A socioloxía é o conxunto de coñecementos que tratan de explicar o comportamento do ser humano en sociedade. Estuda a lóxica social, ocupándose das razóns que explican os comportamentos xerais das persoas. os comportamentos particulares son obxecto de estudo da Psicoloxía. A perspectiva da "axencia" entende que a socioloxía soamente pode traballar sobre tendencias xerais, visto que o comportamento dos seres humanos é libre e, polo tanto, imposible de predicer exactamente. Aproximacións estruturais suxeren o contrario: os individuos que están completamente condicionados ou determinados polas estruturas sociais, son meras marionetas de estruturas superiores.
A socioloxía estuda a sociedade humana e, máis concretamente, as diversas colectividades que a forman e as causas que orixinan as desviacións e mudanzas sociais.
Véxase tamén Outros artigos Anomia Constructo popperiano Desviacionismo Facultade de Socioloxía da Coruña Funcionalismo Inmigración Multidefinición de radio Pirámide de poboación Sociedade da información Tribo urbana Sociólogos Émile Durkheim Karl Marx C Wright Mills Wilfred Pareto Ferdinand Tönnies Max Weber Harriet Martineau