Luís Rei Núñez, nado na Coruña o 12 de setembro de 1958, é un escritor, xornalista e político galego. É o actual presidente do Ateneo de Pontevedra.
Traxectoria Desde a súa estrea literaria, en 1982 con Para matar ao tempo, mantense fiel ao xénero poético, con obras como Arca dos faiados (1985), A rolda invisible (1988) e A casa da brétema (1994), reunidas logo nun único tomo: A rolda invisible (2000).
Foi Xefe da sección de Cultura da TVG. Nas eleccións municipais de 2015 foi o cabeza de lista por Marea Pontevedra, e foi elixido concelleiro.
Obra Narrativa A rota dos adeuses (1989). Vía Láctea. 176 páxs. ISBN 978-84-86531-49-2. Imán Fisterra: Cadernos da Costa da Morte (1995). Ir Indo Edicións. ISBN 9788476802113. Expediente Artieda (2000). Xerais. Foi traducida ao castelán. O corvo de chapapote (2003). A Nosa Terra. 113 páxs. ISBN 84-95350-72-6. A estrela dos polisóns (2003). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-9782-039-4. Toda a vida (2005). Xerais. 384 páxs. ISBN 978-84-9782-375-3. O señor Lugrís e a negra sombra (2007). Xerais. ISBN 978-8497826419. Publicada en castelán El señor Lugrís y la negra sombra (2007). Ediciones del Viento. Monte Louro (2009). Xerais. 688 páxs. ISBN 978-84-9782-557-3. ePub: ISBN 978-84-9121-164-8. Cita en Fisterra (2011). Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9914-311-8. Foi traducida ao castelán. Días que non foron (2013). Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-529-7. ePub: ISBN 978-84-9914-552-5. O encargo do señor Castelao (2016). Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-9121-054-2. ePub: ISBN 978-84-9121-063-4. Matarán a Reboiras (2022). Xerais. 480 páxs. ISBN 978-84-1110-076-2. ePub: ISBN 978-84-1110-081-6. Elas dúas (2026). Vigo: Galaxia. 316 páxs. ISBN 978-84-1176-590-9.
Poesía miniatura|Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra de MA.PO. Para matar o tempo (1982). Trieste, Madrid. Arca dos faiados (1985). Ediciós do Castro. A casa na brétema (1994). Espiral Maior. ISBN 978-8488137418. Edición de 2014. A rolda invisible (2000). Tambo. 193 páxs. Alma mareira (2003). Deputación de Pontevedra. ISBN 9788484571452. Estrela do norte (2014). Kalandraka. 120 páxs. ISBN 978-84-15250-70-8. As sílabas do mundo (2021). Kalandraka. 136 páxs. ISBN 978-84-16721-26-9.
Ensaio
A travesía dun século. Biografía de Rafael Dieste (1987). Ediciós do Castro. Nova edición en 1994. Poetas Andantes Navegantes (1995). Ediciós do Castro. ISBN 978-8474927665. Rafael Dieste. Narrador, poeta, dramaturgo, pensador e sabio. Home libre e comprometido coa verdade (1995). Ir Indo. ISBN 9788476801697. Vari Caramés: a mirada húmida (1998). USC / Centro Galego de Artes da Imaxe. Muros (2002). Rafael Dieste. O libre pensamento (2019). Xerais. 392 páxs. ISBN 978-84-9121-484-7. ePub: ISBN 978-84-9121-495-3.
Literatura infanto-xuvenil Colección de bolboretas (1993, Sotelo Blanco).
Traducións De tanto ollar, de Eugénio de Andrade (1992, Vía Láctea).
Entrevistas Oficio de escribir (1990, Ediciós do Castro).Os doce escritores entrevistados foron: Valentín Paz-Andrade, Ánxel Fole, Xosé Filgueira Valverde, Ricardo Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Moreiras, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Carlos Casares, Alfredo Conde, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Neira Vilas.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). Materia prima (2002, Xerais). Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega). Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais). Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior). Tamén navegar (2011, Toxosoutos). Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011, A Nave das Ideas). Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos). Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015).
Premios Premio Xerais no 2000, por Expediente Artieda. Premio da Crítica de narrativa galega no 2007, por O señor Lugrís e a negra sombra. Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego no 2008, por O señor Lugrís e a negra sombra. Premio Blanco Amor no 2009, por Monte Louro. Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano no 2009, por Monte Louro. Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de poesía ou teatro de 2014, por Estrela do Norte. 2025: II Premio Álvaro Cunqueiro de novela por Elas dúas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Pilar García Rego na TVG. 14/11/2016. Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia por candidaturas locais Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1958