Falabarato foi unha publicación gratuíta de anuncios breves.
Traxectoria e características Promovido en 1994 por Severiano Pérez, contaba cunha tirada mensual de 3.000 exemplares, repartidos na comarca do Barbanza e en Santiago de Compostela. Sustentábase economicamente cos publicitarios que figuraban en cada número. Propoñíase un concurso, coa fin de ensalzar ós publicitarios, con premios variados, como un 10% de desconto na compra en calquera dos anunciantes, 1 lote de conservas Calvo, ou unha cea para 2 persoas en varios restaurantes.
As fotos de portada actuaban como enganche da curiosidade. Nas páxinas centrais compúñase un diario onde se narraban actividades deportivas e lúdico-culturais que acontecían na Comarca do Barbanza.
Durou 22 números, rematando a súa publicación en novembro do 1995. Dez anos despois renaceu en formato dixital, como portal galego de anuncios verbais.
Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas www.falabarato.net
Categoría:Prensa escrita da provincia da Coruña