O Pavillón Municipal dos Deportes é un recinto deportivo cuberto da cidade de Pontevedra, cunha capacidade de 4.000 persoas. É usado como feudo local polos equipos do Teucro de balonmán e o Leis de fútbol sala, ademais do CB Ciudad de Pontevedra de baloncesto.
Historia O pavillón foi deseñado por Alejandro de la Sota en 1964. As obras comezaron en 1965. Foi inaugurado o 13 de xullo de 1968 por Juan Antonio Samaranch, delegado nacional de Educación Física e Deportes. Un mes despois, durante as festas da Virxe Peregrina, celebrouse nel un concerto de Los Bravos, Los Silver Stones, Los Dobles e Karina xunto con Los Pekes. O pavillón entrou en funcionamento en 1969. A primeira gran competición celebrada foi a Copa Latina de Balonmán en marzo de 1969.
Desde a súa inauguración, o Pavillón dos Deportes acolleu concertos e diversos espectáculos, así como importantes eventos deportivos como o Campionato Mundial de Balonmán Junior en 1987 ou a Copa do Rei de Balonmán en 2005.
En 2022 presentouse un proxecto de mellora financiado polo Consello Superior de Deportes coa substitución do terreo de xogo, a pavimentación do perímetro do edificio, a rectificación das ramplas de acceso, así como a reforma da varanda exterior e dos marcadores electrónicos de resultados e tempos. Ademais, instalaranse paneis solares no tellado para xerar enerxía para o autoabastecemento..
O pavillón tamén recuperará o deseño orixinal de Alejandro de la Sota, substituíndo a cuberta engadida en 1986 por unha similar á deseñada polo arquitecto..
Descrición Trátase dun exemplo destacado da arquitectura española contemporánea. Alejandro de la Sota deseñou o interior do edificio como unha caixa asolagada de luz, cunha estrutura elegante e delicada, que crea un efecto de ingravidez da malla espacial da cuberta. O tellado está sostido por ménsulas, equilibrado como unha balanza. Ten unha superficie plana e translúcida, como un biolo. O Concello de Pontevedra encargou en 2016 a renovación da cuberta do pavillón para recuperar o aspecto orixinal do interior, que fora modificado en 1986..
Todo o conxunto estaba recuberto de finos paneis, que formaban o volume exterior do edificio. A fachada está formada por grandes paneis prefabricados de formigón armado montados in situ cun grosor mínimo. O edificio mostra unha gran sutileza no deseño da armazón e dos pequenos elementos construtivos como ramplas, varandas e peitorís.
O edificio ten unha estrutura de formigón armado e catro torres laterais con escaleiras ata a parte superior.. A fachada de formigón prefabricado ten un característico acabado de garavanciño..
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 . VV.AA.: Arquitectura Moderna en Asturias, Galicia, Castilla y León. Ortodoxia, Márgenes y Transgresiones (1998), C.García Braña y F. Agrasar Quiroga Ed.
Outros artigos Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade Alejandro de la Sota O Burgo, Pontevedra
Ligazóns externas Docomomo Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra O Pavillón Municipal des Sports recupera o seu deseño de orixe Planos do Pavillon
Pontevedra Categoría:Deporte en Pontevedra