Acontecementos Asia As crónicas cingalesas, Dipavamsa e Mahavamsa citan un concilio budista que se celebraría en Tambapanni (Sri Lanka), convocado polo rei Vattagamani, a fin de fixar por escrito o canon.
Mundo mediterráneo Marco Licinio Craso derrota a dacios e xépidos, e somete unha parte de Mesia. Hispania: pobos cántabros e ástures atacan a autrigóns e turmódigos na Meseta Norte. Estes pobos piden axuda a Roma, co que se inician as Guerras Cántabras (até -19). Estatilio Tauro ataca a ástures e cántabros, e, segundo Dión Casio, tamén aos vacceos.
Arte e cultura Segundo libro das Sátiras de Horacio.
Nacementos
Mortes Mariamme, segunda esposa de Herodes I o Grande, executada por adulterio. Marco Terencio Varrón, escritor romano.
Outros
Historia ano a ano
29