A Illa Mackenzie King é unha das Illas da Raíña Isabel, situada ao norte do Canadá. Atópase ao norte da Illa Melville e ao sur da Illa Borden. Como as outras dúas, Mackenzie King, está dividida entre dous territorios canadenses, os Territorios do Noroeste e Nunavut.
Posúe unha área de 5.048 km², ocupando a praza 115 na lista de maiores illas do mundo e a 26 entre as maiores illas do Canadá. O primeiro en chegar á illa foi Vilhjalmur Stefansson en 1915, recibindo máis tarde o seu nome en honor a William Lyon Mackenzie King.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas da Raíña Isabel
Ligazóns externas Mackenzie King Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas da Raíña Isabel Categoría:Illas deshabitadas Mackenzie Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica