Abaiang, (tamén coñecido como Apaiang, Apiaia, Illa Charlotte, Illa Matthews ou Six Isles), é un atol coralino do grupo de illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no océano Pacífico centrooccidental.

Historia

Aínda que a tradición di que os primeiros habitantes da illa de Abaiang eran espíritos. Investigacións recentes concordan en que a illa foi poboada por habitantes de Samoa hai uns 500 ou 600 anos.

En 1788, o capitán europeo Thomas Gilbert descubriu o atol, e nomeouno Charlotte Island, por ser o dono do buque Charlotte. Pasando os anos e chegou o Reverendo Dr. Bingham e o seu equipo, os comerciantes internacionais, vagabundos, baleeiros e ata negreiros. Logo chegaron os colonizadores e izaron Union Jack na illa.

O primeiro misioneiro en vivir en Kiribati chegou a Abaiang o 16 de novembro de 1857. Foi Hiram Bingham II da American Board, un grupo misioneiro baseado Boston. Hiram Bingham era fillo de Hiram Bingham I, que foi un dos primeiros e máis influentes misioneiros de Hawaii. Hiram Bingham II e a súa esposa foron acompañados a Abaiang polo pastor Hawaiano Joel Hulu Mahoe e a súa esposa. Bingham chegou ao pobo de Koinawa e durante as celebracións do centenario en 1957 foi erixido un monumento no lugar .

A institución máis recoñecida de Abaiang é o St. Josephs College, fundado en 1939 o cal é un dos institutos escolares mais recoñecidos de Kiribati. O seu actual director é Sir Paul Chilton, un inmigrante británico; e entre os seus exalumnos atópase o actual presidente Anote Tong.

Xeografía Abaiang comprende 15 illotes ao redor dunha lagoa, cunha superficie total de 16´603 km². O atol ten unha lagoa (26x8 km) unida ao océano pola canle de Bingham, no interior da cal pódese atracar. A súa poboación, segundo o censo de 2010, é de 5.502 habitantes entre os 18 pobos, os máis grandes son Nuotaea (559 habitantes) e Tuarabu (560 habitantes)

A parte continental de Abaiang ten unha superficie total de 14´377 km² esténdese desde a localidade do norte de Takarano á aldea do sur de Tabontebike. Outros dous illotes, Riboono 0´887 km² e Nuotaea 1'339 km² tamén están habitados. O resto dos illotes de Abaiang, cunha superficie total de 0´872 km² están deshabitados, a falta de auga e a distancia da parte principal son os principais problemas. Aínda que utilízanse para a pesca, a colleita de copra e o cámping. Os illotes de Oobwaa e Teirio teñen pequenos moteis construídos neles, con persoal que se despraza desde a parte continental de Abaiang e desde Tarawa cando se esperan clientes.

No suroeste de Abaiang hai unha canle, a canle de Bingham, que é a conexión básica entre a lagoa e o Pacífico. A canle atópase entre a illa máis grande de Abaiang (no leste) e unha pequena illa no suroeste de Abaiang chamada Teirio.

Aldeas No censo de 2010, a poboación total de 5.502 estaba repartida entre 18 aldeas, sendo as máis grandes Nuotaea (559 habitantes) e Tuarabu (560 habitantes).

Abaiang: Poboación e superficie terrestreSuperficie do censoPoboación 2010Superficie terrestre por illoteDensidade (habitantes por acre) Nuotaea5591.7 Ribono3411.6 Takarano3481.2 Ubanteman126 Tebunginako424 Borotiam375 Aonobuaka328 Koinawa312 Morikao233 Ewena166 Taburao322 Tebero157 Tabwiroa237 Tuarabu560 Tanimaiaki274 Tebwanga310 Aoneaba51 Tabontebike379Illotes deshabitadosIslas de Abaiang : Eke, Iaia, Iku, Manra, Nanikirata, Ouba, Taete, Teirio00Total Abaiang5,5021.3

Economía miniatura|Oficina do Consello na illa de Abaiang En comparación con outras illas de Kiribati, Abaiang ten algunhas vantaxes económicas importantes. A súa gran lagoa é compatible cunha sorprendente diversidade de corais e peixes, proporcionando abundante marisco á poboación local e a atracción de turistas á illa desde a próxima Tarawa Sur. Aínda que a illa é propensa á seca, en anos normais a precipitación é suficiente para soportar a produción de Árbore do pan, plátano e papaio, así como o coco en todas partes. A proximidade de Abaiang a Tarawa tamén facilita un significativo aínda que en gran medida informal, comercio local de alimentos de todo tipo.

Aínda que, como todas as illas exteriores de Kiribati Abaiang é basicamente unha economía de subsistencia, cun pequeno número de postos de traballo, traballando principalmente para o Goberno ou Consello Insular. Outras fontes de ingresos son a produción de copra, e as remesas de familiares que traballan no sur de Tarawa, como tripulantes en buques internacionais ou no estranxeiro.

Visitar Abaiang miniatura|Abaiang edificio do aeroporto. Transporte O atol está servido polo Aeroporto de Abaiang, situado entre as localidades de Tabwiroa e Tuarabu. Air Kiribati opera tres voos semanais que conectan Abaiang con Marakei e o aeroporto internacional en Tarawa Sur.

Tamén hai servizo de alugueiro de botes que parten de Tarawa Sur para Abaiang.

Aloxamento Hai tres casas de hóspedes en Abaiang. A casa de hóspedes Cabido está situado na vila de Taburao e dá a benvida aos turistas, así como aloxamento para os traballadores do goberno e outros viaxeiros. "Ouba Islet Resort" é un complexo de eco turismo na illa Ouba no perímetro noroeste do atol, que funciona desde xullo de 2006. "Teiria Islet Beach Escape" é un pequeno complexo no illote de Teiria.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Exhibit: The Alfred Agate Collection: The United States Exploring Expedition, 1838-1842 from the Navy Art Gallery

Categoría:Atois de Kiribati