O 7 de abril é o 97º día do ano do calendario gregoriano e o 98º nos anos bisestos. Quedan 268 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|100x100px|Instalacións da Universidade Carolina de Praga. 1348 - Fúndase a Universidade Carolina de Praga. 1795 - A convención francesa establece o Sistema métrico decimal. 1805 - Ludwig van Beethoven dirixe pola primeira volta a sinfonía coñecida como Heroica. 1831 - O emperador Pedro I do Brasil abdica en favor do seu fillo, Pedro de Alcántara (futuro Pedro II do Brasil). 1945 - Os Estados Unidos afunden o navío xaponés Yamato nos arredores de Okinawa, no final da segunda guerra mundial. 1989 - Celébrase a Asemblea Constituínte da Federación Galega de Municipios e Provincias. 1990 - Comeza a emitir a Radio de Cerceda.
Nacementos 100px|miniatura|Gabriela Mistral. 1206 - Otón II de Baviera (m. 1253). 1506 - Francisco Xabier, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes (m. 1552). 1629 - Xoán Xosé de Austria, político e militar español (n. 1679). 1727 - Michel Adanson, botánico francés (m. 1806). 1770 - William Wordsworth, poeta inglés (m. 1850). 1772 - Charles Fourier, socialista utópico francés (m. 1837). 1788 - Domingo Fontán, ilustrado galego (m. 1866). 1876 - Heinrich Tessenow, arquitecto alemán (m. 1950). 1884 - Bronisław Malinowski, antropólogo polaco (m. 1945). 1889 - Gabriela Mistral, poeta chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945 (m. 1957). 1893 - Almada Negreiros, artista multidisciplinar portugués (m. 1970). 1893 - Claudio Sánchez Albornoz, historiador e político español (m. 1984). 1906 - Mercedes Docampo, mestra e política galega (m. 1978). 1915 - Billie Holiday, cantante estadounidense (m. 1959). 1930 - Vilma Espin, revolucionaria e militante comunista cubana. 1936 - Xosé Manuel Beiras Torrado, economista e político galego. 1936 - Santiago Pemán, home do tempo da Televisión de Galicia. 1936 - Jorge Bermello, político ourensán. 1939 - Francis Ford Coppola, director de cine nado nos Estados Unidos de América. 1944 - Gerhard Schröder, político alemán. 1948 - Francisco Mantecón, pintor galego (m. 2001). 1964 - Russell Crowe, actor e músico neozelandés radicado en Australia. 1975 - Isabel Risco, actriz galega.
Mortes 100px|miniatura|Carlos VIII de Francia. 1498 - Carlos VIII de Francia (n. 1470). 1614 - El Greco, pintor español de orixe grega (n. 1541). 1739 - Dick Turpin, proscrito inglés, enforcado en York, Inglaterra (n. 1706). 1761 - Gabriele Valvassori, arquitecto italiano (n. 1683). 1761 - Thomas Bayes matemático (n. 1702). 1836 - William Godwin, escritor político británico (n. 1756). 1891 - P. T. Barnum, empresario e artista circense estadounidense (n. 1810). 1939 - Eusebio Alonso Vieites, avogado e xornalista galego (n. 1861). 1947 - Henry Ford, industrial estadounidense (n. 1863). 1977 - Jim Thompson, escritor estadounidense (n. 1906). 1978 - Saturnino Cuíñas Lois, sacerdote católico, músico e folclorista galego. (n.1897). 1985 - Carl Schmitt, xurista alemán (n. 1888). 2013 - José Luis Sampedro, escritor e economista catalá (n. 1917). 2017 - Fely Manzano, actriz galega (n. 1942)
Festas e celebracións Día Mundial da Saúde Convocado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para fomentar a toma de conciencia sobre aspectos relevantes da saúde mundial. A data foi proposta en 1948 na Primeira Asemblea Mundial da Saúde para conmemora-la fundación da OMS, e o Día celébrase desde 1950. Tódolos anos elíxese para a xornada un tema específico a fin de destacar unha área prioritaria de interese para a OMS. Día de Reflexión sobre o Xenocidio de Ruanda en 1994.
Outros Santoral: San Xoán Baptista de la Salle.
Os 366 días do ano
07