Kobe Bean Bryant, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 23 de agosto de 1978 e finado en California o 26 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante toda a súa carreira para Los Angeles Lakers na National Basketball Association (NBA). Bryant gozou dunha exitosa carreira no baloncesto de instituto, polo que decidiu tentar ingresar na NBA despois de graduarse. Foi seleccionado no posto número trece no Draft da NBA de 1996 polos Charlotte Hornets, e logo traspasado aos Lakers dos Ánxeles. Bryant e o entón compañeiro de equipo Shaquille O'Neal lideraron os Lakers para conseguir tres campionatos consecutivos da NBA, dende 2000 até 2002. Despois da saída de O'Neal ao final da tempada 2003-04, Bryant converteuse na pedra angular da franquía californiana. Bryant foi o máximo anotador da liga en 2005-06 e 2006-07, conseguindo en 2006 81 puntos nun só encontro contra os Toronto Raptors, o segundo maior número de puntos anotados nun só xogo na historia da NBA despois dos 100 puntos de Wilt Chamberlain.

Bryant foi galardoado co trofeo ao Xogador máis Valioso da tempada regular da NBA (MVP) en 2008, levando o seu equipo ás Finais da NBA como o primeiro clasificado da Conferencia Oeste, aínda que o perdeu finalmente contra os Boston Celtics. Con todo, o ano seguinte gañou o seu cuarto campionato da NBA, co que conseguiu o que sería o décimo quinto título dos Lakers, e gañou tamén o seu primeiro premio MVP das Finais. En 2008, logrou tamén a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín de 2008 como membro do equipo de baloncesto masculino dos Estados Unidos, e repetiu galardón en 2012. Dende o seu segundo ano na liga, Bryant participou en tódolos NBA All-Star Game e gañou o premio de MVP do mesmo en 2002, 2007 e 2009. En 2009, a camiseta de Bryant foi a máis vendida nos Estados Unidos, Europa e a China. Aínda que se lle coñeceu por varios nomes durante toda a súa carreira, o seu alcume era "Black Mamba". Despois de ser representado por Arn Tellem, Bryant foi logo representado por Rob Pelinka. En 2010, Bryant converteuse no máximo anotador de todos os tempos da historia dos Lakers.

Traxectoria Bryant naceu en Filadelfia, Pensilvania, e era o fillo pequeno de Joe, un xogador de baloncesto profesional, e Pam Bryant. Tivo ademais dúas irmás máis vellas: Shaya e Sharia. Cando Bryant tiña seis anos, o seu pai abandonou a NBA e mudouse coa súa familia a Italia, onde xogaría ao baloncesto profesionalmente. O pequeno Bryant aclimatouse ao estilo de vida alí e desenvolveu un fluído italiano. Xa de pequeno, aprendeu a xogar ao fútbol e o seu equipo favorito foi o AC Milan. O propio baloncestista chegou a dicir que se non marchara de Italia agora sería xogador de fútbol.

En 1991, Bryant regresou aos Estados Unidos, onde asistiu ao Instituto Lower Merion de Filadelfia. Alí gañou recoñecemento nacional debido á súa espectacular carreira. Bryant foi o máximo anotador da historia do instituto con 2.883 puntos, e superou a marca de Wilt Chamberlain (2.359 puntos) e de Carlin Warley (2.441 puntos). No seu ano sénior foi galardoado por USA Today e Parade Magazine co premio Naismith Prep Player of the Year Award e foi incluído no McDonald's All-America Team. Esa tempada, as súas medias foron de 30,8 puntos, 12 rebotes, 6,5 asistencias, 4 roubos de balón e 3,8 tapóns por partido, e liderou a Lower Merion ao título estatal Class AAAA cunha marca de 31-2. Ante Marple Newtow, realizou o seu mellor partido anotador con 50 puntos. Tras brillar, Bryant decidiu dar o salto á NBA e presentarse ao Draft, aínda que se optase pola universidade, a súa elección sería a Universidade de Duke.

Carreira na NBA 1996-1999: Primeiros anos No Draft de 1996, foi seleccionado por Charlotte Hornets na 13ª posición. O por entón representante xeral dos Lakers Jerry West fora testemuña do potencial e habilidades baloncestísticas de Kobe nos campus pre-draft. Inmediatamente despois do Draft, Bryant expresou o seu desexo de non xogar cos Hornets e facelo nos Lakers. Quince días máis tarde, West traspasou ao seu pivote titular Vlade Divac aos Hornets polo mozo Bryant. Durante a súa primeira tempada non xogou moito, tendo unha media de 7,6 puntos, 1,9 rebotes, 1,3 asistencias e 15,5 minutos en 71 partidos, seis deles como titular, con todo, asinou 11,3 puntos nos últimos trece partidos da tempada regular e 12,4 puntos nos 26 partidos nos que xogou máis de 20 minutos. No All-Star Weekend foi unha das estrelas, primeiramente anotando 31 puntos no partido dos Rookies, e posteriormente gañando o concurso de mates, conseguindo 49 de 50 puntos posibles.Vídeo resumo da actuación de Bryant no Concurso de Mates de 1997 Bryant apareceu en nove encontros dos play offs dese ano, todos saíndo dende o banco e cunha media de 8,2 puntos por noite. No terceiro partido da primeira rolda ante Portland Trail Blazers anotou 22 puntos, e no tamén terceiro das Semifinais de Conferencia ante Utah Jazz achegou a 19.

Na súa segunda tempada, converteuse no xogador máis novo en disputar un NBA All-Star Game, anotando 18 puntos e 6 rebotes.Kobe Bryant - Went Pro After High School Comezou a xogar máis minutos e contar con máis importancia no equipo, aínda que aínda non se consagrou como titular nos Lakers, aínda superado por Nick Van Exel e Eddie Jones. Tivo unha media de 15,4 puntos en 79 partidos, un deles como titular, polo que foi un dos aspirantes para gañar o premio ao Mellor Sexto Home. Os Lakers realizaron unha tempada espectacular, conseguindo unha marca de 61-21 e gañando o título da División Pacífico, aínda que caendo nas Finais de Conferencia ante Utah Jazz. A tempada 1998-99 foi a da súa explosión na liga, cunha media de 19,9 puntos, a quinceava máis alta da NBA ese ano. Liderou aos Lakers en roubos de balón con 1,44 por partido e foi seleccionado no terceiro mellor quinteto da liga. Con todo, os anxelinos non chegaron máis aló das Semifinais de Conferencia.

2000-2002: Chegan os campionatos Coa chegada de Phil Jackson ao banco californiano, a fortuna de Bryant cambiou por completo e converteuse nun dos mellores escoltas da liga, aparecendo no segundo mellor quinteto da liga, no mellor defensivo e no NBA All-Star Game como titular. Do 10 ao 16 de abril foi nomeado mellor xogador da semana tras ter unha media de 29,7 puntos, 7 asistencias e 6 rebotes por partido. Na tempada, en total tivo unha media de 22,5 puntos, 6,3 rebotes e 4,9 asistencias en 66 encontros. Formando un tándem imparable con Shaquille O'Neal, os Lakers arrasaron en tempada regular, asinando unha marca de 67-15 e chegando en play offs até as Finais da NBA tras eliminar a Sacramento Kings, Phoenix Suns e Portland Trail Blazers. Ante os Blazers, a eliminatoria chegou até o sétimo e decisivo partido, onde os Lakers chegaron a ir perdendo por máis de 20 puntos, mais deron a volta ao marcador de xeito espectacular no último cuarto. Posteriormente, enfrontáronse aos Indiana Pacers de Reggie Miller, gañando a serie por 4-2 e conseguindo o primeiro campionato dende 1988, primeiro na conta particular de Bryant e iniciando, con iso, unha dinastía. O'Neal foi nomeado MVP das Finais.

dereita|200px|miniatura|Bryant nun acto de promoción. A seguinte tempada foi semellante, aínda que sen mostrar a mesma superioridade ante o resto en tempada regular, conseguiron un balance de 56-26. Con todo, en play offs o equipo non tivo piedade ante os seus rivais, varrendo por 4-0 a Portland, Sacramento e San Antonio Spurs antes de verse as caras con Allen Iverson e os seus Philadelphia 76ers nas Finais. Xa nelas, perderon o primeiro partido da serie, e o primeiro en play offs, para posteriormente vencer nos catro seguintes e alzarse por segundo ano consecutivo co anel. Bryant tivo unha media de 28,5 puntos por noite en tempada regular, aumentando os seus números en play offs até os 29,4. Ademais, foi nomeado mellor xogador do mes de decembro na Conferencia Oeste tras asinar 32,3 puntos, 4,8 rebotes e 4,9 asistencias en dezaseis partidos.

Na seguinte campaña, Bryant volveu alzarse entre os máximos anotadores da liga, cunha media de 25,2 puntos xunto con 5,5 asistencias e 5,5 rebotes en 38,3 minutos por partido. Foi incluído por primeira vez na súa carreira no mellor quinteto da liga e gañou o seu primeiro MVP do All-Star Game, anotando 31 puntos, 5 rebotes e 5 asistencias, e liderando ao Oeste á vitoria na súa cidade natal, Filadelfia. Ademais, completou unha das súas mellores noites na NBA o 14 de xaneiro de 2002 ante Memphis Grizzlies, conseguindo 56 puntos, 36 deles na primeira parte. En play offs, os Lakers accederon sen problemas até as Finais de Conferencia, onde lles esperaban uns Sacramento Kings en plena forma. Tras dominar a maior parte da eliminatoria, os Kings chegaron aos últimos instantes do quinto encontro por diante no marcador, con todo a favor para clasificarse ás Finais da NBA. Con todo, tras un lanzamento, Vlade Divac despexou o balón no canto de rebotealo e Robert Horry anotou unha tripla no último segundo que lles deu o partido, e por tanto, as esperanzas. Os Lakers venceron nos dous seguintes xogos e metéronse por terceiro ano consecutivo nas Finais. Nelas, uns inexpertos New Jersey Nets, liderados polo base Jason Kidd, foron un fácil rival para os anxelinos, que tras catro partidos alzáronse cun novo anel, terceiro para Bryant.

2003-2004: Fin da dinastía Na tempada 2002-03, Bryant tivo unha media de 30 puntos por partido, alcanzando ademais unha cifra histórica ao anotar 40 ou máis puntos en nove partidos consecutivos. Ademais, tivo unha media de 6,9 rebotes, 5,9 asistencias e 2,2 roubos de balón, e por primeira vez na súa carreira foi elixido nos mellores quintetos tanto da liga como defensivo. Tras finalizar os Lakers cunha marca de 50-32, eliminaron en primeira rolda de play offs a Minnesota Timberwolves por 4-2 para posteriormente caer ante San Antonio Spurs en Semifinais de Conferencia. dereita|190px|miniatura|Kobe lanza ante Caron Butler. Pero o peor estaría por chegar; na seguinte tempada os Lakers ficharon a Karl Malone e a Gary Payton, quen reduciron considerablemente os seus salarios para incorporarse ao equipo. Con catro futuros Hall of Fame no quinteto titular, os californianos eran claramente os favoritos ao título. Nunha tempada con problemas de lesións das estrelas, os Lakers asinaron un 56-26, con Bryant con 24 puntos, 5,5 rebotes e 5,1 asistencias por noite. En play offs, eliminaron sen problemas en primeira rolda a Houston Rockets, atopándose aos vixentes campións os Spurs na seguinte rolda. No quinto partido, un tiro de Derek Fisher na bucina para gañar o encontro salvou a eliminatoria e os Lakers, tras bater aos Timberwolves nas Finais de Conferencia, entraron ás Finais da NBA. Nelas, chegou o fracaso e con el, o final da dinastía anxelina. O seu rival, Detroit Pistons, gañou facilmente as Finais por 4-1, anulando en todo momento ás estrelas dos Lakers coa súa férrea e dura defensa. Bryant, cun triplo na bucina no segundo partido, enviou o partido á prórroga para a posteriori gañar o único partido.Top 10 Plays: NBA Finals 2004

2004-2007: Anos post-O'Neal miniatura|190px|Kobe realizando un mate nun partido ante Golden State Warriors.