Os quinorrincos ou cinorrincos (Kinorhyncha, do grego κίνηω kīneō "mover" e ῥυγχος rhynchos "fociño") son un filo de animais pseudocelomados mariños de pequeno tamaño (1 mm o menos), que viven nos sedimentos, a profondidades que poden alcanzar os 6 000 m.Brusca & Brusca (2005).

Xunto cos loricíferos (Loricifera) e os priapúlidos (Priapulidae) constitúen o clado dos Scalidophora ou Cephalorhyncha Segundo os autores.Ver pseudocelomados

Téñense descrito unhas 150 especies.Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services. Ver en liña.

Características

Os quinorrincos son animais segmentados, e teñen un corpo dividido en cabeza, colo e un tronco de 11 segmentos.

Non posúen cilios externos senón unhas espículas, que serían parte da cutícula segregada pola epiderme, que se distribúen ao longo do corpo e se amorean na boca e en círculos ao redor da cabeza, que é retráctil, formando unha estrutura para o movemento.Barnes, Robert D. (1982): Invertebrate Zoology. Philadelphia (USA): Holt-Saunders International. pp. 286–288. ISBN 0-03-056747-5.

Bioloxía

O sistema digestivo está dividido en tres zonas (anterior, media e posterior), estrando a primeira e a última revestidas por cutícula, e forman, respectivamente, un estomodeo e un proctodeo. A boca, rodeada de estiletes no cono bucal, comunícase coa cavidade bucal. De aí pasa o alimento por unha farinxe musculosa cara a un esófago curto que, en determinadas especies, pode presentar glándulas esofáxicas. O intestino ocupa a maior parte do tronco, e desemboca ao exterior a través do recto e o ano situados no último segmento. Os quinorrincos nútrense de diatomeas e outros organismos do lodo mariño.

A súa reprodución é sexual, e teñen os sexos separados (son dioicos). Un par de gónadas, localizadas na rexión media do tronco, ábrense ao exterior mediante poros no segmento final. Na maioría das especies, o conduto espermático inclúe dúas ou tres estruturas espiñosas que presumibelmente axudan na cópula, aínda que os detalles son descoñecidos. A larvas son de vida libre, pero pouco se sabe do seu proceso reprodutivo.

Clasificación

Filo Kinorhyncha Orde Cyclorhagida Suborde Cyclorhagae Familia Echinoderidae Familia Zelinkaderidae Familia Centroderidae Familia Dracoderidae Suborde Conchorhagae Familia Semnoderidae Suborde Cryptorhagae Familia Cateriidae Orde Homalorhagida Suborde Homalorhagae Familia Pycnophyidae Familia Neocentrophyidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Ligazóns externas Introdución aos Cephalorhyncha Consultada o 20/01/2013. Deseños de Kinorhyncha Consultada o 20/01/2013. Kinorhyncha en Tree of Life. Consultada o 20/01/2013. Kinorhyncha en Animnal Diversity Web. Consultada o 20/01/2013.

Categoría:Invertebrados Categoría:Quinorrincos