O 18 de febreiro é o 49º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 316 días para finalizar o ano, 317 nos anos bisestos.

Acontecementos 1701 - Filipe de Anjou chega a Madrid e ten unha grande acollida por parte do pobo, que quere coroalo rei de España. 1930 - Plutón foi descuberto por Clyde Tombaugh dende o observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, Estados Unidos. 2004 - O ciclo de cantautores 'Con voz propia' (Pontevedra) con motivo do Ano da Música, chegou a súa fin cun concerto de Mariza. 2004 - ETA anuncia unha tregua indefinida en Cataluña.

Nacementos miniatura|150px|Toni Morrison. miniatura|150px|Cybill Shepherd. miniatura|150px|John Travolta. miniatura|150px|Molly Ringwald. 1626 - Francesco Redi, médico, naturalista e escritor toscano (m. 1697). 1745 - Alessandro Volta, físico italiano. 1836 - Ramakrishna, místico indio (m. 1886). 1838 - Ernst Mach, físico e filósofo austríaco. 1860 - Anders Zorn, pintor e escultor sueco. 1879 - Antonio Rey Soto, sacerdote e escritor galego (m. 1966). 1887 - Joan Peiró, político anarquista catalán (m. 1942). 1888 - Manuel Capón Fernández, sacerdote e escritor galego. 1906 - Hans Asperger, pediatra e psiquiatra austríaco (m. 1980). 1909 - José Peinado Altable, psicólogo e pedagogo español. 1924 - Lêdo Ivo, escritor brasileiro. 1931 - Toni Morrison, escritora estadounidense. 1933 - Yoko Ono, muller de John Lennon. 1942 - Antón Santamarina, lingüista galego. 1946 - Carlos Almuíña, arquitecto galego. 1947 - José Luis Cuerda, director de cine español. 1950 - Cybill Shepherd, actriz estadounidense. 1954 - John Travolta, actor estadounidense. 1957 - Vanna White, actriz e modelo estadounidense. 1967 - Roberto Baggio, futbolista italiano. 1968 - Molly Ringwald, actriz estadounidense. 1973 - Claude Makélélé, futbolista congolés.

Mortes miniatura|100px|Michelangelo. 1405 - Tamerlán, conquistador mongol uzbeko. 1546 - Martiño Lutero, teólogo alemán. 1564 - Michelangelo, pintor, escultor e arquitecto italiano. 1910 - Andrés Landín, xornalista e político galego. 1949 - Niceto Alcalá-Zamora, político español. 1949 - Herman Eriksson, político sueco (n. 1892). 1952 - Enrique Jardiel Poncela, literato español. 1956 - Gustave Charpentier, compositor francés. 1967 - Robert Oppenheimer, físico estadounidense. 1968 - José Bellver, xuíz e fotógrafo galego (n. 1896). 1972 - Joaquín Freire de Andrade, membro da Real Academia Galega desde 1956. 1974 - Manuel A. Odría, presidente do Perú (1948-1956). 1999 - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (n. 1909). 2008 - Alain Robbe-Grillet, escritor e cineasta francés (n. 1922). 2017 - Carlos Abraira Cela, médico e galeguista da Arxentina (n. 1936).

Festas e celebracións Día Internacional da Síndrome de Asperger

Outros

Varios

Os 366 días do ano

Categoría:Febreiro