Fai Tun Flai é un grupo musical de rock galego, formado en Quiroga en 2002.

Membros Xavinho: guitarra, voz Xampi: batería Pablo: baixo

Historia A orixe de Fai Tun Flai remóntase ao ano 2001, cando os mesmos integrantes desta banda formaban parte de Acceso Denegado, unha formación anterior tamén orixinaria de Quiroga, e na que Xampi tocaba a guitarra. Ante a saída do seu batería decídese cambiar o estilo do grupo e refundalo no que hoxe e Fai Tun Flai, formado oficialmente en 2002.

A primeira actuación do grupo tivo lugar o día 30 de agosto no Correlos Rock III (Currelos, O Saviñao), e marcou o comezo dunha etapa de eventos que os levaron a percorrer Galicia, incluíndo tamén algunha actuación televisiva.

Na primavera de 2003 gravan a autoproducción Mala centella te coma, con edición de Falcatruada. Nese mesmo ano participan no Concurso de Novos Talentos de Vilagarcía e son finalistas no Campusons 2003, participando na gravación dun disco recompilatorio xunto con Loretta Martin, Javier Ferreirós e Kastomá, editado por SonsGaliza.

Estilo e influencias Fai Tun Flai é unha banda de rock potente, con influencias moi variadas: Sepultura, Nirvana, Biohazard, Carcass, Rage Against the Machine... pero cunha visión da música particular. Parte fundamental desta visión é a concepción das letras, sempre festeiras e ás veces un tanto acedas.

Discografía Álbums de estudio Mala centella te coma (2003)

Participación en recompilatorios Sempre Mar. Cultura contra a burla negra (Asociacion Cultural Benito Soto, 2003) Campusons. Rock universitario en galego Vol. 1 (Sons Galiza, 2004)

Ligazóns externas MySpace oficial do grupo Páxina sobre o grupo Páxina sobre o grupo

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock