Acontecementos Asia Menor Rodas réndese ao persas.

Mundo mediterráneo Filipo II de Macedonia pon sitio a Bizancio, ameazando a ruta para o mar Negro, cuxas beiras fornecen boa parte do cereal que consomen as polis helenas. Fundación da Liga Helénica para facer fronte ás ameazas de Filipo II de Macedonia. Comeza a Guerra Latina (até -338) entre Roma e os seus aliados contra as tribos do Lacio. Batalla de Sinuesa: derrota dos latinos.

Ciencia e tecnoloxía Kin-Din-Nu, coñecido polos gregos como Cidenas, descobre a precesión dos equinoccios (data probábel). Aristóteles, filósofo grego de orixe tracia, proba a redondez da Terra, pola súa sombra durante as eclipses. Neste mesmo ano abandona o seu papel de pedagogo do príncipe macedonio Alexandre o Grande.

Nacementos Ch'u Yuan, poeta chinés (data probábel). Apio Claudio, político romano. Chandragupta Maurya, primeiro soberano do imperio Maurya, na India (data aproximada).

Mortes Iseo, orador grego, oriúndo de Chalcis (n. -420).

Historia ano a ano

Categoría:-340