Felipe Vallese, nado na Arxentina en 1940 e finado en 1962, foi un obreiro da metalurxia e dirixente da Juventud Peronista (JP), secuestrado o 23 de agosto de 1962, durante o goberno de facto de José María Guido e logo desaparecido. É considerado o primeiro desaparecido da historia arxentina contemporánea.

Secuestro No momento do seu secuestro, Vallese tiña 22 anos e era delegado da fábrica TEA. Diversas testemuñas manifestan que foi conducido á comisaría 1° de San Martín, e que alí foi torturado, probablemente ata a súa morte. O seu corpo nunca apareceu. O feito provocou unha importante conmoción social e a súa aparición con vida pasou a formar das reivindicacións de diversas organizacións. Fíxose popular o canto:

Homenaxe Na actualidade a rúa antigamente chamada Canalejas de Buenos Aires, onde foi secuestrado, leva o seu nome, ao igual que o salón de actos da CGT e diversas agrupacións obreiras, estudantís e sociais.

Literatura O escritor arxentino Paco Urondo relata o caso na súa novela “Los pasos previos”.

Véxase tamén Outros artigos Avoas de Praza de Maio CONADEP Desaparecidos pola ditadura arxentina Desaparición forzada Detido desaparecido Guerra sucia na Arxentina Nais de Praza de Maio

Categoría:Historia da Arxentina Categoría:Desaparición forzada de persoas Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 1962