O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.
Acontecementos 401 a.C. - Batalla de Cunaxa: Ciro, príncipe pretendente ao trono persa, malia a axuda de mercenarios gregos, é vencido e morto polas tropas do xa Artaxerxes II. Os gregos emprenden, á consecuencia da derrota, a retirada ao seu país, narrada por Xenofonte na Anábase. 32 - México: primeiros documentos escritos de América nas estelas da época Olmeca tardía (ver Tres Zapotes) 301 - Fundación da república de San Marino. 1189 - Ricardo Corazón de León é coroado rei de Inglaterra na Abadía de Westminster. 1539 - Apróbanse os estatutos que Ignacio de Loiola presentara ao papa Paulo III para a fundación da Compañía de Xesús. 1783 - Inglaterra recoñece a independencia dos Estados Unidos de América a través dun Tratado de Paz asinado en París. 1791 - en Francia proclámase a primeira Constitución escrita da súa historia. 1813 - O pobo do Perú invade edificios públicos contra a demora na abolición da Inquisición. 1816 - O comandante ecuatoriano Carlos de Montúfar, fillo do prócer Juan Pío de Montúfar, é fusilado en Colombia. 1821 - Chiapas declárase independente de España. 1854 - Bartolomé Mitre funda o Instituto Histórico-Geográfico del Río de la Plata na Arxentina. 1864 - Prodúcese unha explosión na fábrica de Alfred Nobel para a elaboración de glicerina, elemento esencial para a produción de dinamita. 1873 - En España, Santiago Ramón y Cajal é destinado, como tenente militar, a Burgos 1900 - Gran Bretaña anéxase Natal. 1914 - O cardeal Giacomo della Chiesa é nomeado Papa Bieito XV. 1925 - Xógase o primeiro partido internacional de balonmán. 1930 - Un furacán devasta Santo Domingo, na República Dominicana, e causa a morte de máis de 800 persoas. 1930 - Os pilotos franceses Dieudonné Costes e Maurice Bellonte aterran preto de Nova York, despois de cruzar o Atlántico nun voo de 37 horas. 1935 - Malcolm Campbell convértese no primeiro home en conducir un automóbil a máis de 300 mi por hora. 1939 - Chega a Valparaíso no navío Winnipeg, que transporta emigrantes españois sacados de Francia polo cónsul especial chileno, o poeta Pablo Neruda. 1939 - Francia e Inglaterra declaran a Guerra a Alemaña, tras a invasión de Polonia por parte desta. 1944 - As tropas aliadas liberan Bruxelas da ocupación alemá. 1947 - Estados Unidos entrega isótopos radioactivos a científicos de países amigos. 1950 - O Racing Club de Avellaneda, Arxentina, inaugura o Estadio Presidente Juan Domingo Perón. 1953 - Entra en vigor a Convención Europea de Dereitos Humanos. 1954 - É canonizado San Pío X. 1955 - Inauguración do estadio Ramón de Carranza, pertencente ao equipo andaluz Cádiz Club de Fútbol. 1967 - Suecia adopta a man dereita para a circulación. 1971 - Na Arxentina, Juan Domingo Perón recibe dos militares o cadáver da súa segunda esposa, Evita. 1976 - A nave Viking II aterra en Marte. 1978 - Comeza oficialmente o pontificado de Xoán Paulo II. 2004 - Masacre nunha escola da cidade de Beslan (Rusia), con 344 mortos, entre profesores e alumnos.
Nacementos miniatura|100px|Fritz Pregl. 1834 - Luís Otero Pimentel, militar e escritor galego (m. 1920). 1854 - Isidoro Bugallal, político galego (m. 1914). 1869 - Fritz Pregl, químico austríaco, Premio Nobel de Química (m. 1930). 1870 - Federico Maciñeira, historiador e xeógrafo galego (m. 1943). 1875 - Ferdinand Porsche, proxectista de automóbiles austríaco (m. 1951). 1888 - Nereu Ramos, presidente do Brasil (m. 1958). 1898 - Marcial Fernández Vázquez, mestre e político galego (m. 1963). 1899 - Frank Macfarlane Burnet, biólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1985). 1900 - Urho Kekkonen, presidente de Finlandia (m. 1986). 1900 - Maurice Dobb, economista inglés (m. 1976). 1905 - Carl David Anderson, físico estadounidense (m. 1991). 1926 - Irene Papas, actriz grega. 1928 - Renán Flores Jaramillo, escritor ecuatoriano. 1930 - Xoán Bautista Andrade, escritor galego (n. 1879). 1938 - Ryoji Noyori, químico xaponés, Premio Nobel de Química o 2001. 1940 - Eduardo Galeano, xornalista uruguaio (m. 2015). 1942 - Levy Mwanawasa, presidente de Zambia.
Mortes miniatura|100px|Iván Turguiéñef. 1658 - Lord Oliver Cromwell, líder político e militar inglés (n. 1599). 1883 - Iván Turguiéñef, escritor ruso (n. 1818). 1911 - Pancho Rodríguez, agrarista galego. 1927 - Luís Amado Carballo, poeta galego (n. 1901). 1936 - Juan Abramo Dios, mestre e político galego (n. 1908). 1948 - Edvard Beneš, presidente de Checoslovaquia (n. 1884). 1951 - Manuel Rodríguez González, guerrilleiro antifranquista galego. 1959 - Manuel García Rodríguez, guerrilleiro antifranquista galego. 1986 - Tomás Barros, pintor e escritor galego (n. 1922). 1991 - Frank Capra, director de cine estadounidense (n. 1897). 2017 - John Ashbery, escritor estadounidense (n. 1927).
Festas e celebracións
Outros Santoral: San Gregorio Magno.
Os 366 días do ano
03