O 4 de agosto é o 216º día do ano do calendario gregoriano e o 217º nos anos bisestos. Quedan 149 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|100px|A Nosa Terra 886 - Á morte de Muhammad I, o seu fillo Al-Mundir é nomeado, en Córdoba, sexto emir omeia. 1704 - Unha escuadra inglesa toma Xibraltar ao sur de España 1789 - En Francia a Asemblea Nacional da Revolución francesa abole os privilexios da nobreza e do réxime feudal. 1883 - Chega á Coruña o primeiro tren directo desde Madrid, quedando así Galicia comunicada por ferrocarril coa meseta. A inauguración oficial atrasouse a setembro pois este tren do 4 de agosto foi unha proba ”El primer tren directo de Madrid llegó hace 125 años”, en La Voz de Galicia 4.08.2008.. 1897 - Descóbrese a Dama de Elx, escultura singular da arte ibera. 1907 - Primeiro número da cabeceira A Nosa Terra 1909 - En España suprímese a redención do servizo militar por diñeiro. 1914 - Primeira guerra mundial: o Reino Unido decláralle a guerra á Alemaña 1984 - O Alto Volta, na África, muda o seu nome a Burkina Faso
Nacementos miniatura|100px|Xosemaría Pérez Parallé. 1794 - Josef Proksch, pianista e compositor checo de ascendencia alemá. 1834 - John Venn, matemático británico (m. 1923). 1859 - Knut Hamsun, escritor noruegués (m. 1952). 1901 - Louis Armstrong, trompetista de jazz estadounidense. 1909 - Xosemaría Pérez Parallé, mestre e escritor galego (m. 1987). 1929 - Iaser Arafat, líder palestino (m. 2004). 1948 - Vítor Vaqueiro, escritor e fotógrafo galego. 1959 - Blanca Andreu, poeta galega en lingua española. 1960 - José Luis Rodríguez Zapatero, político español. 1961 - Barack Obama, presidente dos Estados Unidos de América. 1963 - Dolores Vilavedra, profesora de Literatura galega. 1975 - Harkaitz Cano, escritor vasco. 1988 - Tom Parker, cantante británico e disc jockey (The Wanted)
Mortes miniatura|100px|Hans Christian Andersen. 1526 - Juan Sebastián Elcano, mariñeiro e explorador vasco que participou na primeira expedición que deu a volta á Terra, como capitán desde a morte de Magalhães en 1521. 1875 - Hans Christian Andersen, escritor dinamarqués. 1941 - Mihály Babits, escritor húngaro (n. 1883). 1976 - Enrique Angelelli, bispo católico arxentino (n. 1923). 1977 - Ernst Bloch, filósofo alemán. 1977 - Edgar Douglas Adrian, fisiólogo británico (n. 1889). 1986 - Mercedes Núñez Targa, política republicana española (n. 1911). 1994 - Giovanni Spadolini, político italiano (n. 1925). 1998 - Carmen Delia Dipiní, cantante portorriqueña (n. 1927). 2005 - Little Milton, cantante e guitarrista estadounidense.
Festas e celebracións Día Internacional do Bufo
Outros Santoral: San Xoán María Vianney (O Santo Cura de Ars).
Notas
Os 366 días do ano
04