Iñigo Urkullu Renteria, nado en Alonsotegi o 18 de setembro de 1961, é un político vasco e nacionalista, parlamentario vasco de 1994 a 2005.Recensión biográfica de Olatz Barriuso en El Correo Digital Foi presidente do Euzkadi Buru Batzar (EBB) do Partido Nacionalista Vasco entre xaneiro de 2008 e decembro de 2012. É o Lehendakari dende o ano 2012.

Traxectoria Antes de dedicarse á política, os seus inicios profesionais relacionáronse co mundo da educación e foi profesor da ikastola "Asti-Leku" de Portugalete e do colexio público Félix Serrano de Bilbao. É profesor funcionario de carreira de Educación en excedencia no colexio Landako de Durango.

Cargos internos Desempeñou cargos de responsabilidade no PNV dende 1980:

Afiliado ó EAJ-PNV dende 1977, foi membro do Consello Rexional de EGI, as mocidades de dito partido, dende 1980 a 1985 e membro do Bizkai Buru Batzar (BBB), que é a Executiva de EAJ-PNV en Biscaia, (1984-1987) (1996-2000), sendo o seu presidente dende o ano 2000.

Tamén foi o representante do partido por ese territorio no EBB dende o ano 2000, máximo órgano do PNV e Presidente de Mesa na Asemblea Nacional (1992-1994). En 2007 foi elixido presidente do Euskadi Buru Batzar, na práctica o presidente do PNV, e reelixido para ese cargo en xaneiro de 2012. O 13 de decembro de 2012 foi investido lehendakari, isto é, presidente da Comunidade Autónoma Vasca.

Cargos institucionais Dende 1987 tamén ten desempeñado o seu labor a cargo de institucións e organismos públicos: Ex-Director de Xuventude e Acción Comunitaria da Deputación Foral de Biscaia (1987-1994). Membro do Consello Asesor de Éuscaro Parlamentario Vasco (1994-2005).

Actualmente Lehendakari e Membro da Xunta Reitora da Fundación Sabino Arana.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Iñigo Urkullu no Parlamento Vasco

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Lehendakaris Categoría:Políticos do PNV Categoría:Nados en Biscaia