miniatura|300px|Han-gul O han-geul (tamén hangul ou han'gŭl, e previamente han-kul; 한글) é o alfabeto nativo coreano (en contraste cos hanja (漢字), ou caracteres chineses). Cada bloque silábico hangul consta dalgunhas das 24 letras (jamo): 14 consoantes e 10 vogais. Historicamente, tiña 3 consoantes e unha vogal máis.
Estes bloques silábicos poden ser escritos tanto horizontalmente de esquerda a dereita como verticalmente de riba a baixo, as columnas de dereita a esquerda.
Aínda que esta escrita lles poida parecer ideográfica a algúns occidentais, realmente é fonética.
Historia O rei Sejong o Grande creou un novo alfabeto, denominado Hankul ou Hangul.
Debido á facilidade coa que se aprendía este alfabeto, algúns letrados contemporáneos a Sejong denominárono amkul que significa Letra de mulleres.
Estrutura da escritura en Hangul As palabras do Hangul están compostas por bloques silábicos, e estes á súa vez en tres partes: un son inicial, un son medio e polo xeral un son final.
Debemos debuxar un cadro imaxinario onde vamos a formar a sílaba e situar a primeira vogal ou consoante na parte superior esquerda deste. Se a vogal que lle segue á primeira letra é horizontal, sitúase baixo desta; se é vertical, á dereita. O son final (ou última letra da sílaba) debe ir baixo, sempre e cando sexa consoante.
Por Exemplo: Amor en coreano dise: Sa-rang = 사랑
O primeiro que debemos facer é identificar as sílabas. Despois, situamos a primeira letra da primeira sílaba (ㅅ) na parte superior esquerda. Logo situamos a vogal (ㅏ). Como esta é vertical, colocámola á dereita da primeira consoante; a nosa sílaba quedaría así: 사 (sa).
O paso a seguir é construír a segunda sílaba. Situamos a primeira letra (ㄹ) na parte superior esquerda do cadro imaxinario. Entón procedemos a colocar a vogal (ㅏ) á dereita da primeira letra. E situamos a última consoante (ㅇ) baixo (recordemos que nunha sílaba a última letra, se é consoante, sitúase baixo). A sílaba quedaría así: 랑.
Unimos as sílabas, e a nosa palabra está lista: 사 (sa)+랑 (rang) = 사랑 (sa-rang).
Outro exemplo:
En Corea, ao oso asignáronlle o seguinte carácter: 곰 (Kom)
Para formar esta sílaba, sitúase a consoante ㄱ (k) na parte superior esquerda, despois sitúase a vogal ㅗ (ou) baixo da consoante, xa que esta última é unha vogal horizontal. E por último colócase a consoante ㅁ (m) na parte inferior.
ㄱ (k) +ㅗ (ou) + ㅁ (m) = 곰 (kom).
Desta maneira pódense escribir todas as palabras coreanas e non coreanas.
Nomes oficiais
O nome moderno Hangeul é un termo acuñado por Xu Sigyeong en 1912, que significa “gran escritura” en coreano arcaico e “escritura coreana” no moderno. Non pode ser escrito en hanja, aínda que a sílaba Han pódese escribir 韓 co significado de “Coreano”. Pronúnciase /hanɡɯl/ (IPA), e pode ser romanizado dos seguintes xeitos:
Han-geul na Romanización Revisada da lingua coreana. O goberno surcoreano usa este sistema en todas as súas publicacións oficiais en inglés e fomenta o seu uso. Moitas publicacións recentes adoptaron este sistema. Han’gŭl en McCune-Reischauer. Hankul na Romanización Yale. O seu nome orixinal foi 훈민정음 (Hunmin Jeong-um) Os norcoreanos prefiren chamalo Chosŏn'gŭl (조선글) debido aos diferentes nomes de Corea.
Nomes coloquiais
Jeongeum, abreviación do oficial Hunmin Jeongeum. Urigeul (우리글 "a nosa escritura") é usada en ambas as repúblicas coreanas, mais non por non coreanos. O Han-geul foi ocasionalmente denigrado por aqueles que preferiron o tradicional Hanja (漢字) ata principios do século XX: Eonmun (언문 諺文 "escritura vernácula"). Amgeul (암글 "escritura feminina"): 암 é un prefixo que indica feminidade. A muller foi considerada inferior ao home na Corea tradicional. Ahaegeul (아해글 "escritura de nenos")
Jamo
Jamo (자모; 字母) son as letras que conforman o alfabeto han-geul. O nome “jamo” provén de ja-eum (“vogal”; 자음; 母音; literalmente, son nai) e mo-eum (“consoante”; 모음; 子音 ou son fillo, literalmente).
Son 51 e componse de:
21 vogais. 10 vogais simples (om). 11 ditongos. 30 consoantes. 14 consoantes simples. 5 consoantes dobres. 11 consoantes complexas.
ㄱㄴㄷㄹㅁㅂㅅ k, gnt, dl, rmp, bs ㅇㅈㅊㅋㅌㅍㅎ **(mudo)/ngch, jchktph ㅏㅑㅓㅕㅗㅛㅜㅠㅡayaeoyeooueuouyueuㅐㅒㅔㅖ aeyaeeye leo
+Hangul Jamo 한글 자모Letras simplesConsoantesVogaisJamoNomeRomanizaciónPron.APIJamoNomeRom.Pron.APIㄱ기역 (giyeok)g / kgu / k[k-]/[-k̚]ㅏ아 (a)aa[-a-]ㄴ니은 (nieun)nn[n-]/[-n]ㅑ야 (ya)yaya[-ja-]ㄷ디귿 (digeut)d / td / t[d-]/[-t̚]ㅓ어 (eo)eoo (o aberto)[-ʌ-]ㄹ리을 (rieul)r diante de vogal, l diante de consoante ou final de palabra.r/l[ɾ-]/[-ʎ]ㅕ여 (yeo)yeoyo (o aberto)[-jʌ-]ㅁ미음 (mieum)mm[m-]/[-m]ㅗ오 (o)oô[-o-]ㅂ비읍 (bieup)b / pb/p[b-]/[-p̚]ㅛ요 (yo)yoyô[-jo-]ㅅ시읏 (siut)s / ts/t[s-]/[-t̚]ㅜ우 (u)uou[-u-]ㅇ이응 (ieung)ngng[-ŋ]ㅠ유 (yu)yuyou[-ju-]ㅈ지읒 (jieut)j / tdj/t[tɕ-]/[-t̚]ㅡ으 (eu)eueu[-ɯ-]ㅊ치읓 (chieut)ch / ttch/t[tɕʰ-]/[-t̚]ㅣ이 (i)ii[-i-]ㅋ키읔 (kieuk)kkh[kʰ-]/[-k̚]ㅌ티읕 (tieut)tth[tʰ-]/[-t̚]ㅍ피읖 (pieup)pph[pʰ-]/[-p̚]ㅎ히읗 (hieut)h / th / t[x-]/[-t̚]Letras compostasConsoantes dobresVogais compostasJamoNomeRomanizaciónPron.APIJamoNomeRom.Pron.APIㄲ쌍기역 (ssanggiyeok)kkk appuyé[kʼ-]/[-k̚]ㅐ애 (ae)aeè[-ɛ-]ㄸ쌍디귿 (ssangdigeut)ttt appuyé[tʼ-]/[-t̚]ㅒ얘 (yae)yaeyè[-jɛ-]ㅃ쌍비읍 (ssangbieup)ppp appuyé[pʼ-]/[-p̚]ㅔ에 (e)eé[-e-]ㅆ쌍시옷 (ssangsiot)sss appuyé[sʼ-]/[-t̚]ㅖ예 (ye)yeyé[-je-]ㅉ쌍지읒 (ssangjieut)jjtch appuyé[tɕʼ-]/[-t̚]ㅘ와 (wa)wawa[-wa-]Grupos consonánticosㅙ왜 (wae)waewè[-wɛ-]JamoNomeRomanizaciónPron.APIㅚ외 (oe)oewi[-wi-]ㄳ기역 시옷 (giyeok siot)ksx[-k̚]/[-ks-]ㅝ워 (weo)weowo (o aberto)[-wʌ-]ㄵ니은 지읒 (nieun jieut)njndj[-n]/[-ntɕ-]ㅞ웨 (we)wewé[-we-]ㄶ니은 히읗 (nieun hieut)nhnh[-n]/[-nx-]ㅟ위 (wi)wiwi[-wi-]ㄺ리을 기억 (rieul giyeok)lglg[-ʎ]/[-ʎg-]ㅢ의 (ui)euieuil[-ɰi-]ㄻ리을 미음 (rieul mieum)lmlm[-ʎ]/[-ʎm-]ㄼ리을 비읍 (rieul bieup)lblb[-ʎ]/[-ʎb-]ㄽ리을 시옷 (rieul siot)lsls[-ʎ]/[-ʎs-]ㄾ리을 티읕 (rieul tieut)ltlt[-ʎ]/[-ʎtʰ-]ㄿ리을 피읖 (rieul pieup)lplph[-ʎ]/[-ʎpʰ-]ㅀ리을 히읗 (rieul hieut)lhlh[-ʎ]/[-ʎx-]ㅄ비읍 시옷 (bieup siot)bsps[-p̚]/[-ps-]
Cada consoante en han-geul corresponde a un só fonema na lingua coreana. Porén, estas poden variar de pronunciación a ouvidos estranxeiros. A primeira consoante indica a pronunciación que se escoita ao comezo da palabra, e a segunda, cando non sexa así.
Por exemplo, no caso da palabra 비비다, que significa esfregar, escóitase como pibida. Recorde que os coreanos recoñecen un só fonema ㅂ(bieup) nas dúas sílabas, e non lles son distintas, como adoitamos pensar. De forma análoga, en galego pode pórse un exemplo con palabras como "dedo". O primeiro D corresponde a unha consoante dental oclusiva sonora, e o segundo D a unha dental fricativa sonora. Para un galegofalante, a letra D ten sempre a mesma pronuncia aínda que a fagamos de diferente forma sen sequera darnos conta diso.
A letra ㅇ(ieung) é un caso particular. Esta letra representa unha consoante muda ao comezo dunha palabra, mais tamén o fonema 'ng' cando se usa como batchim. A razón é simple: A letra que orixinalmente representaba o fonema 'ng', chamado yet-ieung, chegou a se fundir nun só co ieung co pasar do tempo.
Teclado miniatura|Dubeolsik Phonetic É posible escribir hangul foneticamente, como nun teclado QWERTY, usando o teclado fonético Dubeolsik Phonetic. En Android, pódese instalar con teclados como Heliboard, Florisboard ou FUTO.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Exercicios para aprender o alfabeto coreano Alfabeto coreano e pronuncioación de Omniglot Titorial en liña de Hangul en Langintro.com Táboa de Hangul
Categoría:Alfabetos