Verdad y Justicia foi un periódico bimestral que se editou en Lalín entre 1922 e 1924.

Historia e características Apareceu o 18 de abril de 1922. De tendencia agrarista, foi fundado polos emigrantes retornados de Cuba Máximo López Carral e Jesús Iglesias Surribas. Máximo López foi o seu primeiro director e Jesús Iglesias o administrador. Cando Máximo López volveu a Cuba en setembro de 1923, Jesús Filloy converteuse en director. Entre os seus colaboradores figuraban Jesús Filloy e Xesús Froiz. Foi acosado polas autoridades e atacado pola Igrexa; en xaneiro de 1923 o bispo de Lugo prohibiu a súa lectura. Cesou a súa publicación en decembro de 1924 cando o seu administrador, Jesús Iglesias volveu precipitadamente a Cuba.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Igrexas, Manuel (12/07/2016). "Xesús Iglesias Surribas, infatigábel xornalista" Historias de Deza. Igrexas, Manuel (31/12/2022). "O periódico que chegou de Cuba" Historias de Deza.

Categoría:Prensa escrita de Lalín Categoría:Prensa agraria Categoría:1922 en Galicia