Paul Sérusier, nado en París o 9 de novembro de 1864 e finado en Morlaix o 7 de outubro de 1927, foi un pintor francés pertencente ao post-impresionismo, asociado ao movemento dos Nabis.

O Talismán O Talismán é a súa obra máis importante. O verán de 1888 Paul Sérusier coincide con Paul Gauguin en Pont Aven (Bretaña francesa) e alí pinta esta obra influenciado polo consello de Gauguin "Se ves amarelo elixe o amarelo máis estridente que teñas na paleta e aplicalo ao cadro".

Esta obra pintada na tapa dunha caixa de tabaco causou grande expectación á súa volta a París (de aí o seu nome O Talismán porque a ensinaban coma se tivesen un tesouro) e ao redor de tal concepto apareceu o grupo dos Nabis. As características básicas deste grupo son: o espírito de síntese, a ornamentalidade e sobre todo a aplicación de cores intensas que non se corresponden coa realidade.miniatura|Paul Sérusier, Le Talisman, 1888. Huile sur bois. 27 x 21.5 cm. Musée d'Orsay, París, France.|centro

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Pintores do século XX Categoría:Posimpresionismo Categoría:Alumnos da Académie Julian