Osetia do Sur, ás veces tamén escrita como Ossetia do Sur, (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი, Samkhreti Oseti o máis xusto ცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.

Historia Conflito de 2008

Tras meses de tensiónsNuevas campanadas de alerta en el Cáucaso ., o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.

Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeadoN. Ossetia president: Georgian planes bomb out humanitarian aid convoy for S. Ossetia , .. Xeorxia mobilizou ós seus reservistasGeorgia begins war to retake South Ossetia (en inglés).. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con XeorxiaAbkhazian army units advance to arms limitation zone with Georgia, .. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100), mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridosFifteen Russian peacekeepers killed, 70 wounded, ..

O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidadecrise en Osetia do Sur, día a día. BBC News, ..

O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.

Demografía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alania Alanos Escitas

Categoría:Osetia do Sur Categoría:Política de Xeorxia Categoría:Cáucaso