O Euskaltel-Euskadi (oficialmente Fundación Ciclista Euskadi - Euskadiko Txirrindularitza Iraskundea), é un equipo ciclista profesional español que participa no UCI ProTour. A día de hoxe, é o equipo que máis anos leva nas estradas a nivel mundial, xunto con outros como Lampre ou T-Mobile. Tamén participa nalgunhas carreiras do Circuíto Continental. O seu código de equipo da UCI é EUS.

O director xeral do equipo desde a súa fundación é Miguel Madariaga, actualmente axudado polo secretario técnico Igor González de Galdeano. Os directores do equipo son Jon Odriozola, Gorka Gerrikagoitia e Xabier Carbayeda.

Os seus principais patrocinadores son a empresa vasca de telecomunicacións Euskaltel e o Goberno Vasco baixo a marca Euskadi, patrocinando ó País Vasco.

Historia do equipo Fundouse o 17 de xuño de 1993 baixo o nome de Fundación ciclista de Euskadi coa intención de fomentar, promover e divulgar o ciclismo e a canteira vasca, co apoio institucional do Goberno Vasco. Actualmente ten o patrocinio da empresa de telecomunicacións Euskaltel, empresa coa que seguirá ata finais do 2010. O equipo Orbea fai ás veces de filial, tendo un pacto de colaboración e de formación de corredores, que foi renovado a finais de 2006 e vixente ata 2008.

Entre os ciclistas que forman ou formaron parte do seu cadro de corredores están algúns tan importantes como Igor González de Galdeano, Joseba Beloki, Iban Mayo, Aitor González, Roberto Laiseka (retirado da actividade deportiva por culpa dunha inoportuna lesión no xeonllo, froito dunha caída no Giro de Italia de 2006), Haimar Zubeldia ou Samuel Sánchez (estes dous últimos actualmente no equipo).

En 2006 logrou un total de 11 vitorias, destacando as logradas na Vuelta a España por Igor Antón e Samuel Sánchez, ademais das vitorias ProTour na Dauphiné Libéré de Iban Mayo, no GP de Zurich de Samuel Sánchez, e tamén as 2 etapas na Volta ó País Vasco do propio Samuel Sánchez. Tamén destaca a vitoria de David Herrero nunha etapa da Euskal Bizikleta.

Vitorias en 2007 UCI ProTour Datas Carreiras Gañador20 de marzo 15px 7ª etapa da Tirreno-Adriático 15px Koldo Fernández14 de abril 15px 6ª etapa da Volta ó País Vasco 15px Samuel Sánchez (CRI)5 de maio 15px 4ª etapa do Tour de Romandía 15px Igor Antón27 de maio 15px 7ª etapa da Volta a Catalunya 15px Samuel Sánchez

Circuíto Continental Datas Carreiras Gañador15 de febreiro 15px Trofeo Palmanova (Challenge a Mallorca) 15px Unai Etxebarria

Cadro de xogadores en 2007

Nome Nacemento Nacionalidade Equipo 2006 Igor Antón 02.03.1983 Euskaltel-EuskadiMikel Astarloza 17.11.1979 Ag2r PrévoyanceUnai Etxebarria 21.11.1972 Euskaltel-EuskadiAitor Galdós 08.11.1979 Ceramica PanariaDionisio Galparsoro 13.08.1978 KaikuAitor Hernández 24.01.1982 Euskaltel-EuskadiIñaki Isasi 20.04.1977 Euskaltel-EuskadiAndoni Lafuente 06.09.1985 (debuta como profesional)Iñigo Landaluze 09.05.1977 Euskaltel-EuskadiIban Mayo 30.09.1981 Euskaltel-EuskadiRubén Pérez 30.10.1981 Euskaltel-EuskadiSamuel Sánchez 05.02.1978 Euskaltel-EuskadiAmets Txurruka 10.11.1982 BarloworldUnai Uribarri 28.02.1984 Euskaltel-EuskadiGorka Verdugo 04.11.1978 Euskaltel-EuskadiHaimar Zubeldia 01.04.1977 Euskaltel-Euskadi

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do equipo

Categoría:Equipos ciclistas