Hilde Palm, coñecida como Hilde Domin, nada en Colonia o 27 de xullo de 1909 e finada en Heidelberg o 22 de febreiro de 2006, é unha poeta alemá.
Traxectoria Entre 1929 e 1932 estuda nas universidades de Heidelberg, Colonia e Berlín. Debido ao ascenso do partido Nacionalsocialista, exíliase en Roma en 1932. En Italia estuda Filosofía, Dereito e Ciencias Políticas, doutorándose en 1936 pola Universidade de Florencia.
Marchou despois aos Estados Unidos e á República Dominicana, onde exerce como profesora universitaria. En 1954 retorna a Alemaña, onde traballará como docente nas universidades de Frankfurt e Maguncia.
En 1951 escribe os seus primeiros poemas que verán a luz a partir de 1957.
En 1961 establece a súa residencia en Heidelberg, cidade na que morre en 2006.
Obras Herbstzeitlose (1955) Ziehende Landschaft (1955) Wo steht unser Mandelbaum (1957) Nur eine Rose als Stütze (1959) Rückkehr der Schiffe (1962) Linguistik (1963) Hier (1964) Tokaidoexpress (1964) Höhlenbilder (1968) Das zweite Paradies. Roman in Segmenten (1968) Wozu Lyrik heute. Dichtung und Leser in der gesteuerten Gesellschaft (1968) Ich will dich (1970) Von der Natur nicht vorgesehen. Autobiographisches (1974) Aber die Hoffnung. Autobiographisches aus und über Deutschland (1982) Unaufhaltsam (1962) Rufe nicht Der Baum blüht trotzdem (1999) Magere Kost Haus ohne Fenster
Obras traducidas ao galego Aquí, Noitarenga, 1998. Traducida por Sabela López Pato e Silvia Montero Küpper.
Premios Meersburguer Droste – Preis (1971) Rainer Maria Rilke – Preis für lyrik (1976) Friedrich-Holderlin – Preis (1992)
Véxase tamén
Bibliografía Aquí. Noitarenga, 1998.
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Poetas de Alemaña Categoría:Nados en Colonia Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Poetas en lingua alemá