mesentérica superior, a principal constituínte da vea porta, xunto coa vea mesentérica inferior e a vea esplénica. Histoloxía do intestino delgado miniatura|dereita|200px|Microfotografía da mucosa do intestino delgado, onde se poden ver a vilosidade intestinal e a glándula de Lieberkühn A mucosa intestinal está especializada na dixestión e a absorción de nutrientes e para iso ten que aumentar a súa superficie que dá á luz, de tres xeitos: Pregos circulares, válvulas de Kerckring ou plica, que son visibles a primeira ollada e son pregos permanentes formados por mucosa e submucosa. Vilosidades intestinais ou villi, que teñen un tamaño de 0,5 a 1 mm e dan a textura aveludada do interior do intestino. Criptas de Lieberkühn, que son glándulas tubulares situadas entre as vilosidades. No fondo destas criptas aparecen as células de Paneth.

O epitelio intestinal da mucosa está formado por diferentes células que son: Células absorbentes ou enterocitos: a membrana plasmática destas células presenta no seu polo luminal múltiples microvilosidades que confiren o aspecto de reberete en cepillo ó microscopio óptico. Células caliciformes: son secretoras de mucina. Células endócrinas: son células dos gránulos basais. Pertencen ó sistema APUD. Células indiferenciadas, responsables da renovación. Células de Paneth, que producen lisozimas, que son defensivas, antibacterianas.

A lámina propia presenta un tecido conectivo solto, con vasos e nervios. Está invadido por unha poboación linfocítica e por fibras musculares lisas provenientes da capa muscular da mucosa. Denomínaselle músculo de Brucke e é o músculo motor das microvilosidades.

O conduto lacteal ou quilífero central é un vaso linfático central da microvilosidade. Atópase en todo corte transversal da microvilosidade. O revestimento do quilífero é descontinuo.

O glicocálix é fundamental na finalización do proceso dixestivo, en canto a que é o último elo da degradación. Dos elementos absorbidos, as graxas van ó quilífero central, e as demais ó sangue.

Se hai glándulas diferentes ás das criptas, na submucosa duodenal, atopámonos nun duodeno, e se non nun xexuno íleo. O duodeno presenta estas glándulas que segregan unha mucina que neutraliza o pH ácido do quimo.

No tubo dixestivo é característica a presenza de MALT, tecido linfoide asociado á mucosa. Este tecido linfoide atópase no corion ou lámina propia da mucosa. É polo xeral un tecido linfoide difuso ou nodular. Xunto a este tecido linfoide atópanse xeralmente plasmocitos. No íleo o tecido linfoide é especialmente notorio pola súa disposición en placas, denominadas placas de Peyer. O nódulo produce unha modificación no epitelio de revestimento.

As glándulas de Brunner son as glándulas da submucosa duodenal, que son características del.

A cantidade de células caliciformes aumenta desde o duodeno ó recto, as células absortivas diminúen de duodeno a recto. No estómago non hai células caliciformes, xa que o propio epitelio é mucíxeno.

Enfermidades

Enfermidades vasculares

As enfermidades vasculares do intestino delgado corresponden a diferentes etioloxías. Por este motivo non existe un sistema de clasificación universalmente aceptado. Non obstante todas estas etioloxías poden manifestarse en forma de hemorraxia. , páx. 40 A anomalía vascular observada con máis frecuencia é a anxiodisplasia, que se define como un complexo vascular dilatado que se localiza na superficie do tracto gatrointestinal, estando presente nun 40% das hemorraxias de orixe indeterminada.

Tumores

No intestino delgado a carcinoxénese dáse a unha velocidade significativamente máis baixa que noutras zonas do tracto gastrointestinal, así, a pesar de ser a superficie máis grande deste, os tumores primarios do intestino delgado representan soamente o 2% do total dos tumores gastrointestinais. Este feito débese a varios factores, como o transcorrer rápido dun contido principalmente líquido e con poucas bacterias. Con todo, identificáronse ata 40 tipos diferentes de tumores do intestino delgado, o 75% dos cales son benignos. O diagnóstico destes con todo revélase complicada pois os síntomas iniciais poden ser confundidos con outras enfermidades.

Celiaquía