O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. Foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade.
É o único monumento do mundo antigo grecorromano que chegou até os nosos días practicamente intacto e é a arquitectura da Roma antiga que mellor conservada está; de feito, o seu uso foi continuo dende que se construíu.
O seu nome vén do grego πάνθειον (pántheion), adxectivo que significa «de todos os deuses», transformado en Pantheon polos autores latinos.
O Panteón está cuberto pola maior cúpula construída na Antigüidade que permanece en pé. O seu diámetro interior é de 43,30 mAndreae 1973, pp. 513-515Liberati & Bourbon 1996, p. 127 (ou 43,44 m), que segue a ser a máis grande do mundo en formigón de cemento non armado. Despois de case dous milenios, esta notable construción non mostra sinais de debilidade estrutural a pesar da mutilación voluntaria e dos repetidos movementos telúricos.Adam 1984, p. 200 Foi a meirande de Europa occidental até que, en 1436, Filippo Brunelleschi rematou a da catedral de Florencia, que tendo menos diámetro, ten máis altura ao estar lixeiramente apuntada.
Hoxe é propiedade pública e está xestionado polo Ministerio de Bens e Actividades Culturais a través do Museo Central do Lacio.
Etimoloxía A palabra Panteón é, en realidade, un préstamo grego que a lingua italiana mantivo a través do latín: en grego τό πάνθειον é un adxectivo substantivo que indica "a totalidade dos deuses" e, na maioría dos casos, implica o substantivo ἱερόν ("templo"). Polo tanto, do grego τό Πάνθειον (ἱερόν) ("O templo de tódolos deuses") derívase o termo latino, usado por Plinio o Vello,Gaio Plinio Segundo, Naturalis historia, XXXIV,13 (en latín) que deu orixe á palabra.
Dión Casio, un senador romano e historiador que escribiu en grego, formulou a hipótese de que o nome derivaba das numerosas estatuas de deuses colocadas ao longo das paredes do edificio ou da semellanza da cúpula coa bóveda celesteDión Casio, Storia romana, LIII, 27. A súa incerteza suxire que o nome Panteón (ou Panteón) era só un alcume, non o nome oficial do edificio.Ziolkowski (1994), p. 271 De feito, o concepto de que podería haber un templo dedicado a todos os deuses é discutible. O único "panteón" realmente rexistrado polas fontes antes do de Agripa atopouse en Antioquía en Siria, aínda que só foi mencionado por unha fonte do século VI.Thomas (2004), p. 17 Ziegler intentou recoller probas sobre a existencia de pantheion, pero a súa lista só consiste en dedicatorias simples como "a tódolos deuses" ou "os doce deuses", que non son necesariamente citas de templos reais nos que se practicase un culto a tódolos deuses.
Historia A construción realizouse en dúas etapas ou dous momentos: o Panteón de Agripa e o Panteón de Hadriano.
Panteón de Agripa O templo foi mandado construír por Marco Vipsanio Agripa, xenro de Octavio Augusto, a comezos do reinado deste no ano 27 a.C.Agripa non se converteu en xenro de Augusto ata máis tarde, no 21 a.C. participando, deste xeito na política de embelecemento da cidade impulsada por AugustoSuetonio, Vida dos Doce Césares; Augusto, XXIX e quixo localizalo nas proximidades do Campo de Marte (Campus Martius) baixo a dirección de Marco Coceio Aucto.Adam (1984), pp. 306-307 De feito, situábase entre a Saepta Iulia e a basílica de Neptuno, construída a costa do propio Agripa nunha zona da súa propiedade, na que os baños de Agripa, a basílica de Neptuno e o propio Panteón estaban aliñados de sur a norte.Dión Dione, Historia romana, Libro 53. 23.3 (en inglés). miniatura|Inscrición de Agripa, recolocada por Augusto Semella probable que tanto o Panteón como a basílica de Neptuno fosen a sacra privada de Agripa (edificios privados de uso sagrado) e non aedes publicae (templos de uso público).Ziolkowski (1999), pp. 55-56 Esta función menos solemne podería axudar a explicar por que a memoria do nome orixinal e a súa función se perderon con tanta rapidez e facilidade (Ziolkowski afirmou que fora orixinalmente o templo de Marte no Campus Martius).Ziolkowski (1994), p. 27 Dedicoullo a todos os deuses e, especialmente a Marte e Venus, divindades protectoras da familia Xulia. A inscrición orixinal de dedicación do edificio, conservada no friso do pronao, logo da reconstrución hadrianea, reza: M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIUM.FECIT ("Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fíxoo"). Para datalo, cómpre ter en conta que o terceiro consulado de Agripa correspondeu precisamente ao ano 27 a. C., aínda que Dión Casio o cita xunto coa basílica de Neptuno e o Gymnasium Laconiano entre as obras que Agripa completou durante o 25 a. C.Dión Casio, Historia Romana, LIII 27
Polos restos atopados, a finais do século XIX, a uns 2,50 metros por debaixo do edificio sábese que este primeiro templo era rectangular (43,76x19,82 metros)Bandinelli e Torelli, 1976, p. 124 cunha cela disposta transversalmente, máis ancha que longa (como a Templo da Concordia no Foro Romano e o pequeno Templo de Veiovis no Capitolio), construído en bloques de travertino cubertos con lousas de mármore. O edificio estaba orientado cara ao sur, en sentido contrario á reconstrución de Hadriano, precedido dun pronaos no lado longo que tiña 21,26 metros de ancho. Fronte a ela había unha zona circular descuberta, unha especie de praza que separaba o templo da basílica de Neptuno, cercada por un muro reticulado e cun chan en lousas de travertino. Sobre estas lousas colocáronse outras lousas de mármore, quizais durante a restauración de Domiciano. O edificio de Agripa, porén, tiña un eixe central que coincidía co do edificio máis recente, e o largo da cela era igual ao diámetro interno da rotonda. Toda a profundidade do edificio de Augusto tamén coincidía coa profundidade do pronao de Hadriano. miniatura|dereita|230px|Interior.A única fonte que describe cales foron as decoracións do Panteón de Agripa é Plinio o Vello, quen o viu en persoa. Na súa Naturalis Historia relata, de feito, que os capiteis estaban realizados en bronce de SiracusaPlinio, Naturalis Historia, XXXIV, 7: Syracusana sunt in Pantheo capita columnarum a M. Agrippa posita. e que a decoración incluía caríátides e estatuas frontais. As cariátides, colocadas nas columnas do templo, foran talladas por Dióxenes de Atenas.Plinio, Naturalis Historia, XXXVI, 38: Agrippae Pantheon decoravit Diogenes Atheniensis, et Caryatides in columnis Templi ejus probantur inter pauca operum, sicuti in fastigio posita signa, sed propter altitudinem loci minus celebrata. O templo daba a unha praza (hoxe ocupada pola rotonda de Adriano) limitada no lado oposto pola basílica de Neptuno.
Dión Casio afirma que o "Panteón" tiña este nome quizais porque albergaba as estatuas de moitas divindades ou máis probablemente porque a cúpula do edificio recordaba a bóveda celeste (e polo tanto as sete divindades planetarias), e que a intención de Agripa era a de crear un lugar de culto dinástico, dedicado aos deuses protectores da Gens Iulia (Marte e Venus), e onde se colocou unha estatua de Octavio Augusto, e dese conxunto de divindades derivaría o nome o edificio. Dado que o emperador se opoñía a ambos, Agripa mandou colocar unha estatua do divino Xulio (é dicir, do César divinizado) dentro e, fóra, no pronao, unha de Octavio e outra de si mesmo, en celebración da súa amizade e do seu celo polo ben público.Dión Casio, Storia romana, LIII 27
No ano 80, produciuse un grande incendio en Roma que asolou varios templos e, entre eles, o templo de Agripa quedou completamente destruído.Dión Casio, Historia romana, LXVI 24, 2 Foron restaurados por Domiciano e, segundo Suetonio, este tiña o seu nome gravado neles.Suetonio, Vidas dos doce césares, Domiciano, V
Panteón de Hadriano O Panteón, volveu arder no 110 baixo Traxano e foi completamente reconstruído durante o reinado de Hadriano.Elio Esparciano, Historia Augusta, Vida de Hadriano, 18 As marcas de fábrica achadas nos ladrillos de construción correspóndense cos anos 123–125, polo cal se supón que o novo templo foi inaugurado por Hadriano nunha data posterior, supóndose que o fixo entre 125 e 128. Aínda que se ignora quen foi de certo o arquitecto que trazou a nova edificación, hai un consenso xeral entre os especialistas en atribuílo a Apolodoro de Damasco, se cadra o único capaz de acometer unha obra de tal envergadura, e que sabemos que vivía en Roma naquela altura.
No ano 609, o emperador bizantino Focas doouno ao papa, entón Bonifacio IV, quen o consagrou como igrexa cristiá, dedicándoo á María e aos mártires, de aí o seu nome de Sancta Maria ad Martyres; o mesmo papa fixo construír os altares e outras obras interiores. Esta nova dedicación posibelmente salvou o templo dunha máis que probábel destrución, como acontecería con moitos outros monumentos romanos ao longo, sobre todo, da Idade Media.
Arquitectura do edificio
Contexto técnico miniatura|Planta do Panteón de Agripa ou Panteón de Roma. O deseño do novo edificio podería ser obra do arquitecto Apolodoro de Damasco, contemporáneo de Hadriano, autor xa probable dos grandes logros de Traxano: foro, baños e mercados de Traxano. Desafortunadamente, ningún documento apoia esta hipótese.
Despois do impulso proporcionado polos proxectos innovadores de Nerón, seguido dos colosais logros dos Flavios e Traxano, os romanos dominaron perfectamente as técnicas da construción artística, como o demostran as vastas cúpulas da Domus Aurea de Nerón e as termas de Baïes: o do chamado "templo de Venus" ten un diámetro de 26 m, o do "templo de Diana" alcanza os 29,5 m e o do templo de Apolo, preto de Baïes, alcanza os 38 m de diámetro. Todos son anteriores ao reinado de Hadriano.
Para esta reconstrución do Panteón despregáronse os coñecementos técnicos e o saber facer dos construtores romanos: a súa capacidade para mobilizar eficazmente unha gran forza de traballo, o uso combinado de pedra, ladrillo e morteiro, o dominio das técnicas do concretoA palabra moderna concreto non debería sorprender. Esta mestura de morteiro e seixo é descrita por Vitruvio desde o século I a.C. Na parte central, énchese de morteiro, no que no que se mesturan pedras, sen outra disposición máis que a que se produce por casualidade (De Architectura, libro II, 8,7). de cal colado sobre encofrados, contribuíron ao éxito da construción do novo templo. Non se deixou de lado a estética, como mostran os efectos xeométricos, a elección decorativa dos materiais e o traballo na iluminación interior.
Plano xeral A reconstrución do Panteón mantivo o eixe norte-sur do edificio, pero inverteu a orientación da entrada e dirixiuna cara ao norte. O pronao e o edificio de transición coa rotonda ocupaban o lugar do antigo edificio, e a rotonda encheu o espazo entre a antiga entrada e a basílica de Neptuno. O novo templo estaba rodeado por un pórtico en tres lados duns 60 m por 120 m, e precedido dun patio pavimentado con travertino.Godivier & Senechalle-Couvercelle 1978, pp. 252-253
O pronao O pronao, que mide 33,1 m de ancho e 15,6 m de fondo,Roman 2008, p. 269 estaba elevado por un podio de 1,3 m e accesible por unha escaleira de cinco chanzos. Co paso dos séculos, o terreo circundante foi subindo, e a praza que rodea o Panteón alcanza agora o nivel do podio.