Nantes (Naoned en bretón e Naunnt ou Nàntt en galó), é unha cidade francesa, capital do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión do País do Loira. É a sexta maior cidade de Francia, e está situada no sueste da Bretaña.

É a capital da rexión administrativa de Pays-de-Loire, pero historicamente pertence á Bretaña, da que foi capital e residencia dos duques da Bretaña.

Xeografía miniatura|Imaxe de satélite de Nantes. Nantes está situada na entrada do estuario do río Loira, a 55 km do océano Atlántico. É a capital administrativa da rexión de Pays de la Loire e prefectura do departamento de Loire-Atlantique. En Nantes conflúen co Loira dous afluentes deste, o Erdre e a Sèvre. O concello de Nantes dispón de 1.100 hectáreas de espazos verdes e xardíns públicos.

En 2013 foi a Capital Verde Europea (European Green Capital).

Cultura Patrimonio Castelo dos duques da Bretaña miniatura|Castelo dos duques da Bretaña Clasificado monumento histórico dende 1840. Aínda conserva varios edificios construídos nos séculos XIV a XVIII.

Foi residencia dos duques da Bretaña até a duquesa Ana da Bretaña. O castelo pasou á coroa de Francia en 1532 ao quedar unida Bretaña a Francia.

Catedral A Catedral de San Pedro e San Pablo, comezada en 1434, de estilo gótico tardío. Ten unha cripta románica do século XI. Illa Feydeau Edificios do século XVIII. Teatro Graslin De finais do século XVIII. Pasaxe Pommeraye Unha galería comercial inaugurada en 1843.

Educación Audencia Business School e-artsup École pour l'informatique et les nouvelles technologies ISEG Marketing & Communication School ISEFAC Bachelor

Cidades irmandadas Cardiff (1964) (Land de Sarre), Sarrebrük (1965) Tbilissi (1979) Cochabamba (1999) Niigata (2009) Recife (2003) Durban (2004) Jacksonville, |Florida (1985) Seattle, Washington, D.C. (1980) Agadir (1993) Rufisque (1992) Qingdao (2005) Dschang (2002)

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Site oficial da comunidade urbana de Nantes Tourism Nantes