dereita|miniatura|350px|Carteis exhibidos en Rosario, Arxentina no ano 2006 en recordo dos desaparecidos ou vítimas da Desaparición Forzada, unha grave violación dos dereitos humanos que se estende polos cinco continentes

Desaparición forzadaO adxectivo "forzada" ou "involuntaria" utilízase para distinguir este concepto máis restrinxido do concepto xeral das desaparicións de persoas debidas a accidentes ou calamidades, ou á de combatentes no campo de batalla, tamén referidos como "desaparecidos en combate". ou tamén, desaparición involuntaria de persoas, é o termo xurídico co que diversos textos internacionais, entre eles a "Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadasResolución A/RES/61/177 da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, de 20 de decembro de 2006 e a lexislación penal de varios países denominan un tipo de delito complexo, que supón a violación grave de múltiples dereitos humanos e que cometido en determinadas circunstancias de práctica xeneralizada ou sistemática, tamén é cualificado de crime de lesa humanidadeSegundo o Estatuto de Roma de 1998 e a Convención Interamericana sobre Desaparición Forzada de Persoas de 1994.

O crime de desaparición forzada caracterízase pola privación de liberdade, mediante accións de secuestro, arresto ou detención, se é por parte de axentes do Estado ou por persoas ou grupos que actúan co seu apoio, seguida da negativa a recoñecer devandita privación de liberdade da persoa co fin de subtraela da protección da lei, ocultando o seu paradoiro de sorte que, frecuentemente, resulta na morte da persoa tras un cativerio violento e tortura, de maneira que se favorece deliberadamente a impunidade dos responsábeis, co fin de causar intimidación ou terror á comunidade ou colectivo social ao que pertence a persoa. Os efectos da desaparición forzada, cualificada por Nacións Unidas como unha "ultraxe á dignidade humana", perduran ata que non se resolve a sorte ou paradoiro das persoas, e tamén se estenden co sufrimento causado a familiares ou achegados, considerados tamén vítimas deste delito, así como os nenos que poidan ser subtraídos de pais afectados pola desaparición forzada.

Desde o último cuarto do século XX, por mor da multiplicación dos casos de desaparecidos por todo o mundo e en especial, durante os períodos de réximes ditatoriais en diversos países de América Latina, creáronse organizacións non gobernamentais especializadas na súa denuncia e concienciación que requiriron á comunidade internacional o desenvolvemento dunha xurisprudencia para a súa tipificación e persecución, co precedente desenvolvido para xulgar os crimes cometidos polo nazismo durante a segunda guerra mundial.

A constitución en 1980 do Grupo de Traballo sobre Desaparicións Forzadas ou Involuntarias, dependente da Comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, e a resolución de 1983 da Organización de Estados Americanos (OEA), resultaron en 1989 na primeira formulación da primeira sentenza de condena por parte da Corte Interamericana de Dereitos Humanos e posteriormente á Declaración sobre a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas da Asemblea Xeral de Nacións Unidas de 1992, a Convención Interamericana sobre Desaparición Forzada de Persoas de 1994 e a tipificación universal no Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional de 1998.

O 6 de febreiro de 2007 celebrouse en París a firma da Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas coa que se chegaba ao termo de máis de 25 anos de desenvolvemento do dereito penal internacional para o establecemento de obrigacións universais xuridicamente vinculantes para os Estados signatarios.

Desde a constitución do Grupo de Traballo en 1980 ata a Convención aprobada en 2006, o delito de desaparición forzada revelouse un problema mundial habendo sidos rexistrados por este organismo 51.531 casos en 79 paísesConsello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Informe do Grupo de Traballo sobre Desaparicións Forzadas ou Involuntarias: Aplicación da resolución 60/251 da Asemblea Xeral, de 15 de marzo de 2006, titulada “Consello de Dereitos Humanos”. 25 de xaneiro de 2007. A/HRC/4/41. Dispoñíbel aquí de todo o mundo, principalmente naqueles estados que se ven afectados por conflitos internos, por políticas de represión cara aos opositores políticos ou polos casos que permanecen sen resolver e que constitúen delitos permanentes.

As vítimas deste crime son coñecidas como desaparecidos, palabra que é empregada na súa transcrición española en moitos idiomas, e tamén particularmente en América Latina, como detidos desaparecidos (DD.DD.).

Co fin de recordar a todas as nacións e gobernos do mundo a existencia da realidade dos "Desaparecidos", a Federación Latinoamericana de Asociacións de Familiares de Detidos-Desaparecidos (FEDEFAM), declarou o 30 de agosto como o Día Internacional do Detido Desaparecido.

Concepto e desenvolvemento xurídico Descrición e características xerais A desaparición forzada é un delito complexo, múltiple e acumulativoDise dun delito que é acumulativo cando a reunión de accións ou de autos (xuízos), son compatíbeis polo seu obxecto, e susceptíbeis de ser resoltos no mesmo procedemento por sentenza única (Dicionario de Dereito da UNED) xa que atenta contra un conxunto diverso de dereitos fundamentaisInstituto de Estudos Políticos para América Latina e África (IEPALA). Curso sistemático de dereitos humanos segundo concluíron as primeiras sentenzas formuladas por organismos internacionais nos anos oitenta a partir dos dereitos recoñecidos, entre outras lexislacións, polo Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos de 1966Aprobado pola Asemblea Xeral na súa resolución 2200A (XXI), de 16 de decembro de 1966; entrou en vigor o 23 de marzo de 1976; ao 26 de novembro de 2001, 147 Estados eran partes no Pacto ou a Convención Americana sobre Dereitos Humanos de 1969Subscrita o 21 de novembro de 1969 pola Conferencia Especializada Interamericana sobre Dereitos Humanos, que se reuniu en San José de Costa Rica do 7 ao 22 de novembro de 1969. A Convención entrou en vigor o 18 de xullo de 1978. Ata 2002, 24 estados membros da OEA ratificaron a Convención e 20 estados aceptaron a xurisdición da Corte Interamericana e que serviron para desenvolver a xurisprudencia internacional relativa a este crime: dereito á vida art. 6 do Pacto; art. 4 da Convención Americana dereito á liberdade e á seguridade persoal art. 9 do Pacto; art. 7 da Conv. dereito ao trato humano e respecto á dignidade art. 10 do Pacto; art. 5 da Conv. dereito ao recoñecemento da personalidade xurídica art. 2 do Pacto; art. 3 da Conv. dereito á identidade e á vida familiar, especialmente no caso dos nenos art.24 do Pacto; art. 19 da conv. dereito a reparación, ata mediante a indemnización art. 63 Convención Americana dereito á liberdade de opinión, expresión e información dereitos laborais e políticos

En caso de guerra, a desaparición forzada de prisioneiros vulnera ademais dereitos expresamente establecidos nos catro Convenios de Xenebra do 12 de agosto de 1949 e os seus dous Protocolos Adicionais: dereito a recibir un trato humano, dereito a recibir protección fronte a actos de violencia dereito a non ser sometido a tortura física ou mental ou a outras formas de coacción dereito do prisioneiro a que os seus familiares e a Axencia Central de Prisioneiros de Guerra do Comité Internacional da Cruz Vermella, sexan informados da súa captura ou traslado a outro campo (artigo 70) dereito a manter correspondencia (artigo 71) dereito de ser liberados unha vez finalizadas as hostilidades (artigo 118).

A desaparición forzada é tamén un abuso continuo xa que a figura do suxeito titular do dereito, a vítima, esténdese aos familiares que sofren no tempo o dano da ausencia dos seus achegados desaparecidos cuxa sorte non se esclarece e da impunidade dos autores que non comparecen ante a xustiza . Este dano chega a causar síndromes de tensión postraumática nos familiares como se recoñece nas sentenzas xudiciais . A clasificación de crime continuo tamén supón que, xuridicamente, os feitos só prescriben a partir do momento en que se poden clarexar, de maneira que as familias poden dispor dun maior tempo para presentar as denuncias ante a xustiza.

Outra característica da desaparición forzada é a indefensión xurídica absoluta da vítima que queda desprotexida dos recursos elementais de habeas corpus ou de amparo como resultado da actuación de xeito deliberadamente secreto de quen cometen o crime. Por esta razón, con todo, a súa defensa pode ser exercida por calquera persoa próxima, familiar ou amigo, ou algunha organización non gobernamental ou organismo defensor de dereitos humanos.

Debido a que xeralmente estes delitos teñen lugar en ausencia de separación de poderes, o suxeito pasivo da acción procesual é o Estado no seu conxunto quen debe responder ás demandas presentadas.

Tratamento nos textos internacionais A desaparición forzada é un concepto que evolucionou inicialmente de xeito lento ante as diversas controversias e incertezas que se presentaban para a súa tipificación e ata a Convención Internacional para a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas asinada en París o 6 de febreiro de 2007 non se recoñeceu o dereito humano concreto da persoa a non ser sometida a desaparición forzada.

Con anterioridade, no ano 1992 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobara pola resolución 47/133 de 18 de decembro de 1992 a Declaración sobre a protección de todas as persoas contra as desaparicións forzadas que con todo, non establecía obrigación xurídica vinculante aos Estados.

Na Declaración de 1992 evocábase no seu preámbulo unha definición de desaparición forzada:

E máis adiante, no punto 2º do artigo 1, enuncia as violacións que concorren no acto de desaparición:

A Convención de decembro de 2006 aspirou entre outras cuestións a encher as lagoas expostas pola Declaración de 1992, establecendo como novo dereito humano o dereito a non ser sometido a desaparición forzada. Tamén representou un avance no que respecta a medidas concretas vinculantes, como a obrigación de manter rexistros centralizados de todos os lugares de detención e dos detidos e ao dereito dos desaparecidos e os seus familiares a un recurso efectivo e reparación.

O seu artigo 2 da Convención define a desaparición forzada:

Nos apartados do artigo 1, a Convención tamén establece o novo dereito humano absoluto de xeito permanente:

A Convención impón, porén, un conxunto de obrigacións de prevención ao Estado recollidas no artigo 17: a prohibición de detencións secretas e o requisito de que as persoas só sexan privadas da súa liberdade en lugares oficialmente recoñecidos e baixo supervisión o establecemento dun rexistro detallado dos detidos a obrigación do Estado de asegurar que todos os detidos dispoñan dun recurso xudicial para cuestionar a legalidade da súa detención (habeas corpus) o dereito de obter información sobre os detidos.

A Convención reafirma dereitos aos familiares (art. 24) : dereito á verdade e á reparación dereito a conformar asociacións para loitar contra as desaparicións forzadas

E tamén contempla a subtracción de nenos cuxos pais foron vítimas do crime de desaparición forzada, a falsificación da identidade de nenos e a súa adopción (art. 25), como recordan os graves feitos acontecidos na Arxentina.

A Convención establece un Comité sobre desaparicións forzadas (art. 26) constituído por 10 representantes elixidos polos Estados signatarios que ademais de supervisar como os Estados implementan as súas obrigacións, facultará un procedemento humanitario urxente que lle permita realizar visitas de investigación nos países e poderá levar ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas situacións nas que se practiquen desaparicións forzadas de forma xeneralizada ou sistemática.