Os loricíferos (Loricifera, do latín lorica, "coiraza", "cota de malla", e ferre, "levar", literalmente "os que levan cota") son un pequeno filo de animais pseudocelomados, composto tan só por vinte e dúas especies de tamaño microscópico (oscila entre as 100 µm e 1 mm),Heiner, I. (2005): "Preliminary account of the loriciferan fauna of the Faroe Bank (NE Atlantic)". Biofar Proceedings 2005: 213–219. que habitan nos intersticios dos sedimentos mariños, unidos ás partículas de grava ou area, e que se caracterizan por estaren protexidos por unha caixa ou loriga, á que deben o seu nome.Gad, G. (2005): "Successive reduction of the last instar larva of Loricifera, as evidenced by two new species of Pliciloricus from the Great Meteor Seamount (Atlantic Ocean)", Zoologischer Anzeiger 243: 239–271.Ruppert, Edward E., Richard S. Fox e Robert D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. 7th ed. Toronto: Brooks/Cole — Thomson Learning.

Á parte destas pouco máis de vinte especies descritas, hai aproximadamente 100 máis que foron recollidos pero que aínda non se describiron. Os loricíferos encóntranse a todas as profundidades, en sedimentos de diferentes tipos, e en todas as latitudes.),

O primeiro espécime foi recollido nos anos 1970, e descrito en 1983, cando o zoólogo danés Reinhardt Kristensen fundou o filo,Kristensen (1983): "Loricifera, a new phylum with Aschelminthes characters from the meiobenthos". Zeitschrift fuer Zoologische Systematik und Evolutionsforschung 21 (3): 163-180. polo que se encontran entre os grupos de metazoos máis recentemente descubertos.Kristensen, R. M. (2002): "An Introduction to Loricifera, Cycliophora, and Micrognathozoa". Integrative and Comparative Biology 42: 641–651.

Características Estes animais teñen unha cabeza, na que se sitúa a boca, onde comeza o aparello dixestivo; a cavidade corporal comprende un pseudoceloma que remata no ano.

Todo o corpo está envolto por unha armadura denominada loriga, especie de casca externa protectora. Non teñen sistema circulatorio nin sistema endócrino. A súa reprodución é sexual, con sexos separados, e probabelmente son ovíparos. Moitas das larvas son acelomadas, e a maioría dos adultos son pseudocelomados, aínda que algunhas especies son acelomadas.

O desenvolvemento é xeralmente directo, aínda que se coñecen larvas, denominadas larvas de Higgins, que difiren dos adultos en varios aspectos. Os seus ciclos vitais son moi complexos, e comprenden etapas pedoxenéticas con diferentes formas de reprodución partenoxenética. miniatura|200px|Imaxe ao microscopio óptico da especie Spinoloricus, aínda non descrita, coloreada con rosa Bengala.

No existen rexistros fósiles.

Afinidades taxonómicas Estudos morfolóxicos situáronos no clado Vinctiplicata, dos Scalidophora, que reuniría aos loricíferos cos priapúlidos e sería clado irmán dos quinorroincos. Os tres filos teñen catro caracteres en común: cutícula quitinosa, aneis escamentos, flósculos e dos aneis que se poden retraer cara ao interior do corpo.

Pero a monofilia deste clado está apoiada só por razóns morfolóxicas, e estudos moleculares recentes indican que os loricíferos poden estar máis estreitamente relacionados cos nematomorfos.Peel, J. S. (2010): "A Corset-Like Fossil from the Cambrian Sirius Passet Lagerstätte of North Greenland and Its Implications for Cycloneuralian Evolution", Journal of Paleontology 84 (2): 332–340. Resumo

Historia evolutiva Pénsase que os loricíferos son descendentes en miniatura dun organismo máis grande, talvez similar aos Sirilorica, fósiles do cámbrico. Porén, o rexistro fósil dun grupo de organismos microscópicos non mineralizados é quizais (como era de esperar) escaso, polo que é difícil rastrexar a historia evolutiva do filo.

Clasificación O filo dos loricíferos comprende unha soa clase, cunha única orde que comprende dúas familias con tres xéneros cada unha. Clase Nanaloricea Anderson, 1992 Orde Nanaloricida Kristensen, 1983 Familia Pliciloricidae Higgins e Kristensen, 1986 Xénero Pliciloricus Xénero Rugiloricus Xénero Titaniloricus Familia Nanaloricidae Kristensen, 1983 Xénero Nanaloricus Xénero Armorloricus Xénero Phoeniciloricus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Ruppert, Edward E.; R. Fox e R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A Functional Evolutionary Approach. Pacific Grove (California): Brooks Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos Priapúlidos Pseudocelomados Quinorrincos

Ligazóns externas Para o filo Loricifera Loricifera en SIIT. Consultada o 23/05/2019. Loricifera en Tree of Life. Consultada o 20/01/2013. Loricifera en Animal Diversity Web. Consultada o 20/01/2013. Loricifera en NCBI. Consultada o 20/01/2013. Loricifera en World Register of Marine Species. Consultada o 20/01/2013.

Para a clase Nanaloricidae Nanaloricida en SIIT. Consultada o 23/05/2019 Nanaloricida en World Register of Marine Species. Inclúe familias e especies. Consultada o 23/05/2019. Nanaloricicida en NCBI. Consultada o 23/05/2019.

Categoría:Loricíferos