Juan y Junior, foi un dúo musical español. Os seus integrantes son Juan Pardo Suárez, máis coñecido como Juan Pardo (Palma de Mallorca, 1942) e Antonio Morales Barretto, máis coñecido como "Junior" (Filipinas, 1943-2014).
Traxectoria Xuntos comezaron a súa carreira primeiro en Los Pekenikes e posteriormente en Los Brincos nos anos 60. Dous anos máis tarde deciden comezar a súa carreira como dúo. En outubro de 1967 formaron o dúo Juan y Junior. A súa discografía é breve (tan só seis sinxelos) pero chea de éxitos.
En 1968 encargaríanse de compor toda a banda sonora e temas musicais da película Solos los dos, dirixida por Luís Lucía Mingarro e protagonizada por Marisol e Sebastián Palomo Linares. O último éxito foi Anduriña, balada que emocionou o pintor Pablo Picasso ata o punto de ofrecer un dos seus gravados para ilustrar a súa funda.
Un incidente ocorrido cando Juan, en ausencia de Junior, trata de corrixir unha gravación coa súa voz en lugar da do seu compañeiro, foi o desecandenante da súa extinción como dúo, tomando cada un deles carreiras en solitario: breve a de Junior e máis larga a de Juan Pardo, con éxitos como "A Charanga", "A miña Guitarra", "María Magdalena" etc.
Cabe apuntar que a canción "A dos niñas" foi creada pensando en Rocío Dúrcal e Marisol. Junior casou con Rocío Dúrcal, sendo esta unha parella moi sólida, tivo tres fillos.
Cancións "La caza" "Nada" "Tiempo de amor" "A dos niñas" "Nos falta fe" "Anduriña" "Bajo el sol" "Tres días" "Para verte reír" "Lo que el viento se llevó" "En San Juan" "Tus ojos"
Discografía Álbums Juan y Junior (1969)
Sinxelos La caza/Nada (1967) Nos falta fe/Bajo el sol (1967) A dos niñas/Tres días (1967) A dues nenes/Tres días (1967) Anduriña/Para verte reír (1968) Tiempo de amor/En San Juan (1968) Lo que el viento se llevó/Tus ojos (1969)
Véxase tamén Ligazóns externas 20px "Anduriña", No bico un cantar, TVG, 26/02/2013. «Juan y Junior. Dúo de carrera efímera pero con gran calidad en las distancias cortas» en lafonoteca.net . «Brincos 67: refundación del grupo» en Pop Thing .
Categoría:Grupos musicais de España