O 18 de setembro é o 261º día do ano do calendario gregoriano e o 262º nos anos bisestos. Quedan 104 días para finalizar o ano.

Acontecementos 4 - Tiberio é confirmado como o emperador polo Senado. 96 - asasinato do emperador romano Domiciano, acaba con el a dinastía Flavia. É proclamado novo emperador Nerva quen dá comezo a dinastía Antonina. 795 - Batalla das Babias, entre o Reino de Asturias e o Emirato de Córdoba. 1502 - Cristovo Colón, na súa cuarta viaxe a América, chega a Puerto Limón, Costa Rica. 1810 - Instálase en Chile a Primeira Xunta Nacional de Goberno, primeiro paso para a independencia 1910 - Colócase a primeira pedra do monumento da Virxe da Rocha de Baiona. 1931 - Xapón comeza a invadir a Manchuria, ó norte da China 1989 - Richard J. Terrile e o equipo de imaxes da sonda espacial Voyager 2, descobren a lúa do planeta Neptuno, Talasa, a partir de imaxes tomadas pola propia sonda; a data do descubrimento é unha especie de media, xa que no anuncio do descubrimento (feito o 29 de setembro do 1989) só se fala de "25 fotogramas tomados en 11 días", resultando así que a data inicial do descubrimento fora algún outro día antes do 18 de setembro. 2014 - Ten lugar en Escocia un referendo pola independencia. O resultado foi a favor 45% en contra 55%.

Nacementos miniatura|100px|Busto de Traxano miniatura|100px|Lionor de Portugal miniatura|100px|Greta Garbo 53 - Marco Ulpio Traxano, emperador romano 98-117 (m. 117). 1434 - Lionor de Portugal, infanta portuguesa, raíña consorte de Alemaña (m. 1467). 1750 - Tomás de Iriarte, poeta español (m. 1791). 1765 - Gregorio XVI, papa da Igrexa católica 1831-1846 (m. 1846). 1819 - Jean Bernard Léon Foucault, físico e astrónomo francés (m. 1868). 1893 - Frederic Marès i Deulovol, escultor español (m. 1991). 1895 - Xosé Mosquera Pérez, mestre galeguista (m. 1965). 1899 - José Luis Bugallal Marchesi, xornalista e escritor galego (m. 1989). 1905 - Greta Garbo (Greta Lovissa Gustafson), actriz estadounidense de orixe sueca (m. 1990). 1907 - Edwin Mattison McMillan, químico estadounidense, Premio Nobel de Química en 1951 (m. 1991). 1908 - Viktor Amazaspovich Ambartsumian, astrónomo armenio (m. 1996). 1918 - Francisco Pillado Rivadulla, xornalista galego. 1932 - Henri Meschonnic, poeta, tradutor, lingüista e teórico francés (m. 2009). 1939 - Jorge Sampaio, político portugués, presidente de Portugal 1996-2006. 1941 - Michael Hartnett, poeta irlandés (m. 1999). 1946 - Rocío Jurado (María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado), cantante española (m. 2006). 1948 - Luís Emilio Batallán González, médico, músico e cantante galego. 1954 - Einar Már Guðmundsson, escritor islandés. 1956 - Ofelia Rey Castelao, escritora, historiadora e catedrática galega. 1957 - Xosé Manuel Barreiro Fernández, político galego. 1961 - Iñigo Urkullu Rentería, profesor e político vasco, presidente da Comunidade Autónoma Vasca dende 2012. 1968 - Toni Kukoč, baloncestista croata. 1971 - Lance Armstrong, ciclista estadounidense . 1973 - Mark Shuttleworth, informático e empresario surafricano. 1978 - Pilar López de Ayala, actriz española. 1979 - Daniel Aranzubia Aguado, futbolista español .

Mortes miniatura|100px|León Felipe miniatura|100px|Jimi Hendrix 96 - Titus Flavius Domitianus, Domiciano, emperador romano 81-96 (n. 51). 1598 - Toyotomi Hideyoshi, soberano feudal xaponés (n. 1537). 1783 - Leonhard Paul Euler, matemático e físico suízo (n. 1707). 1872 - Carlos XV, rei de Suecia e Noruega 1859-1872 (n. 1826). 1903 - Alexander Bain, psicólogo e filósofo británico (n. 1818). 1905 - George MacDonald, escritor británico (n. 1824). 1908 - Emilia Calé Torres Sanjurjo, poetisa, dramaturga e xornalista galega (n. 1837). 1964 - Sean O'Casey, escritor e dramaturgo irlandés (n. 1880). 1967 - Uxío Carré Alvarellos, escritor e académico galego (n. 1885). 1967 - John Douglas Cockcroft, físico británico, Premio Nobel de Física en 1951 (n. 1897). 1968 - León Felipe, (Felipe Camino Galicia de la Rosa), poeta español (n. 1884). 1970 - Jimi Hendrix, músico e guitarrista estadounidense (n. 1942). 1970 - José Pedro Cea, futbolista galego, campión olímpico con Uruguai (n. 1900). 2004 - Russ Meyer, cineasta e fotógrafo estadounidense (n. 1922). 2012 - Santiago José Carrillo Solares, político español (n. 1915).

Festas e celebracións Día Mundial da Ética Médica, en conmemoración da fundación, en 1947 da Asociación Médica MundialJavier Martínez Pérez-Medaña: "En el Día Anual de la Ética Médica", en La Voz de Galicia, 18.09.2017.. Día da Independencia de Chile.

Outros Santoral: San Xosé de Cupertino e Santa Ricarda de Suabia.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro