John Couch Adams, nado en Laneast, Cornualla, en 1819 e finado en Cambridge en 1892, foi un matemático e astrónomo británico.
Traxectoria En setembro de 1845 predixo a existencia de Neptuno usando tan só cálculos matemáticos, cos que pretendía explicar as discrepancias entre a órbita de Urano e as leis de Kepler e Newton. Ao mesmo tempo, pero sen relación, eses cálculos foron feitos por Urbain Le Verrier.
Foi director do observatorio de Cambridge dende 1861 ata a súa morte. Estudou as Leónidas en 1866, concluíndo que a órbita da choiva de estrelas é semellante á dos cometas e estudou tamén os movementos lunares e o magnetismo terrestre.
Véxase tamén
Categoría:Matemáticos de Gales Categoría:Nados en 1819 Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Medalla Copley Categoría:Finados en 1892 Categoría:Astrónomos do Reino Unido