O Imperio Sasánida (en persa: ساسانیان) é o nome que se lle dá á cuarta dinastía iraniana e ao Segundo Imperio Persa (226-651).Fattah (2009), p. 49 ("Os historiadores tamén se teñen referido ao Imperio Sasánida como Imperio Neo-Persa").

A dinastía sasánida, da que toma seu nome o Imperio, foi fundada por Ardashir I tras derrocar ao derradeiro rei arsácida, Artabán V de Partia, e terminou cando o derradeiro Šahanšah (Xahanxáh) ('Rei de reis') sasánida Yazdgerd III (632-651) perdeu unha prolongada guerra de catorce anos contra o primeiro dos califatos islámicos (o califato Omeia). O territorio do Imperio persa sasánida comprendía os actuais estados de Irán, Iraq, Armenia, Afganistán e partes do leste de Turquía e Siria, ademais de parte de Paquistán, o Cáucaso, Asia Central e Arabia. Durante o goberno de Cosroes II (590-628), anexionáronse ao imperio os territorios dos actuais Exipto, Xordania, Palestina, Israel e o Líbano, chegando a exercer un "protectorado" sobre territorios actualmente correspondentes a Omán e o Iemen, chegando así á máxima expansión do imperio. Os sasánidas chamaban ao seu imperio Erānshahr ايرانشهر (Iranshæhr), tamén escrito 75px e 𐭠𐭩𐭥𐭠𐭭𐭱𐭲𐭥𐭩   en lingua persa media , que significaba 'Dominios dos Iranianos'.Garthwaite, Gene R., The Persians, p. 2 ISBN 1-55786-860-3

O período sasánida (que comprende todo o período final da antigüidade clásica e mesmo a sobrevive uns séculos), considérase un dos períodos históricos máis importantes e influentes da historia de Irán. En moitos aspectos, o período sasánida alcanzou os maiores logros da cultura persa, e constituíu o último grande imperio iraniano antes da conquista islámica de Persia e a conseguinte conversión ao islam como relixión en todo o territorio.Hourani (1991), p. 87 O Imperio Sasánida tivo unha importante influencia sobre a civilización romana.Bury, p. 109. Esta influencia cultural estendeuse moito máis alá dos territorios fronteirizos de ambos os imperios, chegando ata a Europa occidental,Durant (1950), p. 150 África,Comparetti, Matteo "Los sasánidas en Africa", en Transoxiana 4 (julio 2002). O artigo orixinal en inglés posúe as súas citas correspondentes. China e a India,Sarfaraz, pp. 329–330 e tivo un papel fundamental na formación da arte medieval europea e asiática.Iransaga: The art of Sassanians Esta influencia chegou tamén ata o incipiente mundo islámico. A cultura aristocrática e exclusiva da dinastía sasánida transformou a conquista islámica de Irán nun renacemento persa. Gran parte do que posteriormente sería coñecido como cultura islámica (arquitectura, escritura e outras habilidades) foron adoptadas polo amplo mundo islámico a partir dos persas sasánidas.Zarinkoob, p. 305.

Historia

Orixes

A dinastía sasánida foi establecida por Ardashir I (226-241), descendente dunha liña de sacerdotes da deusa Anahita en Istakhr, na provincia persa de Fars, quen a principios do século III accederan ao goberno da provincia. O pai de Ardashir, de nome Papag (tamén coñecido como Papak ou Babak) era en principio o gobernante dunha pequena cidade chamada Kheir, pero no ano 205 depuxo ao último rei dos Bazrangi, Gocihr (gobernante local que actuaba como cliente dos arsácidas), proclamándose como novo gobernante. A súa nai, Rodhagh, era a filla do gobernador provincial de Peris. O fundador epónimo da liña dinástica foi o avó paterno de Ardashir I, chamado Sasán, gran sacerdote do templo de Anahita. miniatura|esquerda|150px|Moeda sasánida de Ardashir I. Os esforzos de Papag por conseguir o poder da provincia escaparon á atención do emperador arsácida Artabán IV de Partia, que naqueles días se atopaba envolto nunha confrontación dinástica co seu irmán Vologases VI en Mesopotamia. Aproveitando a oportunidade que estas circunstancias lle ofrecían, Papag e o seu primoxénito Sapor trataron de expandir o seu poder sobre toda Persia. Os acontecementos que seguiron a isto son de dubidosa orixe, debido ao incompleto das fontes, pero crese que, tras a morte de Papag sobre o ano 220, Ardashir, que era entón gobernador de Darabgird, se viu envolto nunha disputa polo poder co seu irmán máis vello Sapor. As fontes dinnos que no 222 Sapor morreu ao derrubarse o edificio onde ía reunirse co seu irmán.Zarinkoob, p. 194-198.

Nese momento, Ardashir trasladou a súa capital aínda máis ao sur de Persis, fundando unha cidade en Ardashir-Khwarrah (antigamente coñecida como Gur e actualmente Firuzabad). A cidade, situada entre altas montañas, era facilmente defendible grazas aos seus estreitos accesos, e converteuse no centro do poder sasánida. Esta cidade estaba ademais rodeada por unha alta muralla circular, copiada probablemente da de Darabgid. Ao norte da cidade construíuse un gran palacio do cal se conservan aínda algúns restos.

Tras establecer o seu dominio sobre Persis, Ardashir I estendeu rapidamente o seu territorio, esixindo a lealdade dos príncipes locais de Fars e obtendo o control sobre as provincias veciñas de Kerman, Isfahán, Susiana e Mesene (a actual Kuwait). Esta rápida expansión chamou a atención de Artabán IV (216-224), do cal Ardashir era vasalo.

Inicialmente, Artabán ordenou ao gobernador do Khuzestán marchar contra Ardashir no ano 224, pero o enfrontamento concluíu cunha importante vitoria de Ardashir. Posteriormente foi o mesmo Artabán quen organizou unha segunda campaña contra Ardashir, e ambos os exércitos enfrontáronse en Hormizdeghan, onde Artabán IV resultou morto.

Ardashir marchou entón para invadir as provincias occidentais do defunto Imperio Arsácida. No ano 226 era coroado en Ctesifonte como único gobernante de Persia e comezou a utilizar o título de Shahanshah (Rei de reis), terminando con catro séculos de imperio parto e dando inicio a outros catro séculos de goberno sasánida.

Durante os anos seguintes, e tras algunhas rebelións locais ao longo do Imperio, Ardashir I tratou de expandir aínda máis o seu novo Imperio oara o leste e noroeste, conquistando as provincias de Sistan, Gorgon, Khorasán, Marxiana (na actual Turkmenistán), Balkh e Khorasmia. Ademais, anexionou Bahrain e Mosul ás posesións sasánidas. Posteriores inscricións sasánidas afirman tamén a submisión dos reinos de Kushan, Turán e Mekrán a Ardashir, aínda que, baseándose nas probas numismáticas, é máis probable que estes reinos fosen sometidos polo fillo de Ardashir, Sapor I. Ao oeste, os asaltos contra Hatra, Armenia e Adiabena tiveron un menor éxito. miniatura|dereita|100px|Gordiano III, emperador romano derrotado en Siria por Sapor I. O fillo de Ardashir, Sapor I (241-272), continuou a expansión iniciada polo seu pai, conquistando Bactria e Kushan, á vez que lideraba numerosas campañas contra Roma. Penetrando profundamente en territorio romano, Sapor I conquistou Antioquía, en Siria (253 ou 256), e derrotou finalmente aos emperadores romanos Gordiano III (238-244), a Filipo o Árabe (244-249) e a Valeriano (253-260). Este último foi feito prisioneiro no 259 tras a Batalla de Edesa, unha tremenda hecatombe sen comparación na historia romana.Rostovtzeff, M. "A crise do Imperio Romano no século III d.C. ", en webhistoria (extracto de Roma. Das orixes á última crise, ed. Eudeba) Sapor I conmemorou a súa vitoria encargando a talla dos impresionantes relevos de Naqsh-e Rostam, así como unha monumental inscrición en persa e grego nas proximidades de Persépole. Entre 260 e 263, Sapor perdeu algúns dos territorios recentemente conquistados por Odenato, aliado de Roma.

Sapor I tiña un intensivo plan de desenvolvemento. Fundou un importante número de cidades, habitadas algunhas delas por emigrantes procedentes de territorio romano. Entre estes inmigrantes incluíanse cristiáns, que podían exercer a súa fe libremente baixo o goberno sasánida. No aspecto relixioso Sapor favoreceu particularmente o maniqueísmo; protexeu a Mani e enviou misioneiros maniqueístas por todas as partes. Así mesmo, Sapor trabou amizade cun rabino babilonio chamado Shmuel, unha amizade que foi vantaxosa para a comunidade xudía e que lles deu un respiro fronte ás opresivas leis ditadas contra ela.

Posteriores reis investiron a política de tolerancia relixiosa de Sapor. O seu propio sucesor, Bahram I (273-276), perseguiu a Mani e os seus seguidores. Mani foi encarcerado e Bahram I ordenou a súa execución, aínda que segundo a lenda, morreu na prisión mentres esperaba ser executado.

Bahram II (276-293) continuou a política relixiosa do seu pai. Foi un gobernante débil que perdeu numerosas provincias occidentais a mans do emperador romano Caro (282-283). Durante o seu reinado, a maior parte de Armenia, que permanecera nas mans persas durante medio século pasaron a control de Diocleciano (284-305).

Tras o breve reinado de Bahram III en 293, Narsés (293-302) embarcouse nunha nova guerra contra Roma. Tras o éxito inicial obtido contra o futuro emperador romano Galerio (305-311) preto de Callinicum, sobre o Éufrates en 296, Narsés foi derrotado nunha emboscada mentres se atopaba co seu harén en Armenia o ano 297. No tratado que concluíu esta guerra, os sasánidas cederon todas as terras ao oeste do Tigris e acordaron non interferir nos asuntos de Armenia e Xeorxia.

Logo desta esmagadora derrota, Narsés abdicou en 301 e morreu un ano máis tarde. O fillo de Narsés, Ormuz II (302-309), asumiu entón o trono. Aínda que suprimiu as revoltas en Sistan e Kushan, Ormuz II foi outro monarca débil e incapaz de controlar aos nobres. Hormizd foi asasinado o ano 309 por uns beduínos mentres cazaba.

A primeira idade de ouro (309-379)

A morte de Ormuz II deu inicio a unha serie de incursións dos árabes desde o sur, atacando algunhas das cidades meridionais do Imperio e mesmo entrando na provincia de Fars, berce dos reis sasánidas. Mentres tanto, os nobres persas asasinaron o primoxénito de Ormuz II, cegaron o seu segundo fillo e encarceraron o terceiro (quen posteriormente fuxiu para o territorio romano). O trono foi reservado para o fillo non nacido dunha das viúvas de Ormuz II.

Dise que Sapor II (309-379) podería ser o único rei da historia coroado antes de nacer. De feito, colocaron a coroa sobre o ventre da súa nai. este neno, chamado Sapor, naceu polo tanto sendo xa rei. Durante a súa mocidade, o Imperio estivo controlado pola súa nai e os nobres. Ao alcanzar Sapor II a idade adulta, asumiu o poder e demostrou con rapidez que era un gobernante activo e capaz.

En primeiro lugar, Sapor II levou ao seu pequeno aínda que disciplinado exército a loitar contra os árabes, derrotándoos e asegurando as áreas meridionais do Imperio. Tras isto comezou a súa primeira campaña contra os romanos no oeste, onde obtivo algúns éxitos iniciais. Tras o asedio de Singara, con todo, tivo que deter as súas conquistas por culpa das incursións nómades ao longo das fronteiras orientais do Imperio. Estas incursións puxeron en perigo Transoxiana, unha zona estratéxica e vital para o control da Ruta da seda. Ademais, as forzas de Sapor II eran insuficientes para conservar todo o territorio conquistado no oeste; polo tanto, Sapor asinou un tratado de paz con Constantino II (353-361) polo que ambas as partes se comprometían a non atacar o territorio do outro durante un período limitado de tempo.

Feito isto, Sapor II marchou ao leste cara a Transoxiana, ao encontro dos nómades orientais. Esmagou ás tribos de Asia Central e anexionou a área como unha nova provincia. Tras a vitoria seguiu a expansión cultural, e a arte sasánida penetrou en Turquestán, chegando mesmo ata China. Sapor II, xunto ao rei nómade Grumbates, iniciou unha nova campaña contra os romanos no 359, e desta vez acompañado por todo ao seu poderío militar e o apoio dos nómades. foi unha campaña de grande éxito, na que un total de cinco provincias romanas pasaron ás mans persas.