O Mareantes Rugby Clube Pontevedra é un club de rugby galego da cidade de Pontevedra.
Historia esquerda|miniatura|O equipo nun lance do xogo. O Mareantes R.C. foi fundado o 14 de marzo de 1988, como resultado dunha reunión celebrada no Estadio da Xuventude por veteranos de diferentes ligas e afeccionados pontevedreses. O nome elixido ten unha forte e profunda vinculación coa cidade.
Nas primeiras tempadas a fin primordial era a formación de novos xogadores desde idades temperás. Así xorde a escola de rugby, da que saíron a maior parte dos integrantes actuais do equipo.
A tempada 2000/01, tras tres anos sen equipos federados, foi un punto de inflexión. Elaborouse un equipo sénior con 22 xogadores, coa axuda de Caixanova, encadrado na 2ª División Autonómica. Culmina a tempada co ascenso á 1ª División Autonómica tras acabar á fronte da clasificación. A asistencia do público foi a máis alta da categoría, con case 100 persoas en varios dos encontros disputados no campo da Cidade Infantil Príncipe.
Na seguinte temporada o equipo sénior aséntase na categoría, se ben o máis importante é o aumento de fichas e a creación dun equipo na categoría cadete, que achegaría catro xogadores á selección galega.
Desde entón medrou o número de equipos nas diferentes categorías (xuvenís, infantís, sénior B, feminino...), así como o número de socios e afeccionados. Malia todo o principal problema é a falta dun estadio estable de xogo e adestramento, tendo que desprazarse por varios campos.
Tempada actual
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club Federación Galega de Rugby
Categoría:Equipos de rugby de Galicia Categoría:Deporte en Pontevedra