miniatura|400px|Mapa cos estados federais. Unha federación (do latín fœdus, "pacto") é un estado conformado pola reunión de varias entidades territoriais. Tamén adoita denominarse estado federal, xeralmente ten un sistema político republicano, constituíndo unha república federal, e excepcionalmente monárquico.

As federacións están compostas por divisións territoriais que se autogobernan, denominadas xeralmente estados, cantóns, rexións, provincias ou mesmo doutro modo. Estas divisións gozan dun maior ou menor grao de autonomía pero , en calquera caso, teñen facultades de goberno ou lexislación sobre determinadas materias, distintas das que corresponden á administración federal (goberno da federación). O status de autogoberno das rexións que o compoñen está establecido pola súa constitución e, normalmente, non pode alterarse unilateralmente por decisión do goberno da federación.

O modelo federal pode chegar incluso ao dereito de autodeterminación dos territorios federados, como ocorreu durante o desmembramento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O termo contraponse ao de estado unitario ou centralizado.

As federacións poden ser multiétnicas ou estenderse por amplos territorios, aínda que non necesariamente ten por que darse algunha destas situacións. Con frecuencia as federacións constitúense sobre un acordo orixinal entre estados soberanos. Os estados que forman a federación non acostuman ter dereito a separarse unilateralmente da mesma. Entre as federacións máis significativas contemporáneas están os EUA, México, Arxentina, o Brasil, a India, Rusia, Alemaña ou Venezuela.

A organización política ou estrutura constitucional que caracteriza unha federación coñécese como federalismo.

Federacións e outras formas de estado miniatura|dereita|Mapa dos Estados Unidos de América amosando os 50 estados que o compoñen. miniatura|dereita|Mapa dos Estados Unidos Mexicanos (México) amosando os 31 estados que o compoñen e o Distrito Federal. As partes que compoñen unha federación coñécense xeralmente co nome de "estados", polo que para diferencialos dos "estados nacionais" adoitan ser denominados "estados federados". Os mencionados estados poden considerarse dotados de certa soberanía, xa que certas competencias estanlle reservadas con exclusión do goberno federal. Porén, unha federación é algo máis que unha mera alianza de estados independentes. Os estados que forman unha federación xeralmente non teñen competencia en asuntos de política exterior, e polo tanto carecen da consideración de independentes baixo o dereito internacional.

Algúns países utilizan nomes distintos (e distintivos) para denominar as súas partes federadas: en Suíza son coñecidos como "cantóns", e no Canadá como "provincias".

As federacións acostuman exhibir unha estrutura administrativa na que dous niveis de goberno exercen as súas facultades sobre unha soa xurisdición, quedando algunhas atribucións reservadas ao goberno federal, outras aos gobernos locais, e un terceiro grupo delas que poden ser concorrentes. Poden darse excepcións, quedando algunhas partes da federación baixo control directo do goberno federal, como ocorre no caso dos 'territorios' autónomos do Canadá e Australia, co Distrito de Columbia dos Estados Unidos así como co Distrito Federal en México. Neste último caso, o goberno federal está dotado de facultades constitucionais especiais en materia de instalación e remoción dalgunhas estruturas do goberno local, o que impide que a entidade sexa un verdadeiro estado federado.

Malia o anteriormente sinalado, non é necesariamente característico dunha federación que exista unha gran rexión central (unha "metrópole") baixo o control directo do goberno federal. Seguindo co exemplo de México, a zona metropolitana da Cidade de México abarca tal extensión que nela concorren un goberno federal, dous gobernos locais, cincuenta e dous municipais e dezaseis administracións delegacionais, diminuíndo a inxerencia do goberno federal na última década fronte ao aumento do poder dos gobernos locais.

Formas de xurdimento das federacións Unha federación pode xurdir de varias maneiras, dependendo da orixe das súas partes constituíntes:

Pode nacer, e este é o caso máis frecuente, como resultado dun acordo inicial entre estados independentes que se unen para resolver problemas comúns ou dotarse dunha defensa mutua. Este foi o caso dos Estados Unidos, o Canadá, Australia e a Arxentina.

Pode xurdir dun proceso contrario, dun país orixinalmente centralista no que unha reforma constitucional ou un movemento armado logran certo grao de autonomía para distintas rexións. Este é o caso de México.

Pode ser tamén o resultado dunha confederación de estados independentes que deciden estreitar aínda máis os seus lazos. Este é o caso de Suíza, que é unha federación, malia manter a denominación de "confederación" no seu nome oficial, Confederación Helvética (véxase máis abaixo 'Confederación').

E por último, pode nacer como unha federación de federacións, aínda que este esquema funciona máis como un organismo internacional que como un estado nacional. Este é o caso da Comunidade de Estados Independentes que xurdiu ao desintegrarse a Unión Soviética.

Estados unitarios esquerda|miniatura|China constitúe un exemplo de federación sen lexislación formal. Un estado unitario é o que ten un único nivel de goberno nacional centralizado. Porén, os estados unitarios tamén poden contar cunha ou máis rexións que se autogobernen. A diferenza entre unha federación e esta clase de estado unitario é que a autonomía das rexións con autogoberno tan só é tolerada polo goberno central, que a pode reverter unilateralmente.

Mentres que unha federación adoita xurdir por acordo de estados formalmente independentes, nun estado unitario as rexións de autogoberno acostúmanse crear mediante procesos de descentralización, onde un estado previamente centralista concede autonomía a rexións que anteriormente foran totalmente subordinadas. Así as federacións adoitan constituírse de forma voluntaria "de abaixo arriba", mentres que a descentralización transfire o autogoberno ás rexións "de arriba a abaixo".

A filosofía dun estado unitario adoita soster que, á marxe da condición de calquera das súas partes integrantes, todo o seu territorio constitúe unha única entidade de soberanía ou estado-nación e que, en virtude deste feito, o goberno central exerce a dita soberanía por dereito. Por outra parte, nunha federación normalmente considérase que a soberanía en termos prácticos reside nos seus estados integrantes ou é compartida entre estes e a federación.

A distinción entre federación e estado unitario pode resultar ambigua. Un estado unitario pode ter unha aparencia próxima á dunha federación na súa estrutura e, aínda que un goberno central tivese a facultade teórica de revogar a autonomía dunha rexión de autogoberno, levar esa prerrogativa á práctica podería ser dunha extremada dificultade política.

dereita|miniatura|Comunidades autónomas de España. As rexións de autogoberno dalgúns estados unitarios acostuman desfrutar dunha maior autonomía que os estados dalgunhas federacións. Por estas razóns ás veces mantense a tese de que certos estados unitarios modernos son federacións de facto, xa que non son formalmente federais, namentres que outros os conceptualizan como estados rexionais.

Algúns suxiren que o caso de España é unha federación de facto, xa que concede certo autogoberno ás súas comunidades autónomas, aínda que realmente é un estado unitario. Unha diferenza destacada en todo caso entre un estado federal e un estado rexional/autonómico obsérvase na capacidade constituínte dos estados e na existencia dunha organización completa (lexislativa, executiva, xudicial) dentro dos mesmos a diferenza do Estado rexional/autonómico, onde a norma de organización é estatal (no caso de España, Lei Orgánica) e o poder xudicial é único (Artigo 117 da Constitución Española).

Unha federación de facto levouse a cabo na República Popular da China sen lexislación formal. Isto tivo lugar a medida que se acometían transferencias de poder ás provincias, en grande medida informais, para xestionar asuntos económicos e para a implementación das políticas nacionais. Xerouse así un sistema dado a chamar "federalismo de facto con características chinesas".

Outras formas de estado Confederación miniatura|200px|A Confederación Helvética e os seus 26 cantóns Sendo distinta dun estado unitario, unha federación tamén se diferencia dunha confederación. Esta posúe unha estrutura semellante á dunha federación, pero cun goberno central diminuído en relación a un goberno federal.

Unha confederación pode consistir tamén nunha serie de estados que, mentres que en certos aspectos puntuais comparten soberanía temporalmente, son considerados totalmente soberanos e manteñen o dereito a separarse unilateralmente.

É en ocasións unha alianza mínima, pero noutros casos a distinción entre unha federación e unha confederación pode ser ambigua. Como xa se dixo anteriormente, Suíza é formalmente a "Confederación Helvética", pero a súa estrutura é similar á de moitos estados federais.

Imperio Un imperio é un estado multiétnico ou un conxunto de nacións cun goberno central establecido mediante a forza. Un imperio con frecuencia posúe rexións de autogoberno, pero estas están dotadas de autonomía só na medida en que é tolerada polo goberno central.

A voz imperio, exceptuando o seu uso en sentido figurado, aplícase normalmente a unha entidade gobernada por un emperador, aínda que o seu papel constitucional sexa simplemente cerimonial. En ocasións un imperio tamén pode consistir en diversos reinos organizados en torno a un "sumo rei" designado emperador.

Unión Soviética miniatura|dereita|200px|A Unión Soviética e as súas 15 repúblicas A constitución da Unión Soviética (URSS), 1922-1991, daba lugar teórico á federación ou confederación "voluntaria" das repúblicas socialistas soviéticas.

Pódese dicir que cada unha estaba gobernada polo seu propio consello supremo e tiña dereito a separarse. De feito, algunhas repúblicas contarían incluso con maior autogoberno.

Porén, na práctica, o sistema de goberno baseado no partido único significou unha enorme centralización real da Unión, dado que as decisións importantes era tomadas polos dirixentes do Partido Comunista en Moscova e simplemente rubricadas polas institucións locais.

Coa chegada da posibilidade de eleccións multipartidistas, nos últimos tempos da URSS, o federalismo teórico da Unión chegou a ser unha realidade na práctica. Isto tivo lugar só de forma pasaxeira durante un breve período, a medida que os gobernos elixidos en moitas repúblicas reclamaban o seu dereito á separación e deviñan estados independentes. Deste modo, o sistema federal de iure desempeñou un papel clave na disolución da Unión.

Rusia Existe a teoría de que a Federación Rusa non é unha federación no sentido estrito da palabra. Consiste na rexión metrópole de 'Rusia' e certo número de repúblicas autónomas ou oblasts. A rexión propiamente rusa contén á gran maioría da poboación.

As corenta e unha provincias nas que se divide quedan baixo control directo do goberno nacional en Moscova. As restantes rexións de autogoberno posúen unha escasa autonomía xenuína.

Unión Europea miniatura|dereita|200px|A Unión Europea A Unión Europea (UE) posúe algúns dos atributos dun estado federal, pero o seu goberno central ten moitas menos atribucións que o da maioría das federacións, de modo que se caracteriza como certo tipo de alianza supranacional, confederación ou unión sen precedentes.

En particular os Estados Membros da UE teñen dereito a obrar de forma independente en asuntos de política exterior e defensa, así como a case exclusividade noutros apartados de importancia como a xustiza penal e Facenda.

Os Estados Membros son entidades soberanas e independentes de acordo ó dereito internacional, e con capacidade 'de iure para separarse da Unión.