miniatura|Con Carlos Lixó en Teñamos a poesía en Paz. Libraría Paz. Pontevedra. 11/04/2019

miniatura|Papeleta das Eleccións locais 2019 en Vigo de Marea de Vigo. Oriana Méndez Fuentes, nada en Vigo o 28 de outubro de 1984, é unha filóloga, poeta e profesora de secundaria galega. Traxectoria Filla dos escritores Xosé Luís Méndez Ferrín e Moncha Fuentes.Blanco, C. (1994): "A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín". Anuario de Estudios Literarios Galegos, 1993, 11-45. Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e cun mestrado en Estudos Teóricos e Comparados. En 2024 aprobou as oposicións a docente do ensino secundario, na especialidade de Lingua Galega e Literatura. O seu labor poético comezou no ano 2000 na revista cultural A Caramuxa, de Noia. A esa intervención seguiranlle colaboracións en publicacións colectivas de grupos coma Burla Negra, e na revista Mealibra. No ano 2003 colaborou na elaboración do libro Xuro que nunca volverei pasar fame publicado por Redes Escarlata, organización da que tamén foi membro. Participou en numerosos recitais poéticos e proxectos de acción poética, coma "A revolta das letras" que tivo lugar en Santiago de Compostela co motivo do Día das Letras Galegas do ano 2009 e desenvolveu eventuais labores de crítica para a revista ProTexta. En 2018 colaborou na revista Ligeia. Participou en diversas mesas redondas e encontros sobre poesía, coma no III Encontro de novos escritores, ou na mesa de poesía do ciclo Escritores na Universidade, organizados ambos pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

No 2019 presentouse como número 2 da Marea de Vigo ás Eleccións municipais de 2019 e saíu elixida concelleira. Foi secretaria xeral da Frente Popular Galega dende setembro de 2021.

Obras Poesía Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007). Galaxia. 66 páxs. ISBN 978-84-7154-062-1. Cero (2011). Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9865-348-9. O que precede a caída é branco (2015). Espiral Maior. ISBN 978-8492646937. Interna (2020). PEN Galicia, Xunta de Galicia e Afundación. 66 páxs. ISBN 978-84-09-24151-4. O corazón pronúnciase extenso (2021). Espiral Maior. ISBN 978-8412227192. Chairas sucesións (2023). Santiago: Chan da pólvora. ISBN 9788412686364. Interna / Llanuras sucesiones. Dos poemarios de Oriana Méndez (2026). LaUñaRota. 136 páxs. ISBN 978-84-18782-83-1. Prólogo de Chus Pato. Tradución da autora e debuxos de Eduardo Jiwnani. Obras colectivas Xuro que non volverei pasar fame (2003). Difusora. Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega. En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos. Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Tradución O amante de Marguerite Duras (Kalandraka, 2020)Ficha da obra na páxina web da editorial. As iluminacións, de Arthur Rimbaud (Kalandraka, col. Tambo, 2023; traducida en tándem con Tamara Andrés) Premios

Premio de poesía Concello de Carral 2014 co poemario O que precede a caída é branco.

Premio Rosalía de Castro de Poesía convocado polo concello de Padrón coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro 2019 por O corazón pronúnciase extenso.

Premio de poesía Afundación 2020 con Interna. Premio Plácido Castro de Tradución de 2024 (Con Tamara Andrés) pol'As iluminacións, de Arthur Rimbaud, editado en 2023. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Recitando un poema de "chairas sucesións" na Libraría Paz de Pontevedra, 18/01/2024

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos da FPG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia