miniatura|dereita|200px|Carl Spitzweg.

Carl Spitzweg, nado en Unterpfaffenhofen o 5 de febreiro de 1808 e finado o 23 de setembro de 1885, foi un pintor alemán do Romanticismo, considerado entre os representantes máis importantes do período Biedermeier.

Traxectoria Foi o segundo de tres fillos de Franziska e Simon Spitzweg. O seu pai, rico mercador,fíxolle estudar farmacia. Carl comezou a pintar logo dunha enfermidade en forma autodidacta, copiando os traballos dos mestres flamengos. As súas primeiras obras propias foron contribucións a revistas satíricas.

Máis tarde, Spitzweg visitou os centros artísticos europeos, onde estudou a obra de varios artistas e refinou a súa técnica e estilo: nas súas viaxes visitou Praga, Venecia, París, Londres e Bélxica.

As súas últimas obras son case todas retratos humorísticos e excéntricos.

Principais obras O poeta pobre Rato de biblioteca Carta de amor interceptada Dous ermitáns Serenata

Véxase tamén

Bibliografía Murray, P.& L. (1996). Dictionary of art and artists. Londres: Penguin Books. ISBN 0-14-051300-0.

Ligazóns externas Obras de Carl Spitzweg en Europeana pinturas de Carl Spitzweg Páxina oficial

Categoría:Pintores do Romanticismo Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Nados en Baviera