Os Abruzos«Abruzos, Os». (en italiano L'Abruzzo ou gli Abruzzi) é unha rexión italiana de 1,3 millóns de habitantes, con capital en L'Aquila. Limita ao norte coas Marcas, ao oeste co Lacio, ao sur con Molise e ao leste co mar Adriático. Ocupa unha superficie de 10 798 km2, e está dividido en catro provincias: L'Aquila, Pescara, Chieti e Teramo.

Xeografía Rexión prevalentemente montañosa, está constituída no 65% por montañas e no restante 35% por outeiros. A chaira ocupa unha estreita faixa costeira que bordea o litoral. A rexión presenta os cumios máis altos dos Apeninos, con Gran Sasso d'Italia de 2 914 m e o macizo da Majella de 2 791 m. Os ríos principais son o Aterno-Pescara, o Sangro, o Tronto, o Trigno, o Tordino, o Vomano e a parte alta do Liri que desauga no mar Tirreno.

Poboación miniatura|Mapa das provincias do Abruzzo miniatura|Fronte marítima de Pescara (Os Abruzos) Os principais núcleos de poboación desta rexión son:

Cidade Poboación (hab) Provincia Superficie (km²) Pescara122 457Pescara33,6 km²L'Aquila71 989L'Aquila466,87 km²Chieti55 751Chieti58 km²Téramo 54 847Téramo 151 km²Montesilvano 44 687Pescara 23 km²Avezzano 40 110L'Aquila104,05 km²Vasto 37 657Chieti70 km²Lanciano36 306Chieti66 km²Sulmona25 307L'Aquila58,33 km²Roseto degli Abruzzi23 831Téramo 52 km²

Notas

Categoría:Rexións de Italia