Adís Abeba (en , Āddīs Ābebā, lit. Nova Flor) é a capital e cidade máis poboada de Etiopía. En 2008 tiña 3 384 569 habitantes, 4,6 millóns na súa área metropolitana.

Na cidade atópase a sede da Unión Africana, anteriormente a Organización para a Unidade Africana (1963-2002). Tamén acolle a sede da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, así coma outras organizacións internacionais. Por isto, a miúdo faise referencia a Adís Abeba coma a "capital política de África" pola súa importancia histórica, diplomática e política para o continente.

Historia Foi fundada en 1886 no lugar elixido pola emperatriz Taytu Betul, dona de Menelik II. Foi na aba do Monte Entoto, en pleno territorio lingüístico oromo. En 1892 foi proclamada capital do Imperio de Etiopía. Entre 1936 e 1941 foi ocupada pola Italia fascista.

Grupos étnicos Amhárico 48,2%, oromo 19,2%, Guraxe 17,5%, tigriña 7,6%

Relixións Igrexa Copta Etíope 82%, islam 12,7%, protestantes 3,9%, católicos 0,8%

Notas

Categoría:Cidades de Etiopía Categoría:Capitais de África