Latín vulgar (en latín, sermo vulgaris) é un termo xenérico, empregado para se referir aos dialectos vernáculos do latín, falados fundamentalmente nas provincias occidentais do Imperio Romano. A súa extinción como lingua viva asociouse coa crecente diferenciación destes dialectos, que conduciu, no século IX, á formación das linguas romances iniciais.
Esta variante do latín falado difire do estilo literario do latín clásico na súa pronunciación, vocabulario e gramática. Algúns trazos do latín vulgar non apareceron ata a época serodia do Imperio Romano. Outros, poden incluso estar presentes moito antes, ao menos baixo a forma de latín "acrioulado".Descargar artigo de Dialnet. Francisco Gimeno MENÉNDEZ: "Situacións sociolingüísticas dispares en el proceso de formación de las lenguas romances". En Aemilianensis: revista internacional sobre a xénese e as orixes históricas das linguas romances, ISSN 1698-7497, Nº. 1, 2004, páxs. 171-223.B. SCHLEBEN LANGE: L'Origine des langues romanes - Un cas de créolisation?. En J. M. MEISEL (ed) (1977), Langues en contact - pidgins - creois, Tübinge: G. Narr, páxs 81-101. A maior parte das definicións de latín vulgar supoñen que foi unha lingua falada antes que escrita, porque certas probas indican que o latín se dialectalizou durante este período, e porque non hai probas de que alguén transcribise a fala cotiá de ningún dos seus falantes. O estudo do latín vulgar ten de facerse con métodos indirectos.
O que se coñece hoxe en día do latín vulgar procede de tres fontes. A primeira é o método comparativo que pode reconstruír numerosos trazos das linguas romances testemuñadas, e facer notar aquilo no que difiren do latín clásico. A segunda fonte son varios textos de gramáticas prescritivas do latín tardío que condenaban os erros lingüísticos que os falantes de latín adoitaban cometer, denuncias que axudan a describir como se usaba a lingua. Finalmente, os solecismos e usos que non son clásicos atopados ás veces en textos de latín tardío tamén dan luz á fala de quen os escribiu.
frame|O latín vulgar, como o deste graffiti político achado en Pompeia, foi a lingua falada polas clases populares do Imperio Romano, en contraste co latín clásico literario.
Que é o que foi o latín vulgar? miniatura|O Cantar de Mio Cid é o texto máis temperán, de extensión considerábel, achado en castelán medieval; é considerado como o punto de inflexión que marca o comezo desa lingua diferenciada do latín vulgar
O nome "vulgar" deriva da palabra latina vulgaris, que significaba "común", ou "do pobo". Para quen estuda latín, o "latín vulgar" ten varios significados, entre eles os seguintes.
Designa o latín falado do Imperio Romano. O latín clásico sempre foi unha lingua literaria algo artificial; o latín levado polos soldados romanos á Galia ou á Dacia non foi necesariamente o latín de Cicerón. Polo tanto, baixo esta definición, o latín vulgar foi unha lingua falada, que comezou a se escribir en latín "tardío", nun estilo que difería dos estándares clásicos dos textos escritos o primeiro século da nosa era. Tamén fai referencia ao hipotético devanceiro das linguas romances, que non pode estudarse directamente máis que por unhas poucas inscricións. Esta lingua introducía unha serie importante de cambios no latín, e puido ser reconstruída grazas ás evidencias subministradas polas linguas que derivaron dela, as linguas vernáculas romances. Cun sentido aínda máis restrinxido, chámase ás veces latín vulgar ao hipotético proto-romance das linguas romances occidentais: as vernáculas que se achaban ao norte e ao oeste do eixo xeográfico La Spezia-Rimini, Francia, e na Península Ibérica; así como á fala romance (con moi poucas testemuñas) do noroeste africano. Este criterio propón que o italiano suoriental, a romanés, e o dalmático se desenvolveron por separado. Úsase tamén "latín vulgar" ás veces para se referir ás innovacións gramaticais en textos de latín tardío, tales como Peregrinatio Aetheriae, texto do século IV no que unha monxa relata unha viaxe a Palestina e ao Monte Sinaí; ou as obras de San Gregorio de Tours. Debido a que a documentación escrita en latín vulgar é moi escasa; estas obras son de gran valor para os filólogos, principalmente porque nelas ás veces aparecen "erros" que evidencian o uso falado do período en que o texto se escribiu.
Algunhas obras literarias recollen rexistros distintos ao latín clásico. Por exemplo, debido a que nas comedias de Plauto e Terencio moitos dos seus personaxes eran escravos, as devanditas obras preservan algúns trazos temperáns de latín basilecto, tal e como fan os homes libres no Satiricón de Petronio.
O latín vulgar foi diferenciándose nas distintas provincias do Imperio Romano, xurdindo así a era moderna do francés, italiano, castelán, occitano, galego-portugués, romanés, catalán etc. Obviamente, considérase que o latín vulgar desapareceu cando os dialectos locais tiveron as suficientes características diferenciais como para se constituíren en linguas distintas, evolucionando para a formación das linguas romances, cando lles foi recoñecido un valor propio e singular.
O século III adoita considerarse como o período en que, máis aló das declinacións, boa parte do vocabulario estaba a cambiar (por exemplo, equus → caballus etc.). Con todo, é obvio que estas mutacións non foron uniformes en todo o Imperio, así que pode que as diferenzas máis rechamantes se achasen entre as formas diversas de latín vulgar que se daban nas distintas provincias (tamén debido á adquisición de novos localismos).
Tras a caída do Imperio Romano de Occidente, o latín vulgar coexistiu durante varios séculos co latín tardío escrito, porque os falantes das linguas romances vernáculas preferían escribir usando a prestixiosa gramática e ortografía tradicional latina. Pero, aínda que iso era o que intentaban, a miúdo o que escribían non respectaba as normas do latín clásico. Porén, no terceiro Consello de Tours en 813, decidiuse que os curas predicasen en lingua vernácula para que a audiencia os entendese —. Este podería ser un momento documentado da evolución diacrónica do latín; en 842, menos de trinta anos despois do Consello de Tours, os Xuramentos de Estrasburgo, que reproducen un acordo entre dous dos herdeiros de Carlomagno, foron redactados en dúas linguas; unha xermánica que evolucionaría para o alemán, e outra romance que xa non era latín e que evolucionaría para o francés: miniatura|Extracto dos Xuramentos. Pro Deo amur et pro christian poblo et nostro commun salvament, d'ist di en avant, in quant Deus savir et podir me dunat, si salvarai eo cist meon fradre Karlo, et in aiudha et in cadhuna cosa. . .
(Polo amor de Deus e polo pobo cristián e a nosa salvación común, desde este día en adiante, en canto Deus me dese sabedoría e poder, defenderei a meu irmán Karlo e axudareille en calquera cousa. . .)
Este latín tardío, posibelmente de Roma, parece reflectir estas adquisicións, ao mostrar o cambio que se estaba producindo nesa zona — completamente identificábel con Italia. Entón, os textos da Lei Romana, tanto os de Xustiniano como os da Igrexa Católica, serviron para "conxelar" o latín formal, unificado finalmente polos copistas medievais e, desde entón, separado do xa independente romance vulgar. A lingua escrita continuou existindo como latín medieval. Os romances vernáculos foron recoñecidos como linguas diferenciadas, separadas e empezaron a desenvolver normas e ortografías propias. Entón, o "latín vulgar" deixa de ser un glotónimo útil para identificar ningunha lingua.
Foi nese momento cando o latín vulgar se converte nun nome colectivo para designar un grupo de dialectos derivados do latín, con características locais (non necesariamente comúns), que non constituían unha lingua, ao menos no sentido clásico do termo. Porén, podería ser descrito como algo incipiente, indefinido, que paulatinamente foi cristalizando nas formas temperás de cada lingua romance, tomando, como o seu máis remoto devanceiro, ao latín formal. O latín vulgar foi, xa que logo, un punto intermedio na evolución, non unha fonte.
Fonoloxía Vogais
LetraPronun. clásicaPronun. vulgarA breve /a/ /a/A longo /a:/ /a/E breve /e/ /ε/E longo /e:/ /e/I breve /i/ /ɪ/I longo /i:/ /i/O breve /o/ /ɔ/O longo /o:/ /o/U breve /u/ /ʊ/U longo /u:/ /u/Y breve /y/ /ɪ/Y longo /y:/ /i/AE /ai/ /ε/OE /oi/ /e/AU /au/ /o/(véxase IPA para a procura dunha descrición dos símbolos empregados); Un cambio profundo que afectou a todas as linguas romances modificou a orde das vogais do latín clásico. O latín tiña dez vogais: versións breves e longas de A, E, I, O, U, e tres (ou catro) ditongos, AE, OE, AU e, segundo algúns, UI. Con excepción do sardo, o que ocorreu ao latín vulgar pódese resumir co cadro da dereita.
Os ditongos AE e OE caeron para formaren /e/. AU, que se mantivo nun comezo, terminou mudando de /aw/ para /o/, unha vez que o O orixinal sufrira outras modificacións.
Desta forma, o sistema de dez vogais do latín clásico (sen contar ditongos e o Y grego), que tiña en conta a lonxitude vocálica, foi remodelado para se converter nun sistema en que desaparecía a diferenza por lonxitude vocálica, e a alteración vocálica pasaba a ser exclusivamente fonémica. Debido a este cambio, o acento tónico fíxose bastante máis marcado no latín vulgar que no clásico. Esta tendencia dificultou a posibilidade de diferenciar as sílabas non acentuadas, e ademais produciu alteracións novas nas sílabas acentuadas.
As vogais breves O e E que resultaron dos cambios non foron estábeis nas linguas fillas, e tenderon a se romper en ditongos. A palabra clásica focus (acusativo focum), "cheminea", converteuse na palabra proto-romance para dicir "lume" (substituíndo ignis), mais a vogal breve 'O' converteuse nun ditongo na maioría das linguas:
francés: feu (hoxe en día xa non é un ditongo senón /fø/). italiano: fuoco. español: fuego. En galego-portugués e en catalán, porén, non se converteu en ditongo: gal-port. fogo (pronunciado /'fogu/ no portugués actual e /'fogo/ no galego moderno), cat. foc (pronunciado /'fɔc/).
As linguas diferiron neste proceso. O /e/ da expresión latina ferrum, mantívose en francés fer, en catalán ferro e en galego-portugués ferro , mais ditongouse en español hierro e en romanés fier.
As linguas portuguesa e galega estabilizaron as vogais mantendo en certo xeito a distinción latina entre longas e breves no seu sistema de vogais abertas e pechadas. As vogais latinas longas a, e e o tenderon a se converter en vogais pechadas (escritas no portugués â, ê, e ô cando son tónicas), entanto que as vogais breves se converteron en vogais abertas (á, é, o cando son tónicas). A pronunciación destas vogais é a mesma que se amosa no cadro de vogais do latín vulgar á dereita. Ocorreu algunha inestabilidade vocálica, particularmente co o átono, que muda a /u/, e o e átono, que muda a /i/ ou /ə/.
En catalán o proceso foi similar. O o breve latino converteuse nunha vogal aberta, mentres que o e breve bifurcouse en e pechado nos dialectos occidentais e nunha vogal neutra nos orientais. Esta vogal neutra foi evolucionando pouco a pouco a un e aberto, se ben en gran parte das Baleares mantense incluso hoxe en día. Os dialectos orientais, así mesmo, presentan algunha inestabilidade vocálica similar á do portugués: e e a átonos convértense nunha vogal neutra (nalgún momento da evolución da lingua, este cambio non afectaba a e en posición pretónica, unha pronunciación que hoxe en día se mantén en parte das Baleares), mentres que, excepto en gran parte da illa de Mallorca, o o átono muda para [u].
Consoantes