miniatura|300px|Templo de Zeus en Cirene. Sinesio de Cirene (370-413) foi un filósofo neoplatónico grego nado en Cirene, na actual Libia.

Os seus pais encargáronse de que tivese unha educación privilexiada, cun preceptor privado en casa e arredor do ano 390 foi a Alexandría, a capital cultural de Occidente no seu tempo, onde estudou con Hipatia (entre o ano 393 e o 395). Alí iniciouse en diversos saberes, incluíndo a filosofía neoplatónica e ciencias ocultas. Hypatia iniciou a Sinesio na filosofía, e concretamente no neoplatonismo; igualmente iniciou ó seu discípulo no misticismo de Jámblico e posiblemente nos oráculos caldeos. Mais Sinesio tamén se dedicou á investigación científicaJosé María BLÁZQUEZ MARTÍNEZ, Op. Cit. pax. 405, elaborando un planisferio celeste e un hidroscopioLetter 15 To the Philosopher (Hypatia) I am in such evil fortune that I need a hydroscope. See that one is cast in brass for me and put together. The instrument in question is a cylindrical tube, which has the shape of a flute and is]] about the same size. It has notches in a perpendicular line, by means of which we are able to test the weight of the waters. A cone forms a lid at one of the extremities, closely fitted to the tube. The cone and the tube have one base only. This is called the baryllium. Whenever you place the tube in water, it remains erect. You can then count the notches at your ease, and in this way ascertain the weight of the water. para pesar líquidos. Realiza despois unha viaxe a Atenas, que o decepciona moito, chegando a dicir que os atenienses non se distinguen do resto na súa capacidade para entender a Platón e Aristóteles.

Eloxio da calvicie Escrita arredor de 396, a obra máis coñecida hoxe de Sinesio é o seu Eloxio da calvicie (φαλακρας εγκώμιον ), no que seguindo os tradicionais Encomios de Helena, responde ao Eloxio da cabeleira de Dión Crisóstomo:

No ano 399 vai a Constantinopla a expor ao emperador Arcadio as queixas dos cidadáns da Cirenaica, que non poden facer fronte á presión fiscal. Nesa época escribe tamén os Contos exipcios e Da providencia. Casa en Alexandría no 404 cunha cristiá e retírase ao campo para dedicarse a escribir. No 405 nace o seu primeiro fillo.

Bispo O ano 410 ofrecéselle o bispado de Tolemaida, Sinesio medita ante o grande sacrificio e cambio de vida que suporía, e declara non estar disposto a defender cousas nas que non cre, como di en carta ao seu irmán (Carta 105):

e tamén:

Finalmente, tras seis meses de dúbidasCarta 96:I have been for over six months in this dreadful position, far from the men amongst whom I shall be a priest. I am waiting to learn exactly what the nature of this office is. If it is possible, I will perform the duties with philosophy, but if it cannot be reconciled with my school of thought and sect, what better could I do than sail straight for illustrious Greece? For if I refuse the priesthood, I can no longer dream of returning to my own city either, unless I am prepared to be the most dishonored and accursed of all men, living amidst a crowd of enemies., aceptou o nomeamento, e foi consagrado por Teófilo en Alexandría.

O seu pensamento era fundamentalmente neoplátónico e estaba influído por Platón e AristótelesSinesio menciona nas súas cartas nove veces a Plotino, tres a Porfirio, 126 a Platón e 20 a Aristóteles José María BLÁZQUEZ MARTÍNEZ, Op. Cit..

Obras Conservadas De regno (Sobre o reinado)Un discurso ante o emperador Arcadio. Dio, sive de suo ipsius instituto Encomium calvitii, un jeu d'esprit, escrito como resposta ao ""Eloxio da cabeleira de Dión Crisóstomo De providentia, tamén coñecido como O conto exipcio De insomniis, un tratado sobre os soños Constitutio Catastasis, unha descrición do fin da Cirenaica romana 159 Epistolae (cartas, incluíndo unha -a 57- que é realmente un discurso) 10 Hymni 2 homilias Un ensaio sobre a construción dun astrolabio

Perdidas Un libro sobre a cría de cans Poemas mencionados nas súas cartas

Notas

Véxase tamén Bibliografía Sinesio Elogio della calvizie Biblioteca Ideale Tascabile, Milán, 1995 ISBN 88-8111-144-6 (Edición bilingüe grego-italiano) C. Lacombrade: Synésios de Cyrène: hellène e chrétien. París 1951. G. Nicol: Synesius of Cyrene, his life and writings, Cambridge 1881

Outros artigos Neoplatonismo. Hipatia.

Ligazóns externas Synesius of Cyrene at livius.org (introdución de Jona Lendering e traducións en inglés de todas as epístolas, discursos, hinos, ambas homilias e varios tratados) Selections from the Works of Synesius of Cyrene, Platonist and Bishop D. Roques, Études sur la correspondance de Synésios de Cyrène reviewed by John Vanderspoel, University of Calgary, in Bryn Mawr Classical Review 02.01.16 Catholic Encyclopedia Sinesio de Cirene, intelectual El fin de Hipatía: Mario Satz

Categoría:Período helenístico Categoría:Personalidades da filosofía Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Personalidades de Cirene na Antigüidade