miniatura|dereita|220px|Corredor de ciclocross apeitando a bicicleta ao lombo.

O ciclocrós é unha disciplina ciclista, nacida a mediados do século XX, que consiste en realizar un determinado número de voltas a un circuíto con tramos de asfalto, camiños e prados e cunha serie de obstáculos (naturais ou artificiais) que deban obrigar ao corredor a baixarse da bicicleta para sortealos.

Os dominadores Os ciclistas do norte de Europa, especialmente os belgas e neerlandeses, son os especialistas desta disciplina. Nos anos de historia do ciclo-cros apareceron diferentes dominadores procedentes desta zona, como Andrè Dufraisse, Erik de Vlaeminck, Renato Longo, Roland Liboton ou máis recentemente Mario De Clercq.

A bicicleta miniatura|dereita|270px|Ciclocross de Asteasu A bicicleta coa que se compite en ciclo-cros é moi parecida á que se utiliza nas probas de estrada, aínda que con algunhas diferenzas:

As rodas son un pouco máis anchas para mellorar a tracción en chans esvaradíos. Os pneumáticos teñen un debuxo máis marcado para mellorar a adherencia en chans esvaradíos. Os freos son de tipo cantilever, para evitar que en terreos embarrados se acumule o barro na ponte. A pinza dianteira ten máis separación polo mesmo motivo. O eixo pedalier está lixeiramente máis alto para evitar que a bicicleta golpee con obstáculos elevados. A separación entre o tubo vertical e a roda traseira é lixeiramente maior para evitar a acumulación de terra e barro. Utilízanse pedais de bicicleta de montaña. Ultimamente, no guiador adóitase incorporar unha segunda quenda de freos para permitir ao ciclista frear desde calquera situación na que se atope.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Campionato do Mundo de Ciclocrós Copa do Mundo de Ciclocrós Superprestige (Europa) Trofeo BPost Bank (Bélxica) U.S. Gran Prix of Cyclocross (USA) Cross Crusade (USA)

Categoría:Ciclismo por disciplina